viernes, 29 de marzo de 2019

Plantas

Hoxe levamos as nosas macetas para volver a intentar plantar.

Da primeira non saíu, pero a todo hai que darlle unha segunda oportunidade! 😅

Desta vez intentarémolo dende a casa e se conseguimos que prenda, á volta de Semana Santa traerémola de novo á nosa aula. Ánimo!

Aquí temos aos nosos compañeiros Sabela e Sergio como proba de que é posible! 😄🌱


jueves, 28 de marzo de 2019

Contacontos (Alessia)

Estes días estamos a ler os nosos propios contos inventados.

Nesta actividade, unha vez máis a nosa compañeira Alessia sorprendeunos e, como fixo coa poesía, relatounos o conto clásico do "Rato e o león" de memoria e dramatizada! Aquí a tedes en plena acción na nosa sesión de biblioteca.

Anímovos a seguir o seu exemplo e que contedes de maneira oral un conto coñecido ou as vosas propias historias. Estaría moi ben facer neste blog a nosa propia sección de Os Contacontos de 4ºA! 👻👺👽👸👳💀💘📚


miércoles, 27 de marzo de 2019

As mil e unha noites (Noa)

A nosa compañeira Noa segue a compartir con nós as súas lecturas.

Mostrounos o clásico das "Mil e unha noites" adaptado aos pequenos, falounos de que trataba o libro e incluso leunos un capítulo como mostra.

Moitas gracias Noa por compartir as túas lecturas, sempre son do máis interesantes! 👌😉📖


martes, 26 de marzo de 2019

Cancións lingua de signos

Tareixa, a nosa profe e compañeira de Lingua de signos, segue a traballar na súa canle de Youtube.

Gracias as súas cancións os nenos/as pequenos/as da nosa escola están a aprender signos. Como nós xa temos recibido algunha clase, quérovos mostrar algunhas das súas cancións para aprender ou repasar vocabulario que xa o noso compañeiro Gorka nos ensinou semanas atrás.

lunes, 25 de marzo de 2019

Cousiñas que aportamos á clase

Moitas cousas estades a traer, facer e compartir e algunhas delas aínda non as mostramos no blog... Por iso, hoxe imos compartir diferentes aportacións de varias das nosas compañeiras/o. 😉

Estando o colexio inmerso nun proxecto relacionado co coñecemento de Galicia e traballando diferentes proxectos sobre a nosa terra, a nosa compañeira Lía mostrounos un libro moi interesante sobre os símbolos de Galicia e que pode servirnos de moita axuda para os nosos traballos escolares.

Moitas gracias pola túa aportación Lía!






















Máis libros de interese!

Sabemos o que nos gustan os libros de preguntas e respostas, así que aquí vai unha suxestión do noso amigo Gorka"A ciecia do día a día". Nel aparece cuestións xa tratadas na clase como por exemplo, o uso de diferentes tipos de coches e a súa contaminación.

Gracias polas túas aportacións Gorka! Así da gusto!






















A nosa compañeira Ainara trouxo para a clase o calendario de marzo/abril con actividades culturais para nenos/as que se realizan nos diferentes espazos de Santiago de Compostela.

Ademais trae información sobre mulleres destacadas que xa coñecemos.

Gracias Ainara! 😉


viernes, 22 de marzo de 2019

Precepto de marzo

Xa case remata marzo e aínda non falaramos do precepto deste mes... vanse acumulando cousas e actividades para compartir no noso blog... e iso está ben! 😅

Aproveitando as últimas charlas que tivemos sobre o libro de Wonder, o precepto de marzo é...

O MELLOR REFUXIO É A FAMILIA




jueves, 21 de marzo de 2019

Día Mundial do Síndrome de Down

Ademais do Día da Poesía, o 21 de marzo conmemórase o Día Mundial do Síndrome de Down levando calcetíns  diferentes como mostra da diversidade existente na nosa sociedade, é dicir, todas a persoas somos diferentes e debemos respectarnos unhas a outras.

Sobre todo isto falamos na xornada de hoxe. Tamén vimos un videoclip das fantásticas A banda da Loba interpretando a canción Tres en raia adicada a Juanito, un neno con síndrome de Down, en particular e a todas as persoas con este síndrome en xeral. Neste videoclip aparecen os nosos veciños do centro Fundación Down Compostela.

Disfrutade da canción! 🎶🎵💙🎶💚🎶💛🎶💜🎶🎵


Día da poesía

Hoxe, día 21 de marzo, celébrase o Día da poesía, polo que nos ven perfecto para compartir imaxes do pasado venres cando limos as nosas propias poesías ante a clase na nosa sesión de biblioteca.

Deste xeito, ademais de mostrar o noso traballo aos compañeiros/as, entrenamos a oratoria fronte a un público, limos con entonación e ritmo, esaxeramos, expresamos... pasámolo moi ben!

Parabéns a todos e todas porque o fixéchedes xenial!











Ademais, esta semana a nosa compañeira Alessia sorprendeunos cun espectacular recitado poético que nos deixou a todos e a todas coa boca aberta! Aquí o tedes en vídeo.




miércoles, 20 de marzo de 2019

Clase de robótica!

Hoxe foi un día diferente, xa que despois do recreo disfrutamos dunha clase de robótica na sala de informática!

Cada neno e nena sentouse diante dun ordenador e traballou en dúas actividades: na creación dun videoxogo de naves espaciais e no movemento dun robot! 👽👾💥🚀

Queremos agradecerlles aos monitores o seu bo traballo, orientación e paciencia.

Aquí tedes algunhas imaxes e vídeos!











lunes, 18 de marzo de 2019

A pantalla de Elías

Despois do desfile de Entroido, retrasado polo mal tempo que houbo semanas anteriores, damos por rematado a festa con esta entrada na que Elías nos mostra como é unha verdadeira e auténtica pantalla de Xinzo de Limia.

Elías explicounos de que estaba feita, falounos sobre a súa decoración e despois vimos un vídeo moi simpático onde Elías aparece en plena acción.

Moitas gracias Elías por achegarnos o Entroido da túa zona á clase de 4ºA! 👌😉






Por último, os nosos parabéns á comparsa do Centro Sociocultural de Conxo, que gañou o 1º premio no desfile de Santiago! Neste grupo participaban varios nenos e nenas do noso cole e as súas familias, destacando as nosas compañeiras Ana, Lía e Ainara. 👏👏👏😊

viernes, 15 de marzo de 2019

Os ríos de Galicia

Os diferentes equipos de traballo da clase (os Trasnos, os Galinvestigadores, os Polbos de Conxo e os Galicreques) van sacando pouco a pouco traballos interesantes sobre a nosa terra.






Despois de buscar información, resumilo, crear un borrador, pasar a limpo toda a información e conseguir fotografías, os catro equipos elaboraron os seus correspondentes murais dalgúns dos ríos máis destacados de Galicia.





Bo traballo rapaces/as! 👌😉


jueves, 14 de marzo de 2019

Visita de María Canosa

Esta semana tivemos lectura intensiva de "Muriel", libro escrito por María Canosa. 📖

Esta autora xa a coñeciamos do ano pasado, cando nos visitou para falar doutro libro, "Robicundo" e que tanto nos gustara.

Desta vez tocaba falar de "Muriel" e María Canosa acercouse hoxe ao noso colexio para contestar ás nosas preguntas e aclarar posibles dúbidas sobre a lectura do seu libro. Un luxo que aproveitáchedes moi ben, xa que estivéchedes moi atentos/as e participativos/as durante dúas sesións da mañá!




Ademais, o noso compañeiro Héctor Guldrís regaloulle un precioso debuxo como agradecemento pola súa visita. Bravo Héctor! 👌😊


Deseguido mostramos algunhas das vosas opinións sobre o libro ou a visita (non podo poñer todas... 😅)

"Do libro, o que máis me gustou foi que o raposo fose o amigo e animal de compañía do protagonista. Tamén que Muriel fose un neno sensible.
Da visita, gustoume que María Canosa contestase a todas as preguntas e que a Simón Casas lle dixese que hai partes que non puxo para que o libro tivera lecturas diferentes". (Noa)

"Da charla gustoume moito que cando preguntaban, María Canosa respondía con respostas longas e moi boas. Gustoume moito!". (Sabela)

"A min o que máis me gustou do encontro con María Canosa foi que nos firmara os libros". (Sergio)

" O que máis me gustou do encontro con María Canosa foi que nos explicara en que se inspirou para escribir o libro e respondeu ás nosas dúbidas. O personaxe que máis me gustou foi Blim". (Lía)

"A min o que máis me gustou da obra foron as mensaxes da botella porque adiviñaban o futuro e o que ía pasar". (Héctor G.)

" Para min o mellor foi que ao principio non o entendía, pero despois comprendinno todo e encantoume o libro!". (Ana)

" O personaxe que máis me gustou foi Blim porque gústame como é e como se comporta. Tamén gustoume moito a charla de María Canosa". (Xabi)

"O que máis me gustou da charla foi cando María Canosa nos dixo que nos contos hai partes que non se din e que se unha persoa pensa unha cousa é que no seu conto é así. Cada un pode ter a súa interpretación da historia." (Ainara)

miércoles, 13 de marzo de 2019

Lía entrevista a Ainara

Lía entrevista a unha misteriosa señora famosa... que resulta ser Ainara! 😎📹📺
Gayoso ten os días contados...😂🎤


martes, 12 de marzo de 2019

Libros e revistas

Máis recomendacións por parte dos nosos compañeiros!

De seguido Gorka fálanos dunha revista cultural chamada Luzes, mentres Mateo cóntanos de que trata o libro "El gran libro de las civilizaciones".

LUZES

Esta é unha revista chamada "Luzes" e neste número trae unha reportaxe sobre o Xabarín Club porque fai 25 anos do seu nacemento.

O Xabarín Club era un programa de TV moi famoso de cando nosos pais eran pequenos, emitíase na galega. Hoxe en día aínda se emite, pero na TVG2 e non ten tanta popularidade.

No Xabarín Club aparecían debuxos como: Doraemon, Rocky e Bullwinkle, Os Pitufos, As Bolas Máxicas e moitas cousas máis.

A canción do Xabarín Club di así: 

"Somos o clube da galega! 
Por fociños, por Cacheiras! 
Somos do clube da galega! 
Oink, oink! 

E ti, xa es do clube? Afíliate!"

Gorka

O LIBRO DAS CIVILIZACIÓNS

Este libro vai das grandes civilizacións antigas e como se crearon: os romanos, os gregos, os exipcios... Fala dos monumentos antigos máis prezados da actualidade e dos perxonases que participaron nas grandes civilizacións. 

A miña parte favorita do libro é cando falan dos gladiadores!

Mateo


lunes, 11 de marzo de 2019

A orixe do Día Internacional da Muller Traballadora

Hoxe a nosa compañeira Uxía ensinounos un par de libros relacionados co feminismo e a importancia das mulleres na historia. Así, ensinounos un tebeo de Mafalda titulado "Feminismo singular" con situacións reinvindicativas dende un enfoque humorístico, así como un libro de personaxes históricos de España, todas elas mulleres, "Heroínas secretas".

Tamén quíxonos explicar por que a orixe da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora era un 8 de marzo. A súa explicación foi completada por Clara que nos aclarou por que o uso da cor púrpura. 💜

Por que se celebra o 8 de marzo o Día da Muller Traballadora?

Porque nunha data así, en Nova York, explotou unha fábrica e morreron  120 persoas sendo a maioría mulleres. Celébrase na honra delas e para unha mellora no traballo da muller.

Ademais, a cor da muller é o morado porque cando explotou a fábrica estaban a texer unha tea desa cor.

Uxía e Clara





















Ben, isto que nos quixeron explicar as nosas compañeiras non é doado, xa que a orixe do Día Internacional da Muller non se debe a un único suceso.

É verdade a traxedia que sufriron aquelas mulleres nesa fábrica, pero houbo antes outros sucesos...

Un 8 de marzo de 1875, centos de mulleres e traballadoras dunha fábrica en Nova York, saíron ás rúas a protestar polas súas pobres condicións de traballo e os seus ínfimos salarios comparados cos dos seus compañeiros. Durante esta manifestación, a policía reaccionou con violencia e fálase de que unhas 120 mulleres foron asasinadas. Isto fixo que se fundara o primeiro sindicato de mulleres traballadoras para loitar polos seus dereitos.

En 1909, un 28 de febreiro, celébrase por primeira vez o Día das Mulleres Socialista en EEUU. Un ano despois, no seu 2º congreso estableceuse o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

Ademais, como indicaban Uxía e Clara, un 25 de marzo de 1911, tivo lugar un grande desastre nunha fábrica textil onde centos de mulleres morreron a causa dun incendio e derrumbes. Unha vez máis protestouse polas malas condicións nos que traballaban as mulleres.

En Rusia, gracias á feminista Alexandra Kollontai, estableceuse o día 8 de marzo como a festa oficial da Unión Soviética.

En España comezouse a conmemorar en 1936 e a ONU oficializou esta data en 1975.

Canto máis se le deste tema máis variedades e bailes de números hai, xa que é moi difícil poñerse dacordo coas datas, acontecementos e números... O mesmo pasa co uso da cor. Unha versión é a que nos comentou Clara, mentres outra versión di que o morado é a unión do azul (homes) e o rosa ou vermello (mulleres) polo que representa a igualdade entre homes e mulleres. Seguro que hai máis versións!

En fin, o importante é facer que cada día sexa un 8 de marzo e que todas e sobre todo todos, fagamos da nosa sociedade un mundo mellor e igualitario. 💜

viernes, 8 de marzo de 2019

Día Internacional da muller

Hoxe, día 8 de marzo,  celébrase o Día Internacional da Muller. Neste día reivindícase o papel imprescindible da muller na sociedade, así como a loita pola igualdade entre homes e mulleres en todos os aspectos da vida. Para iso, convocáronse varias manifestacións en momentos diferentes, así como unha chamada á folga. 💜
























Dende o colexio Cardeal Quiroga Palacios reivindicamos estes dereitos cun encontro ao rematar o recreo de todos os niveis do centro, con camisetas decoradas e pancartas.


Ademais Noa, Clara e Sabela, en representación da nosa clase, citaron frases reivindicativas polo megáfono do centro para que todos e todas o escoitaran.
"Mulleres ao poder!"
"Igualdade entre homes e mulleres!"
"Sen as mulleres non hai futuro!"


Por último, fixemos un vídeo onde sodes as rapazas as protagonistas (tede en conta que foi a primeira vez que o fixemos, á primeira toma e en 15 minutos de recreo!). 💜😜