viernes, 21 de diciembre de 2018

Festa de Nadal!

Vaia último día cheo de actividades e sorpresas tivemos hoxe como remate do primeiro trimestre!

Nas primeiras sesións estivemos a falar de varias cousas moi interesantes: os agasallos de nadal, os desexos verdadeiramente importantes, a publicidade sexista e o mural que queremos facer á volta das vacacións, os libros recomendados para ler, os libros de lectura para este curso e que podemos pedir ou comprar (Bruxa e familia e Muriel)...

Despois, chegou o momento dos ensaios antes de ir a 1º a dramatizar unha breve obra de teatro titulada "Los tres Reyes Magos griposos", ler o conto de nadal "El gran deseo de Marta" (escrito pola irmá maior de Ainara) e cantar a canción de Mamá Cabra, "Xa me tardan", entre todos e todas.

O momento chegou e baixamos a 1ºB. A obra de teatro, interpretada por Noa, Ana e Adrián coa colaboración de Uxía, foi todo un éxito seguido de moitos aplausos!

Interpretación para 1ºB


O conto, moi ben lido por Ainara e Simón, foi seguido atentamente polos nenos pequenos. Coa canción de Mamá Cabra a festa desmadrouse, con todos os nenos e nenas cantando e bailando uns cos outros! Incluso as profes tamén se animaron!





Despois do recreo, subimos a clase, e intercambiamos interpretacións cos nosos compañeiros/as de 4ºB. Eles cantáronnos unha panxoliña grupal e nós representamos de novo a obra de teatro e limos o conto.

Interpretación para 4ºB


Pero aí non quedou a cousa. Xa na nosa aula, recibimos a visita dos tres Reis Magos de Oriente! Metimos na urna que levaban os nosos desexos anteriormente escritos e, unha vez máis, Noa, Ana e Adrián representaron a obra diante deles, xa que lles facía moita ilusión. Eles alucinaron do ben que o fixeron! E como agradecemento déronnos caramelos.


Xa para finalizar e rebaixar un pouco os ánimos, rematamos a mañá cunha película, Polar Express.


O día estivo tan cheo de sorpresas que ata tiven a honra de ser, por un día, o mestre do mismísimo Papá Noel! 😜


En fin, un día moi divertido cheo de bos desexos para todos e para todas! 🎄🎅🎆🎉🎊

Bo Nadal e felices festas! 👋😘

jueves, 20 de diciembre de 2018

Entrega de postais de Nadal

Un ano máis achégase o Nadal e o colexio celébrao coa, xa tradicional, entrega de postais entre todo o alumnado da escola. Deste xeito, cada neno e nena elaborou unha bonita postal para ser entregada a outro compañeiro/a a modo de amigo/a invisible.

As postais de 4ºA quedaron ben bonitas, parabéns a todos e a todas e afortunados os que as reciban!

Postais creadas polo alumnado de 4ºA

Tamén vosoutros/as recibíchedes unha postal doutro compañeiro/a, espero que vos gustara!

Alumnado de 4ºA recollendo as postais


miércoles, 19 de diciembre de 2018

Adrián entrevista ao seu avó

Continuamos coas entrevistas que está a facer o alumnado de 4ºA. Desta vez é Adrián quen entrevistou ao seu avó.

O meu avó Jose María traballou case toda a súa vida no mar. Primeiro en barcos españois e despois, porque gañaba máis cartos, emigrou a Alemaña, onde traballou en grandes barcos mercantes. Logo dun tempo, despedírono para traer man de obra máis barata de orixe india e meu avó tivo que volver ao seu país natal. En Muros comezou a traballar nos barcos de baixura ata que tivo a ocasión de xubilarse.

- Por que decidiches traballar no mar?
- Porque gañaba máis cartos.

-Que é o máis duro de traballar no mar?
- O traballo é moi duro cando hai temporal.

- Sufriches algún naufraxo?
- Non, pero estiven a piques!

- Sabes nadar?
- Non, para iso hai barcos!

- Que diferencia hai en traballar en barcos mercantes e barcos pequenos?
- Cos barcos grandes fanse rutas máis longas e estás moitos meses no mar sen ver a túa familia.

