viernes, 26 de marzo de 2021

Fin do 2º trimestre!

Ramatamos o 2º trimestre do curso!

Para festexalo, hoxe a charanga Santa Campaña amenizounos o recreo cunhas pezas para bailar, despois vimos a película de Tintín "El secreto del unicornio" e no comedor tivemos postre sorpresa!

Vendo a película de Tintín.

Postre sorpresa!

 

 

Ademais, antes de marchar de vacacións, esta semana decoramos o patio para que saiba que volveremos coas baterías recargadas e con moitas ganas de seguir aprendendo e superar este derradeiro curso de Primaria!





Que teñades unhas moi boas vacacións e vémonos pronto! 👋😘

😍💖

jueves, 25 de marzo de 2021

Colección de abanicos (Antía)

A nosa compañeira Antía móstranos unha curiosa e preciosa colección de abanicos que contan as historias de distintas mulleres. 💜

Vexamos a súa explicación! 👇👀

Mostrando a colección de abanicos con moito arte!

miércoles, 24 de marzo de 2021

Lettering (Laura Buj)

A nosa compañeira Laura fálanos dun libro sobre lettering, para realizar letras con formas orixinais e moi bonitas.
Un libro ben interesante para as vosas actividades e incluso para usar á hora de presentar traballos escolares!

Gracias por compartilo no blog, Laura! 👌😉

martes, 23 de marzo de 2021

Os misterios de Colón (Álvaro)

Aquí temos un novo vídeo do noso compañeiro Álvaro, onde nos conta máis historias dentro da Historia.
Esta vez fálanos de Cristóbal Colón e dalgún que outro segredo e misterio... 🌅🌊🌎

Bravo Álvaro e gracias, coma sempre, pola túa participación! 👌😊

lunes, 22 de marzo de 2021

Louis Armstrong

Xa facía semanas que non falabamos dalgún artista no blog.

Hoxe toca falar do famoso trompestista Louis Armstrong, xa que estamos a piques de rematar un mural coa súa canción What a wonderful world e que pronto presentaremos no blog tamén.

Louis Armstorng naceu en Nova Orleáns (sen data oficial) e morreu en Nova York, o 6 de xullo de 1971.

Foi un dos músicos máis influíntes do jazz pola súa técnica á hora de tocar a trompeta, así como pola súa característica voz. Ademais, a súa carreira musical foi moi extensa, ao longo de cinco décadas!

Despois dunha infancia dura polas dificultades que pasou coa súa familia (abandono do pai, pobreza...) en 1922 aparece a súa primeira oportunidade para traballar como músico profesional. Pronto grabará como músico solista coa súa propia banda.

Despois de tocar durante varios anos polos EEUU, en 1932 preséntaselle a oportunidade de viaxar a Europa, onde obtivo un grande éxito.

Ao regresar ao seu país, recibe ofertas de xiras extensas por todo o territorio estadounidense e incluso en participar no cine de Hollywood. Máis adiante traballará tanto en cine coma na televisión, acadando un alto nivel de popularidade no seu país.

Na década dos '50 xa era coñecido mundialmete, aínda que pronto vería, non con moito agrado, a aparición de novos artistas que chamarían a atención dos medios musicais como Charlie Parker, Dizzy Gillespie, Miles Davis ou John Coltrane.

Ao longo da súa vida, Armstong tivo varios matrimonios e adoptou a unha nena.

Despois de ter un gran éxito durante toda a súa carreira, destacando cancións como Hello Dolly ou What a wonderful world, tivo que descansar por problemas de saúde. 

Morreu o 6 de xullo de 1971, despedíndose coa seguinte frase:  Tiven a miña trompeta, unha fermosa vida, unha familia, o jazz. Agora estou completo.

Aquí deixamos algunhas das súas cancións máis famosas. 
Que vos guste! 👇🎺🎶🎵

jueves, 18 de marzo de 2021

Artistadas! (Sandra)

Continuamos gozando coas vosas pinturas!

Como me gusta que sexades tan creativas! 👏👏👏😊

A nosa compañeira Sandra móstranos varias obras da súa colección. 👇🎨





miércoles, 17 de marzo de 2021

Eu quero ser Ziggy Stardust (Olivia)

Moi interesante o libro que nos presenta a nosa compañeira Olivia titulado Eu quero ser Ziggy Stardust.

Respecto e tolerancia entre as persoas ben a decirnos esta lectura que Olivia resume moi ben no seguinte vídeo. 👇😊

martes, 16 de marzo de 2021

Ilustra un libro

Esta semana coñecimos os gañadores (por cursos) do concurso Ilustra un libro, organizado polo Equipo de Biblioteca do noso centro. 📚🎨

En canto aos participantes de 6º, queremos darlle os nosos parabéns a Antía e Anna
Bravo rapazas! 👏👏👏😊

Anna e Antía cos seus agasaios como gañadoras do certame Ilustra un libro

lunes, 15 de marzo de 2021

Parabéns Amparo!

Hoxe é o cumpreanos da nosa compañeira Amparo!

Para celebralo, tróuxonos uns orixinais medallóns coa súa inicial, dourados por fóra e de chocolate por dentro!

Daba pena comelos! 👇😋

Moitos parabéns Amparo!





Non máis princesas

O venres pasado rematamos unha semana adicada á igualdade cunha actividade denominada Non máis princesas e que consistía nun contacontos realizado polo famoso humorista Pedro Brandariz.

A primeira hora da mañá foi a quenda para 5º e 6º. Unha sesión onde ademais de rir, reflexionamos sobre o papel igualitario que debe haber entre homes e mulleres nas diferentes labores.

