viernes, 30 de noviembre de 2018

Sentimos o outono

Para rematar a semana, presentamos o gran traballo que fixo Lucía (profe de E.F. e Psicomotricidade) quen construíu todo un parque outonal no seu pequeno espazo de traballo para os pequerrechos do cole (recordemos que neste curso o noso colexio quedou sen aula de Psicomotricidade...).

Gracias polo teu traballo e esforzo Lucía!  😍🍂🍃🍄🍁






jueves, 29 de noviembre de 2018

Álex B. entrevista ao profe!

Na clase estamos a traballar aspectos do mundo xornalístico como buscar e redactar noticias, identificar as súas partes, pensar en titulares chamativos, responder preguntas para completar unha nova... Para iso, os nenos e nenas buscarán noticias, escribirán e farán entrevistas aos seus compañeiros/as ou a outras persoas alleas á clase.

Así, por sorpresa, Álex B. pediume unha entrevista para publicala no noso blog. Neste espazo os protagonistas sodes vós, pero Álex insistiu e como a entrevista é del pois... aquí está.

- Canto tempo levas sendo profesor?
- Ao rematar a carreira de Maxisterio traballei en diferentes cousas. Co tempo, decidín centrarme no ensino traballando primeiro nunha academia e logo en colexios, nos que levo uns 8 anos máis ou menos.

- Traballaches en outros colexios? En que lugares?
- Si, estiven en moitos colexios.
Que agora recorde... Santiago, Ribadeo, Carnota, Ourense, Cee, Vimianzo, Ames... e algúns máis.

- Cal foi o que máis che gustou?
- Esta é unha pregunta moi difícil de contestar porque non se trata de comparar escolas, nen alumnado, nen mestres...
Teño moi bo recordo dun cole en Oímbra, cerca de Verín, porque era un centro moi pequeniño. Éramos moi poucos e todos nos coñeciamos. Imaxínate se era pequeno, que eu era o titor de 3º e 4º xuntos e tiña 11 alumnos/as en total! Pero por outra banda, estaba moi lonxe da miña casa.
Estes dous anos en Conxo tamén están sendo moi especiais para min.

- Cal era a túa materia favorita cando eras pequeno?
- Cando tiña a vosa idade encantábame Lingua Castelá porque gustábame moito ler libros e escribir historias con personaxes inventados por min.

- Cal é a materia que máis che gusta dar?
- Penso que Lingua Castelá e a parte de Historia de Sociais. Supoño que é porque a literatura e a historia son as miñas lecturas no meu tempo de lecer. Ultimamente estoulle dando moita importancia a Valores, aínda que sexa só unha vez por semana.

- Dende pequeno querías ser profesor?
 - Si, porque gran parte da miña familia pertence a ese gremio e, cando era pequeno, xogaba a correxir vellas libretas da miña irmá ou miñas. Tamén quería ser outras cousas como escritor, músico ou veterinario.

- Que tiveches que facer para ser profesor?
- Tiven que estudar moito durante varios anos no colexio e no instituto, logo ir á universidade, para finalmente superar unha oposición.

- Gústache a túa profesión?
- Si, encántame ensinar a nenos/as... e tamén aprender deles!

- Moitas gracias.
- A ti Álex!

Álex Burdyka





miércoles, 28 de noviembre de 2018

Os froitos de outono

Seguimos coas entradas sobre o outono que imos ir colgando no noso blog. Esta vez a quenda é de Uxía, que nos mostra o seu traballo sobre o outono para a exposición do cole.

Os froitos de outono

As castañas

As castañas veñen do castiñeiro.
Saen dos ourizos e faise un rico magosto con elas.

"Castataña, castaña, do chan se apaña...
metida no ourizo, non é unha patraña.
Magosto, magosto, non vaias co posto,
leva castañas, e alegra ese corpo!"

As cabazas

A cabaza é outro froito do outono.
Con ela podemos facer pastel de cabaza, rica sopa...

"Non vin nin vella nin velliña, 
non vin velliña nin vellón.
Corre, corre cabaciña.
Corre corre cabazón!"

Os cogumelos

Con cogumelos e setas farás unhas  ricas recetas!

A vendimia

Todos xuntos en familia,
faremos unha boa vendimia.

A mediados de setembro,
todos traballamos no viñedo.

Uxía





martes, 27 de noviembre de 2018

100 mulleres que cambiaron o mundo

O nosa compañeira Sabela estivo de aniversario a semana pasada (xunto con Noa) e regaláronlle un fermoso libro moi acorde co que traballamos na clase. O libro titúlase "100 mujeres que cambiaron el mundo". A propia Sabela coméntanos de que vai.

 Este libro trata sobre 100 mulleres que cambiaron o mundo e conta como o fixeron resumíndolo a unha carilla e ao lado unha ilustración. Sorprendeume encontrar nunha das páxinas a Rosalía de Castro, unha gran poetisa galega que escribía sobre a natureza, a emigración, a nosa terra...

O libro fala dela e de 99 mulleres máis!