- Sobre a mensaxe da botella (Adrián redactou unha bonita noticia sobre unha mensaxe nunha botella lanzada pola súa familia e que obtivo resposta), por que a tiraches desde o cabo de Fisterra?
- Porque pescaba alí.

- Pensabas que chegaría a algún sitio?
- Non!

- E xa para rematar, que tal de xubilado?
- Ben, porque así non das pendolada!

Adrián


martes, 18 de diciembre de 2018

LSE do CEIP Quiroga Palacios

Máis traballiños que se fan no noso colexio!

Fai poucos días, as especialistas en lingua de signos, Tareixa e Irene, crearon unha canle en Youtube onde mostrarán diferentes actividades traballadas cos nenos/as da nosa escola. Aquí tedes unha canción de Mamá Cabra adaptada a lingua de signos, sónavos? Teñen máis cancións en Youtube, buscádeas! 👍😉♪♫♬♩

Moitas grazas polo voso traballo Tareixa e Irene!


lunes, 17 de diciembre de 2018

Por fin visitamos a comisaría!


Por fin fumos visitar a comisaría da policía municipal de Santiago de Compostela! 👮
Esta visita era moi esperada polo alumnado de 4º. O noso compañeiro Xabi fainos un resumo deste día tan especial.

O venres 14, as 10:00h, viñeron ao colexio dous membros da policía local a ensinarnos a comisaría. Como parecía que ía chover, dudamos se ir ou non ir... Ao final decidimos ir porque se non, tiña que ser para case o verán e iso era moito tempo!

Cando saímos fumos andando polas rúas da cidade, poñendo en práctica o que aprendimos na charla. Deste xeito, paramos a tres persoas por infraccións! Dúas chicas e un chico.
A primeira foi unha rapaza que parecía avergonzada por cruzar en vermello. O seguinte foi un chico que nos deu a razón, xa que cruzara en vermello e ademais fóra do paso de peatóns. A última foi cerca do parque da Alameda, unha traballadora que aparcou a súa furgoneta na acera.

Cando chegamos á comisaría, fumos directamente a unha sala onde nos ensinaron os materiais de traballo que utilizan: un chaleco antibalas, unha bala, un escudo antibalas, unha porra (defensa), lanternas, luces de seguridade, etc. Logo fumos á sala de control, onde había moitísimas pantallas con diferentes imaxes de Santiago. Neses momentos vimos un coche saltarse un semáforo en vermello (a multa foi de 200 euros e menos catro puntos). Logo mostráronnos os calabozos, onde se facían as fotos, as salas... Para rematar, regaláronnos unha baraxa de cartas de educación vial.

Pasámolo moi ben! 👌😄

Xabi


Breve explicación antes de saír do cole

Chagamos á comisaría




Material de traballo utilizado pola policía

Os calabozos

Última explicación da visita

Baraxas de educación vial


Só nos queda dar as gracias a Carlos, o policía municipal que nos acompañou durante toda a mañá.

viernes, 14 de diciembre de 2018

Equipos de investigación

Non queriamos rematar o trimestre sen presentarvos os catro equipos de investigación para realizar os diferentes traballos sobre Galicia ao longo deste curso.

Estes equipos deben aprender a traballar en equipo, repartir os roles de traballo e as tarefas, debater a estratexia a seguir, axudarse uns a outros, elaborar esquemas e borradores, redacción, búsqueda de información...

Todos e todas debemos colaborar para acadar os resultados desexados! 😉


               Os polbos de Conxo                                                Os galicreques





 

















                     Os trasnos                                                  Os galinvestigadores


















jueves, 13 de diciembre de 2018

As nosas comidas (Infantil)

Neste blog gústanos mostrar os traballos que realizan outros compañeiros/as da nosa escola e xa que ultimamente a cousa vai de gastronomía, mostramos este "rico" traballo de plastilina que fixeron os nenos e nenas de infantil (5 anos) e que está exposto estes días na entrada do cole.
Parece de verdade! 😋

Clara, Héctor e Sirius preparándose para o gran banquete!








miércoles, 12 de diciembre de 2018

Mazá rechea

Chéganos outra rica receita por parte do noso alumnado! Desta vez, Lía móstranos como preparar unha rica mazá rechea de zume e outros froitos... mmmMMMMmmmm...  😋

Mazá rechea

Ingredientes:

- 4 mazás
- 2 melocotóns
- 2 rodallas de melón
- 1 pera
- 2 rodallas de sandía
- 400 ml de zume de laranxa

Preparación:

1. Cortamos a mazá pola parte superior, coma se dun sombreiro se tratase. Vaciamos a mazá coa axuda dun coitelo.
2. Cortamos o resto de froitas en dadiños e recheamos a mazá con toda a froita e o zume de laranxa.
3. Cubrimos todo coa parte superior da mazá a modo de sombreiro, que funcionará de tapa.

