domingo, 31 de mayo de 2020

Cumpreanos Antía

Hoxe temos de aniversario a nosa compañeira Antía!

Moitos parabéns Antía! 🎉🎊🍰🎁👏👏👏😊
Este debuxo vaiche adicado da nosa parte, que pertence ao proxecto Comparte en galego!

Moitos bicos! 😘🌈


Compartimos lecturas

Encántame vervos nestas situacións... 📚😍

Tempos complicados tocan vivir e será difícil volver estar así de xuntiños compartindo lecturas... 

Espero que sigades aproveitando as vosas lecturas para aprender, divertirse, viaxar coas historias e deixar voar a vosa imaxinación. 
Iso non hai covid que nolo quite! 💪😏

Moitos bicos e gozade do domingo! 😘🌈






sábado, 30 de mayo de 2020

A cabana de Amparo

Cantas cousas facedes durante este confinamento, do cal pouco a pouco imos saíndo... 👍😊

Aquí temos o segundo exemplo para combater esta calor... ✌😎

A nosa compañeira Amparo fixo, coa axuda da súa nai, esta marabillosa cabana!
Fixádevos ben porque ten de todo! Zona de sombra, unha mesa, piscina... 🌿🍃🌴🏡💦

Perfecta para gozar destes días tan calurosos. 😍🌞

Moitos bicos Amparo!


E ademais mándanos este debuxo feito a ordenador para darnos moitos ánimos. 💪🌈😍


Á auga patos!

Bos soleados e calurosos días! 👋😎🌞

Mi madriña, isto xa é estar coma no verán...

Temos que combater esta calor como se poda e hoxe imos mostrar dous exemplos. ✌

O primeiro, o noso compañeiro Hugo e o seu irmán Iago gozan dun bo chapuzón na súa piscina e así gozar destes días. 🌞💦
Á auga patos! Claro que si! 🏊

Menuda envexa estasme dando Hugo! 😉
A gozalo como o mereces!
Moitos bicos! 😘🌈


viernes, 29 de mayo de 2020

Curtametraxe: A vida fácil

Compartimos no blog a curtametraxe semanal para Valores, titulada A vida fácil.
🎥🎬

Unha historia ben interesante sobre o esforzo e o enriquecemento da aprendizaxe.

Coma sempre, de maneira voluntaria, podedes escribir un resumo e unha breve reflexión sobre o que acontece nela. 😉💭

Solucións (25-29 de maio)

Bos días! 👋😃

Como cada venres, achego na aula virtual as solucións dos exercicios desta semana.
Unha vez correxidos, podedes mandar as fichas ao meu correo electrónico. 👇

aleixo.gutierrez@edu.xunta.es

Como vos comentei no encontro telemático de onte, esta fin de semana recibiredes unha invitación no correo electrónico para un encontro comigo o próximo luns 1, ás 12,15h para falar entre nós durante un ratiño. 
Para acceder á reunión é o mesmo proceso que facedes con Ivette. 💻
Como sabedes, non funciona o micrófono do meu ordenador, polo que accedín a outro prestado, espero non ter problemas para realizar o encontro e se así fora, seriades avisados polo correo.

Gustariame que durante esta fin de semana pensedes sobre toda esta situación que estamos a vivir e cales son as vosas reflexións.
Como te sentiches ao principio do confinamento? 
Estiveches preocupado/a ou despreocupado/a por esta situación? 
Acostumbrácheste a esta situación co paso do tempo? 
Tiveches medo cando comezamos a saír de novo?
Que foi o que máis botaches de menos durante este tempo?
Que foi ou que é o que máis che apetece facer estes días de desescalada? 

De todo isto falaremos o luns. 😉
Unha charla entre amigos e amigas! 💬😄

Sen máis, deséxovos unha gran fin de semana! 😘🌈


jueves, 28 de mayo de 2020

Debuxamos con números

Bos días! 👋🏼😊☀️

Dende Plástica, esta semana suxerimos debuxar baseándonos en números.
Pequenos trucos para elaborar animaliños de maneira sinxela. 🐱🐴🐮🐷🐸🐰

Xa recibín algúns traballos vosos que están moi ben, animádevos! 👍🏼😉

miércoles, 27 de mayo de 2020

Entrevistámonos! (Ana e Hugo)

Bos días!

Imos continuar coa sección de entrevistas, que temos moitas que mostrar e as semanas van avanzando...

Os nosos compañeiros Ana e Hugo son os seguintes en realizarse unha mutuamente.
Vexamos o que nos contan e coñezámolos un pouco mellor! 😄

martes, 26 de mayo de 2020

Juana La Loca & Marie Curie (Álvaro)

Dous libros de dúas mulleres é o que nos presenta o noso compañeiro Álvaro.

Os libros pertence a unha colección que está fancendo furor entre a nosa clase, xa que outros títulos xa foron presentados por Amparo ou Laura B. e xa vos ides regalando entre vós.
Iso está xenial! 👌🏼😊📚

Álvaro explicounos moi ben a historia tráxica de Juana La Loca e a vida tan interesante e académica da científica Marie Curie.






lunes, 25 de mayo de 2020

Consumindo cultura

As alumnas de 6º de EP que colaboran co proxecto A Baña Informa están realizando unha reportaxe sobre o consumo de cultura durante o confinamento.