Sabela



lunes, 26 de noviembre de 2018

A porta violeta (5ºA)

Hoxe presentamos un bonito traballo que fixeron os nenos e nenas de 5ºA coa mestra Pilar.

No vídeo podedes ver varios debuxos dos vosos compañeiros/as de 5º representando a letra da canción de Rozalén (que compartimos o venres). Así de bonito lles quedou!

Naroboa rapaces!

domingo, 25 de noviembre de 2018

viernes, 23 de noviembre de 2018

4ºA contra a violecia de xénero!

Este domingo, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

Na clase estivemos a falar sobre diferentes tipos de machismos que podemos encontrar: reparto de labores domésticas, publicidade, cores, diferencias salariais, violecia física e psicolóxica, cambios dunhas xeracións a outras... Estivéchedes moi participativos/as!

Durante o debate ollamos uns xornais monotemáticos en contra da violencia machista que se están a difundir pola cidade.





















 Ademais, Mateo chegou a clase suxerindo ver uns vídeos musicais sobre este tema (gracias Mateo!). Deixamos aquí o de Rozalén, unha canción preciosa que di moitas cousas.


jueves, 22 de noviembre de 2018

Biscoito de castañas

Estamos en outono e en época de magosto. Por iso, os nenos e nenas de 4ºA imos publicar cousas relacionadas con esta época do ano: refráns, adiviñas, receitas, poemas, fotografías... Anímovos a todos e a todas a participar!

Hoxe o noso compañeiro Sergio ensínanos como facer un rico biscoito de casatañas! 🌰

BISCOITO DE CASTAÑAS

Ingredientes:
6 ovos.
250 gramos de castañas peladas.
75 gramos de manteiga a temperatura ambiente.
250 gramos de azucre.
150 gramos de maicena.
0,5 litros de leite.
Unha miga de sal.
1 cullerada de levadura.

Elaboración do biscoito:
(1 h. e 30 min. de tempo: 45 min. de elboración e 45 min. de coción) 

Comezamos cocendo as castañas peladas no leite cunha miguiña de sal durante media hora. Trituramos as castañas co leite e deixamos repousar. Nun bol batemos os ovos. Añadimos o azucre e seguimos batendo ata que a mestura quede un pouco espumosa.
Xuntamos a crema das castañas, a maicena, a manteiga e a levadura cos ovos e o azucre. Remexemos ben e vertemos nun molde engrasado e forrado. Metemos ao forno durante 45 minutos. Deixamos enfriar, desmoldamos e listo!  😋

Sergio.





miércoles, 21 de noviembre de 2018

Hércules

A raíz duns exercicios de lingua castelá, a semana pasada os nenos e nenas presentaron uns fermosos traballos sobre o personaxe mitolóxico Hércules ou Heracles. Con este tipo de actividades búscase que o alumnado "aprenda facendo" e sérvelle como adquisición de coñecemento e cultura para saber a orixe de certas palabras, tradicións, leis, frases feitas... Ademais, presentar estes traballos de maneira oral ante a clase forma parte do noso traballo de oratoria e para superar, nalgúns casos, certos medos escénicos.






Esta semana xurdiu a idea de seguir con este tipo de traballos, pero desta vez os nenos e nenas poden elexir libremente os personaxes mitolóxicos gregos que desexen. A idea é aprender a realizar traballos coidando a presentación, uso de debuxos ou fotografías, portadas chamativas para o lector, boa letra e, por suposto, acadar unha aprendizaxe.

A maiores, os alumnos/as de valores do curso pasado están a traer os seus traballos xa feitos da mesma temática, o que nos deu a idea de poder elaborar, entre todos e todas, un gran "mural mitolóxico" no noso corredoiro. Espero que vos esmeredes! 😉

martes, 20 de noviembre de 2018

Día dos dereitos da infancia

O 20 de novembro celébrase o Día dos dereitos da infancia. Estes dereitos protexen ás persoas cando aínda son menores de idade e a responsabilidade de facelas cumprir é dos adultos.

A mestra de 6º, Andrea, fixo cos seus alumnos/as este cartel tan chulo e que, co seu permiso, quero compartir con todos vós. A min encantoume! 👌😍




lunes, 19 de noviembre de 2018

Un alimento, un libro

Hoxe, luns 19 de novembro, no CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios celebrouse unha campaña de recollida de alimentos en colaboración co Banco de alimentos, baixo o lema: Un alimento, un libro. Deste xeito,  todo aquel que trouxera ao centro un alimento ou produto de hixiene persoal no día de hoxe, recibiría un libro.


Os nenos e nenas de 4ºA colaboraron nesta bonita e necesaria iniciativa. 👍

Recordamos que, aínda que o regalo do libro só era hoxe, a campaña de recollida de alimentos durará ata finais deste mes.

Moitas gracias pola vosa colaboración!




viernes, 16 de noviembre de 2018

Magosto

Esta semana celebramos o Magosto cunha xornada festeira con xogos tradicionais e castañas. Os nosos compañeiros Héctor Boullón e Gorka fan un resumo de seguido.

