viernes, 25 de junio de 2021

Despedida

Chegou o momento da despedida tamén no blog.

Unha tempada máis deste espazo educativo que xa cumpriu tres cursos!

Gracias ao voso traballo e participación, o blog está sendo unha ferramenta moi útil para mostrar todo o que facemos dentro e fóra da aula: suxerir lecturas, presentar traballos, ensinar actividades varias... Penso que o blog consegue que moitos de vós vos motivedes, non só para realizar actividades na escola, senón tamén para que fagades, investiguedes e mostredes os vosos intereses máis alá das nosas sesións diarias no colexio. O blog leva tres anos publicando diariamente, día si e día tamén! Iso non é nada doado e é mérito voso! Por iso, quérovos dar as gracias, polo voso interese, participación e esforzo, sen os cales este blog non duraría nin medio recreo. 👍😉

Unha vez máis os meus parabéns por rematar a etapa de Educación  Primaria e mándovos moito ánimo para a nova etapa en Secundaria na que vos vai ir xenial, xa veredes!

Como xa sabedes, unha vez máis cambio de escola. Traballarei na Veiga, vila asturiana cerquiña de onde son, Ribadeo. En fin, espero que coa nova etapa que eu tamén comezo o blog siga existindo e mostrando as actividades que facedes con tanto estusiasmo os nenos/as nas miñas clases.

Estades a facervos maiores e entenderei que as actividades que aquí se mostren pouco a pouco vos interese menos, pero xa sabedes que sempre estaredes invitados a escribir nel. Encantarame saber de vós! 😊

Moitas gracias ás familias pola vosa colaboración, apoio e boas palabras de ánimo e agradecemento. Voume con moita pena da Baña, pero tamén me vou sentíndome moi querido e valorado polo traballo feito (un sempre sinte que o pode facer mellor...) e iso é o mellor que me pode pasar como mestre.

Síntome un privilexiado cando penso que me iría de vacacións unha semana (vale, dúas...) e volvería de novo encantado ás aulas con todos vós. É que xa vos boto de menos! 😅

Milleiros de bicos, ata sempre e contade cunha visita en canto me sexa posible! 💖

The story of Covid-19

Último traballo do curso que mostramos no blog!

O derradeiro traballo de Plástica en colaboración coa materia de Inglés foi facer un resumo destes dous cursos tan complicados a causa da pandemia do Covid-19. Para iso fixestes unha redacción bilingüe coa profe Ivette, mentres que comigo ilustramos dita historia. 😷🎨

Queda maquetala para mostrala na biblioteca do cole, pero o que me ensinou Ivette tiña moi boa pinta! 👌😉

Como adianto, deixamos un vídeo para mostar as diferentes páxinas desta incríble, pero certa historia que vivimos e que esperemos non se volva repetir. 

jueves, 24 de junio de 2021

Artistadas! (Olivia)

A nosa compañeira Olivia non deixa de sorprendernos co seu talento artístico! 
Preciosos os cadros que nos mostra hoxe no blog! 🎨🐷🐮

Gracias Olivia por ensinarnos as túas obras de arte. 👏👏👏😍


Ana a das tellas verdes (Laura)

A nosa compañeira Laura fainos un resumo dun libro que lle gustou moito e que se titula Ana a das tellas verdes, unha historia de superación por parte da protagonista.
Posible lectura para o verán?

Gracias Laura por suxerir lecturas tan interesantes! 👍📚

miércoles, 23 de junio de 2021

San Xoán

Esta noite é San Xoán e dende o Equipo de Dinamización de Lingua Galega creouse un pequeno espazo para mostrar as herbas "máxicas" que utilizamos tradicionalmente para lavar a cara á mañá seguinte.

É unha das miñas tradicións favoritas e agradecemos a vosa colaboración na creación dos murais. 💦🌸🌿🌺🍃🌷🌾💦

Que pasedes unha moi boa noite de San Xoán meus queridos/as! 🔥✨🌙✨🔥



martes, 22 de junio de 2021

Concerto de Paco Nogueiras!