Para completar a súa investigación, achegan este breve cuestionario para responder.
Interesa que o fagan, non só os adultos, senón tamén os nenos e nenas.

Para acceder ao cuestionario clicade na imaxe. 👇🏻📋
Eu xa o fixen! 👌🏼😁

Gracias pola vosa colaboración. 👍🏼😉

Proposta de traballo (25-29 de maio)

Bos días a todos e a todas! 👋🏼😊🌈

Achego na aula virtual a proposta de traballo para esta última semana de maio.

Recordade que o venres compartiranse as solucións e unha vez que vos autocorrixades, podedes enviar as fichas ao meu correo electrónico. 👇🏻

aleixo.gutierrez@edu.xunta.es

Xa estamos no último tramo do repaso, moito ánimo! 💪🏼😏

Un saúdo!

domingo, 24 de mayo de 2020

Parchís de antónimos

Fai tempo unha mamá dun ex-alumno e compañeira de profesión, mandoume esta chulada de parchís para que o usáramos como xogo didáctico.

Trátase dun parchís con vocabulario no que ao caer nunha casilla temos que saber o seu antónimo para poder continuar co noso turno.

Por fin tivemos tempo para dedicarlle tempo!

Moitas gracias Sonia! 👌😊

Gozade do domingo. 😘☀️






sábado, 23 de mayo de 2020

Cumpreanos Aitana

Hoxe celebramos o cumpreanos da nosa compañeira Aitana! 🎊🎉🎂🎁😉

Dende SumAndo sen restar, eu e todos os teus compañeiros/as mandámoste os nosos parabéns e desexamos que teñas un gran día de aniversario! 🥰

11 bicos ben grandes, Aitana, e que nos vexamos pronto! 😘🌈


Os fantásticos libros voadores

Bos días! 👋🏼😊

Compartimos a curtametraxe que achegamos no apartado de Valores da aula virtual.
Unha preciosa e emotiva historia sobre a nosa relación cos libros. 📚

Espero que vos guste.

Que teñades unha fantástica fin de semana!
🥰🌈
    

viernes, 22 de mayo de 2020

Descricións marcianas! (Digicraft)

Voltamos con actividades Digicraft!

Desta vez non utilizamos tablets. A actividade estaba dirixada a entrenar a atención e traballar a descrición de personaxes.

O xogo consistía en clasificar tarxetas de diferentes marcianos segundo as características que tiñan.
👽👾

A segunda parte consistiu en crear as nosas propias tarxetas de marcianitos e esperamos encontrar o tempo para xogar todos xuntos outra vez. 👍😉














Solucións (18-22 de maio)

Bos días a todos e a todas! 👋🏼😉

Achego as solucións da proposta de traballo desta semana na aula virtual.
Recordade que unha vez correxidos os exercicios podedes enviar ao meu correo electrónico as fichas indicadas. 👇🏻

aleixo.gutierrez@edu.xunta.es

Un saúdo e moi boa fin de semana! 😘🌈

jueves, 21 de mayo de 2020

O universo de National Geographic (Laura B.)

A nosa compañeira Laura presentounos fai unhas semanas un libro moi interesante sobre os secretos do Universo da prestixiosa colección de National Geographic. 🌍🌞🌟🌠🌙🔭🔫





Arte nas nosas mans

Esta semana en Plástica, propuxemos debuxar animais utilizando como base as nosas propias mans. 🙌🏻

O que busco con esta actividade é que vexades que ás veces, sabendo algúns trucos e usando a creatividade, non é necesario ser un gran debuxante para acadar bos resultados. 😉🎨🖌️🖍️

Xa empecei a recibir debuxos vosos e estanme encantando! 👌🏼🤩

miércoles, 20 de mayo de 2020

Recomendamos libros (Aroa)

A nosa compañeira Aroa segue animada a recomnedar lecturas e nós encantados de tomar nota.

Neste vídeo comparte lecturas sobre animais, plantas e arte! 🐒🐱🌿🎨







Fondo de libros

Bos días a todos e a todas.

Hoxe comeza o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para libros e material escolar.

As familias que estedes interesadas clicade na páxina web do centro, onde teredes toda a información.

Un saúdo.


martes, 19 de mayo de 2020

Intelixencia artificial (Digicraft)

A última actividade que fixemos en Digicraft foi moi interesante!

Tratábase dun xogo baseado na intelixencia artificial e que seguramente se utilice no futuro para resolver problemas ou trabas por non saber idiomas.

Por equipos, os alumnos/as tiñades que facer fotos a diferentes obxectos distribuídos pola aula para logo relacionalos coa súa palabra no idioma indicado nunha ficha que tiñades. Traballastes con termos en distintos idiomas como xaponés, francés, coreano, portugués, italiano, chino, inglés, alemán, ruso... 😵

Ao principio costounos un pouco, pero unha vez comprendida a estratexia a cousa foi mellorando.

Como conclusión da actividade, repasamos todo o vocabulario para saber se estaba correctamente relacionado co obxecto correspondente e valoramos que equipo tiña máis acertos.

Un aplauso para todos os equipos polo seu bo traballo! 👏👏👏😊
Porque diso vai moitas destas actividades, do traballo colaborativo, coordinado e en EQUIPO.