O martes, 13 de novembro, celebramos o Magosto no cole. Foi un día moi especial porque participamos en xogos tradicionais e comimos castañas asadas, estaban moi ricas! 😋🌰

Xogamos a 11 xogos:

1. Botellas: consistía en meter un aro nunha botella.
2. O pano adaptado ao Magosto: cada un tiñamos un número e cando dicían o noso tiñamos que coller a bolsa de castañas.
3. Tres en raia: aliñar tres castañas ou chapas, xa sabemos todos como se xoga.
4. A castaña na culler: carreiras levando 2 castañas sen que caeran.
5. A araña goma: consistía en que uns nenos/as collían unhas gomas e complicaban o teu paso porque non podías tocalas.
6. Varrer a castaña: por equipos e por quendas varriamos unha castaña.
7. A araña: un grupo de nenos/as collidos da man impedían o paso aos demais.
8. Apañar as castañas: eran dous xogos diferentes nos que cada equipo tiña que recoller castañas antes que os outros.
9. A castaña fai canastra: Cada equipo e por quendas tiña que encestar castañas dentro dunha caixa.
10. Mouros e cristiáns: un neno/a tiña unha castaña e outro/a do equipo contrario tiña que pillalo/a se lle daba a castaña.
11.  A corda: dous equipos tiran da corda, perdía o que era arrastrado ata unha liña.






Despois destes xogos, sentámonos nun recuncho do patio a comer castañas asadas.


Antes de subir a clase, xogamos un ratiño no patio, mentres Lía e Ainara ensinaban a Aleixo e a outros nenos e nenas varios pasos de baile galego. 



Pasámolo xenial! 😄

Héctor B. e Gorka

jueves, 15 de noviembre de 2018

Arte acuática

En Sociais seguimos aprendendo sobre as características das nosas augas.

Sabemos que as augas localizadas máis cerca dos polos están moi frías, incluso chegan a conxelarxe adoptando formas moi orixinais e incluso artísticas!

 Mirade estas fotografías!








 

miércoles, 14 de noviembre de 2018

Día mundial da diabetes

O día 14 de novembro conmemórase o Día mundial da diabetes. O noso centro educativo sumouse no día de hoxe a esta iniciativa por medio de actividades, charlas e carteis informativos.

Nós, a nivel de aula, lemos e falamos sobre esta enfermidade: orixe, características, os seus diferentes tipos, tratamentos a seguir... Sorprendeume que moitos de vós sabiades do tema, ademais de coñecer persoas con esta enfermidade.

A finalidade desta conmemoración é informar, concienciar e normalizar sobre a diabetes.

Ademais, a nosa compañeira Lía recordou a Sonia Sotomayor, primeira xuíza latina no Tribunal Supremo de USA e mencionada no libro "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2" que tamén sofre este problema.







                                                                          

martes, 13 de noviembre de 2018

E as portas gañadoras son...

Por fin coñecemos as portas gañadoras deste Samaín 2018-19!

Infantil
1º premio: 3 anos C
2º premio: 5 anos A

Primaria
1º premio: 5ºB
2º premio: 6ºB

1º premio: 3 anos C
2º premio: 5 anos A


1º premio: 5ºB
2º premio: 6ºB






lunes, 12 de noviembre de 2018

Van Gogh en movemento!

Ollade á parte superior do vídeo durante uns 20 ou 30 segundos. 👀
Despois mirade a obra pictórica ("A noite estrelada" de Vincent Van Gogh) abaixo...

Que efecto vedes?


viernes, 9 de noviembre de 2018

O crebanoces

Esta semana, xoves 9, o alumnado de 4º acudiu a un concerto especial no cal se mesturaba música clásica con monicreques. A obra representada foi O Crebanoces de Chaikovski. A nosa compañeira Ana fainos un resumo a continuación.

Este xoves, 9 de novembro, fumos ao Auditorio de Galicia a escoitar unha  peza chamada O crebanoces, unha obra de Tchaikovsky (ou Chaikovski) interpretada pola Real Filharmonía de Galicia xunto a unha compañía de monicreques. 

Os personaxes principais son María, o Crebanoces e o seu tío, ademais de outros secundarios. A obra trata dun rei que come unha noz dourada e pide un desexo: paz e prosperidade para todo o mundo. Pero non era a noz que el pensaba e en vez diso, convértese nun crebanoces xigante. Ao final e despois de varias aventuras, por fin toma a noz dourada tan desexada e volve a súa forma orixinal.

A obra era moi bonita e divertida, ainda que ao principio ás imaxes que proxectaban non lles encontraba moito sentido... 😅 Ao chegar tivemos que sentarnos na esquina contraria a onde estaban colocados os monicreques polo que non viamos ben, xa que os rapaces poñíanse de pé para intentar ver mellor a obra. Eu tiven sorte porque Aleixo deixoume sentar noutro sitio onde podía ver mellor. 

En resumo, foi xenial! Mereceu moito a pena ir ata alí. 😄

Ana Arango González