Hoxe festexamos o último día do curso dunha maneira moi especial, xa que esta mañá gozamos dun concerto de Paco Nogueiras, artista ben coñecido por todos vós ao escoitalo moitas veces na aula ao longo de Primaria.








Ao remate da actuación, Iria, a nosa profe de música, entregoulle un libriño cheo de retratos del feito por todo o alumnado de Primaria e que ao artista lle encantou! 👌💙



Antes do concerto vimos unha película, School of Rock, que espero que vos gustase. 
🎥🎬🎶🎸


👉  Entre despedidas e bos desexos recibín algúns agasaios vosos que vos agradezo moitísimo, aínda que xa sabedes que estas cousas non son necesarias. 👍😘

👉  O blog continuará ata o remate desta semana, polo que escribirei a despedida o venres.

Moitos bicos a todos e a todas! 
Gozade dunhas moi merecidas vacacións! 😘😎🌅
Quérovos moito! 💖

lunes, 21 de junio de 2021

Festa fin de curso!

Derradeiros días na escola!
Hoxe festexamos o final do curso cunha gran festa! 
🎈🎉🎊🎵🎶

Antes reunímonos no salón de actos para visionar un vídeo-resumo do voso paso por Primaria que vos tiña preparado a modo de sorpresa, así como a entrega dun diploma que certifica non só o voso paso de Primaria á Secundaria, senón que o fixestes superando unha pandemia de por medio... case nada! 💪😷😉

Parabéns rapaces!! 😍

Despois do vídeo e da entrega de diplomas, collimos as nosas bebidas e comida e fumos ao ximnasio, onde Emilio, o pai de Olivia, máis os nosos compañeiros Sandra, Álvaro e Olivia, obsequiáronnos cunhas pezas de música tradicional galega con gaitas e pandeireta. Incluso nenas como Aitana, Aldara e Laura deron uns pasos de baile ao son da música.

Despois puxemos música mentres os nenos/as comían, bebían, bailaban, xogaban, charlaban... A festa durou ata a hora de marchar e máis que seguiriades! 😁

Mañá máis e mellor, co concerto de Paco Nogueiras!

👉 Moitísimas gracias pola tarta adicada! Encantoume a sorpresa! 


Moitas gracias rapazas! 😍🍰🎶🎵

👉 O vídeo-resumo de Primaria compartirase no blog a finais de semana como fin da temporada escolar.

Mostramos uns vídeos da gran festa de hoxe! 👇🎥🎉🎊🎈🎆🎇

viernes, 18 de junio de 2021

Charla do CEIDA

Despois da actividade en Corrubedo e logo da saída á praia, tocaba unha charla sobre o coidado dos océanos, mares e ríos, así como praias ou montes. 💙💚

Unha charla do máis interesante, na que se falou sobre a contaminación, os plásticos, usos indebidos dos ezpazos naturais, as nefastas consecuencias da nosa irresponsabilidade, posibles melloras, as tres R, tomar conciencia da problemática... Estivestes moi atentos/as e Jorge, o monitor do CEIDA, marchou moi contento polo voso interese.

Bravo polas vosas preguntas e participación! 👌😉

Mostramos algunhas imaxes da charla. 👇👀

Presentación da charla

Diferentes usos que nos proporcionan os océanos

Explicación das 3R

Distintas clases de lixo.

Mostras de lixo que encontraron en distintas praias

Cambios na vida marítima a causa da contaminación

jueves, 17 de junio de 2021

Artistadas! (Paula & Pilar)

Paula e Pilar tamén anímanse a mostrar as súas obras pictóricas que fan na casa. 🎨

Velaquí tedes algúns exemplos dos seus traballos. Bravo rapazas! 👏👏👏😊

Paula e Pilar mostrando as súas obras.

Debuxo dunha bailarina feito por Pilar.

miércoles, 16 de junio de 2021

Piratas (Álvaro)

O noso compañeiro Álvaro fálanos de varios piratas que tiveron un papel destacado na historia.
Así, os protagonistas serán Francis Drake, Barbanegra...

Escoitemos esta master-class tan interesante que nos brinda Álvaro! 👇💀👑🌴🌄🌎

martes, 15 de junio de 2021

Día de praia!

Despois da visita ao Parque Natural e á duna de Corrubedo, a segunda parte da actividade naturista coa organización CEIDA era facer unha saída a unha praia para realizar unha limpeza da mesma, así como unhas charlas para concienciarnos da necesidade de coidar o medio que nos rodea.

A cousa comezou a complicarse cando vimos que no día sinalado (venres 18) daba mal tempo, polo que tivemos que improvisar. Deste xeito, hoxe fixemos a escapada á praia, e aínda que non puidemos realizar a actividade de limpeza (o CEIDA non puido acompañarnos e necesitabamos uns permisos por parte do concello de Laxe), si gozamos dun marabilloso día de sol e calor. 
🌅😎

Antes de chegar a Laxe, fixemos unha breve parada no Castro de Borneiro. O alumnado de sexto xa fora fai tempo, pero é un lugar que merece ser visitado e máis se está de camiño. 

Finalmente chegamos á praia de Laxe!
Paseámola dun extremo ao outro e observamos que estaba moi limpa e con poucas mostras de lixo. Logo, asentámonos nun sitio do areal e, despois de merendar, cada neno/a gozou do tempo libre como quixo: darse un baño, xogar co balón, facer castelos de area, xogar co disco, enterramentos baixo a area...

Unha vez secados e cambiados regresamos ao punto de partida para comer baixo a sombra dunhas árbores. 🌳
Para rematar a xornada, compramos uns xeados mentres esperabamos polo bus. 🍦🍧🍨

Espero que gozasedes deste día diferente. 
Conseguimos facer a saída final de curso! 👏👏👏😊

Mostramos vídeo desta saída á praia! 👇🌅💦😎

lunes, 14 de junio de 2021

Artistadas! (Nuria)

Continuamos co apartado de Artistadas! 
Hoxe aparece a nosa compañeira Nuria cuns debuxos a tinta china impresionantes! 👏👏👏🎨

Parabéns Nuria polos teus debuxos! 👌😊


viernes, 11 de junio de 2021

Debate (Corridas de touros)

Derradeiro debate do curso para o grupo de Valores!

Estas dúas semanas tocou prepararse para falar sobre as corridas de touros e mostrar os diferentes puntos de vista de cada equipo, que recordemos non ten por que coincidir co que pensa realmente sobre dito tema.

Mostramos imaxes do proceso, dende a preparación e traballo en equipo ata o debate en si. 
👇😉

Laura e Danilo traballando en equipo co apoio de Olivia e Paula.

Pilar, Sandra e Aroa investigando en equipo co apoio de Saray.

Mostramos imaxes do debate. 👇👀





jueves, 10 de junio de 2021

Artistadas! (Aldara)

Máis xente que se anima a mostrar o seu talento artístico! 🎨

Hoxe é a quenda de Aldara e as súas obras de arte. 
Preciosas Aldara! 😍😍😍

💙🌸🌺💦

💛🌷

💙👸

💙💗

miércoles, 9 de junio de 2021

Creamos un libro!

Nestas últimas semanas, o Equipo de Biblioteca organizou un concurso que trataba de crear un libro da maneira máis orixinal posible.

Pois ben, despois de que o profesorado votara polos seus favoritos, as gañadoras foron Mencía, na etapa de Secundaria, e a nosa compañeira Anna, na etapa de Primaria.

Só nos queda felicitala unha vez máis pola súa creatividade e adicación ao seu arte. Bravo Anna
👏👏👏😊

Mencía e Anna, as gañadoras do certame "Crea un libro".

Parabéns Anna!

👉  Parabéns a todas as participantes, aos profes encantounos os vosos traballos. 👌😉