Suxestións:

Podedes rechear a mazá coas froitas e zumes que queirades. Adaptádeo ao voso gusto ou aos dos demais para comer froita dunha maneira diferente e divertida!




Outras receitas que me gustan:

- As texturas do chocolate.
- Cabelo de anxo con amorodos e chocolate.
- Magdalenas de lambetadas de cores e sabores.
- Copa de froita doce, leite e canela.
- Amorodos con nata.
- Crema de galleta, queixo e chocolate.
- Natillas de mazá.
- Arroz con leite.
- Brochetas de froita.
- Pizza.
- Pasta e polo.
- Ensalada...

Sabes que?
Estas receitas fágoas eu soa e ti tamén poderás facelas. 😉

Lía

martes, 11 de diciembre de 2018

Sabemos o que comemos

Unha vez rematada a unidade de Naturais sobre a saúde, os nenos e nenas buscaron na casa diferentes alimentos para investigar sobre os seus ingredientes, valor enerxético, propiedades... É importante que nos informemos destas cousas cando facemos a compra para coñecer a calidade dos alimentos que consumimos.


lunes, 10 de diciembre de 2018

O traballo de outono de Héctor B.

Por motivo da exposición "Outono fotográfico", os nenos e nenas de 4ºA foron traendo e expoñendo as súas aportacións. Fai días Héctor Boullón mostrounos o seu, que ademais de ser un gran traballo é tamén toda unha obra de arte! 😍





miércoles, 5 de diciembre de 2018

O máxico mundo dos instrumentos insólitos

Instrumentos feitos cunha vasoira? Acadar sons usando unha cadeira? Tocar unha serra? Que é o theremin? Todo iso e máis puideron ver e aprender o alumnado de 3º e 4º no auditorio de Abanca esta mañá. Unha actividade creativa, didáctica e moi divertida. A nosa noraboa aos rapaces de Fetén Fetén porque o fixeron moi ben! A nosa compañeira Clara nolo comenta de seguido.

Hoxe fumos ao auditorio de Abanca para ver unha obra chamada "O máxico mundo dos instrumentos insólitos". Na representación falaban dous homes moi simpáticos. Foi moi divertido! Primeiro falaron sobre os seus instrumentos: un violín, un acordeón, frautas... Despois ensináronnos uns instrumentos que fixeran eles con materiais reutilizados: envases de cartón, cubos, cadeiras, serras, botellas, culleres, tixolas... Soaban moi ben! Eu pensei que ían soar peor, pero sorprendeume moito eses sons! O instrumento que máis me gustou foi a frauta traveseira.

Unha representación moi interesante porque coñecimos instrumentos raros dunha maneira divertida.

Clara

Fetén Fetén tocando unha... cadeira de praia!


Shhhhh... que isto empeza!

martes, 4 de diciembre de 2018

Pilabot

Nestes meses o noso centro está participando nun concurso titulado Pilabot, para incentivar a reciclaxe de pilas e acumuladores usados na casa. Así, na escola contamos cun depósito onde cada neno e nena poderá botar as pilas que apañou na casa unha vez encha a súa caixiña.

Reciclemos para coidar o noso planeta! 🌍


lunes, 3 de diciembre de 2018

Outono fotográfico

Recordamos que na tarde de mañá, en horario de 16.15h a 18.30h, poderedes visitar a exposición "Outono fotográfico" que os nenos e nenas do noso cole elaboraron. Os murais están colocados nas distintas paredes da entrada.
Bo traballo a todos os que participáchedes! 👌

Tamén poderedes subir ao último andar para visitar o parque outonal que montou a mestra Lucía e que compartimos neste espazo o venres pasado.