Mostramos unhas fotos da actividade. 👇💜








viernes, 12 de marzo de 2021

Mulleres (Laura Buj)

A nosa compañeira Laura conclúe este ciclo sobre biografías de mulleres destacadas e que nos chamaron a atención cunha muller moi especial, Celia Rivas

A primeira condutora de camións non está no libro que traballamos, senón nun título tamén coñecido polos usuarios e usuarias deste blog, Pioneiras. Un libro moi interesante na que nos fala de mulleres galegas que foron pioneiras en realizar certos traballos. Moi recomendable! 💜

Mulleres (Danilo e Sandra)

Xa imos rematando a semana adicada ás mulleres. 💜

Desta vez é Danilo e Sandra quenes nos presentan as biografías.

Danilo preséntanos á emperatriz e guerreira xaponesa Jingú, todo un personaxe que roza o mitolóxico no seu país.

Sandra fálanos da autora de Pipi Mediaslongas, Astrid Lindgren, e conta o paralelismo da súa vida co seu personaxe de ficción.

jueves, 11 de marzo de 2021

Mulleres (Aroa e Saray)

As nosas compañeiras Aroa e Saray fálannos de dúas mulleres controvertidas, cada unha na súa época. 💜

Aroa cóntanos a incríble historia da primeira tatuadora, Maud Stevens Wagner.

Saray fálanos de Yoko Ono, que non só foi a famosa parella de John Lennon, senón que ademais é unha importante artista e performance no mundo do arte contemporáneo.

miércoles, 10 de marzo de 2021

Mulleres (Olivia e Laura)

Hoxe tócalle a quenda as nosas compañeiras Olivia e Laura para presentarnos mulleres destacadas. 💜

Olivia cóntanos a historia de superación da atleta Wilma Rudolph, que tras superar graves problemas de saúde, acadou éxitos no ámbito do deporte gracias ao seu esforzo e ao apoio da súa familia e entrenador.

Pola súa parte, Laura fálanos da matemática Ada Lovelace, que inventou unha máquina que sería considereada como a predecesora dos ordenadores modernos.

martes, 9 de marzo de 2021

Mulleres (Paula e Pilar)

Como xa comentamos onte, esta semana dedicaremos o blog a falar sobre a vida de destacadas mulleres de moi variados ámbitos.

No grupo de Valores estivemos traballando co libro de Cuentos de Buenas Noches Para Niñas Rebeldes e decidimos escoller un grupo delas para presentalas neste espazo e así aprender entre todos e todas.

Esperamos que vos interese! 💜

Hoxe protagonizan o vídeo Paula e Pilar.

Paula fálanos de Policarpa Salavarrieta, unha costureira que en época de conflito no seu país loitou pola liberdade convertíndose nunha espía.

Pilar cóntanos a vida da famosa artista Frida Khalo, unha biografía do máis interesante dunha das parsoas máis influíntes de México xunto co seu marido Diego Rivera.

lunes, 8 de marzo de 2021

8M - Día Internacional da Muller Traballadora

Para conmemorar o 8M - Día Internacional da Muller Traballadora 💜, todo o alumnado do centro participou na elaboración dun gran mural onde se expón as biografías de destacadas mulleres galegas.

Estas mulleres darán nome ás aulas do noso centro. Unha maneira de visualizar a importancia do papel da muller na nosa sociedade, tanto no pasado coma no presente (e seguro que no futuro).

Pola nosa banda, o noso grupo de 6º B elaborou un mural sobre Concepción Arenal, mentres que o grupo de 6º A fíxoo sobre Filomena Dato Muruais.

Ademais dos nosos murais poderemos admirar outros sobre Rosalía de Castro, Maruxa Mallo, Ana Peleteiro, Sés, Ángeles Alvariño, Elisa e Marcela, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Laura Romero Pereira, Isabel Zendal Gómez e as irmás Elisa e Jimena Fernández De la Vega.
















Hoxe adicamos un tempo a ler os traballos para coñecelas mellor e reflexionar sobre a importacia de todas elas que, xunto con moitas outras, abriron o camiño para unha igualdade de xénero na nosa sociedade.





Finalmete fixémonos unha foto co mural que preside a nosa aula e que conta a historia dunha princesa que se salvou soa. 👇😉💜


Ao longo desta semana mostraremos vídeos nos que o alumnado de Valores comentará a vida de diferentes mulleres elexidas por elas tras ler e comentar diferentes historias e biografías no libro Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes.

Parabéns a todo o alumnado do CPI San Vicente! 💜

viernes, 5 de marzo de 2021

Big Eyes-Margaret Keane (Arts)

Facía tempo que non mostrabamos traballos realizados en Arts.

Ben, pois aquí temos unha actividade baseada nunha artista moi interesante, Margaret Keane, coñecida polo apodo de Big Eyes, xa que a artista caracterizouse polos enormes ollos que lles pintaba aos protagonistas dos seus retratos.

Obras varias de Margaret "Big Eyes" Keane

Ademais de observar e comentar a súa obra, tamén falamos do machismo que tivo que soportar na súa época, xa que para poder vender as súas obras, era o seu marido quen as firmaba, aproveitándose así do talento de Margaret para gozar da fama. Co tempo, a verdadeira artista separouse do seu marido e reinvindicou a autoría dos cadros que durante anos firmara a súa ex-parella.

Aquí temos algúns exemplos das vosas obras, máis uns vídeos do proceso de traballo.
Bravo! 👇😊🎨