lunes, 16 de marzo de 2020

Tortitas (Aitana)

E como non imos deixar que esta dichosa epidemia interfira en SumAndo sen restar...
Nova receita para o blog!

A nosa compañeira Aitana móstranos os pasos para facer ricas tortitas!
👏👏👏😋

Para facer tortitas necesitas:

INGREDIENTES:
- 180 gr. de fariña.
- 2 ovos.
- 50 gr de manteiga.
- 275 ml. de leite.
- 50 gr. de azucre.
- Unhas gotas de esencia de vainilla.
- Un poco de sal.

Preparación:
Primeiro: bótanse os ovos, añadimos o azucre e logo batémolos.
Segundo: agregamos a manteiga.
Terceiro: botamos as gotas de esencia de vainilla e batemos ben.
Cuarto: vertemos a fariña e un poco de sal e volvemos a bater.

A continuación:
Collemos a tixola, calentámola e botamos trozos de manteiga.
Despois botamos un pouco de  masa e facemos un círculo, non moi grande porque senón ao darlle a volta romperiase. Cando vexas que está tostada por abaixo, daslle a volta e esperas a que se agarre por abaixo.

Podes acompañalas con calquera cousa (mel, xeado, nutella...). 😋

Bo proveito! 😉

Aitana


2 comentarios: