viernes, 19 de junio de 2020

FIN DE CURSO!

Resumir o curso nun vídeo de 2 minutos? Imposible! 😅
Tiña tantas fotos para escoller, que editei dous vídeos para facer un pouco de xustiza a todo o que fixemos durante estes meses. 😏

Non me quero repetir, así que tan só dicirvos o orgulloso que estou de todos vós e as ganas que xa teño de comezar (iso si, de maneira presencial) o vindeiro curso.

Espero que vos gusten os vídeos! 😉🎥🎶🎵
Desconectade do cole e gozade do verán! 😘🌞🌊

Curso 2019/2020 Vol.1
 
 Curso 2019/2020 Vol.2

Plástica durante o confinamento

Último día do curso 2019/2020!
E último día para SumAndo sen restar!
Toca descansar, recargar pilas e preparar novas actividades para o curso que ven... 😉

Como remate final aquí tedes algúns exemplos dos traballos de Plástica que fixestes durante o confinamento: mans en 3D, buratos con efecto de profundidade, debuxos baseados nas mans e en números, debuxos pregables, retratos cubistas... 🎨

Gozade do verán artistas! 😉🌞🏄🏊💦

jueves, 18 de junio de 2020

Jane Goodall (Amparo)

Interesantísima exposición da nosa compañeira Amparo sobre Jane Goodall, unha eminencia no mundo da primatoloxía e antropoloxía, sendo a maior experta no comportamento do chimpancé.

Escoitemos con atención. 🙈🙉🙊




Entrevistámonos! (Laura e Esteban)

Máis entrevistas no noso blog! 📺

A quenda é para Laura B. e Esteban.
Vexamos o que nos contan.😀

O asombroso corpo humano (Aitana)

Estudar o corpo humano fai que nos interesemos pola información, o coñecemento e as curiosidades do noso propio corpo. 

A nosa compañeira Aitana mostrounos un libro da editorial Larousse moi interesante e orixinal sobre o corpo humano.

Aquí tedes unhas fotos e o seu vídeo-explicativo. 😉





Frauta (Laura R.)

Neste blog facemos de todo e a música tamén ten cabida. 🎶🎵

A nosa compañeira Laura R. deléitanos con dúas cancións á frauta.

Bravo Laura, gracias por esta breve sesión musical! 👏👏👏😀


miércoles, 17 de junio de 2020

Detectives da ortografía

Hoxe mostramos un xogo, xa compartido na aula virtual, sobre ortografía.

Nel teredes que acertar cuestións ortográficas.
A ver que tal se vos da! 😉

Colección de animais (Laura B.)

Menuda colección que nos presentou a nosa compañeira Laura B. para a nosa bibloteca de aula!
Ela mesma nola presentou e no vídeo móstranos os seus números favoritos.

Moitas gracias pola túa aportación Laura! 👏👏👏😊📚



As bruxas (Amparo)

A nosa compañeira Amparo preséntanos un dos meus libros favoritos! 👌📖

Roald Dahl é un dos autores máis destacados na literatura infantil e xuvenil.
Recomendo a lectura dos seus libros: As bruxas, Matilda, Charlie e a fábrica de chocolate, Contos en verso para nenos perversos...
Ten un montón de libros e infinidade de contos recomendables para pequenos e maiores! 📚

Murais da Paz

O grupo de alumnas e alumno de Valores fixeron uns murais sobre personaxes destacados que loitaron e traballaron pola paz, a igualdade e os dereitos das persoas, sexan cales sexan a súa orixe, lingua, raza ou relixión. 💙💚💛💜💓

Esta actividade tratábase de traballar a busca, o tratamento e a exposición de información de maneira colaborativa, utilizando tanto elementos tracicionais (libros, apuntamentos...) como as TIC. 👫👬👭

Tamén lle dimos un toque de creatividade e penso que a época de Entroido influiu un pouco... 😅

Unha pena que o período de confinamento evitara a súa exposición ao resto da clase e correspondente gravación para o blog...






















martes, 16 de junio de 2020

Misión Covid-19

Hoxe compartimos no blog, ao igual que fixemos na aula virtual, o xogo interactivo que me achegaron Laura B. e a súa nai, Mercedes, para que xoguedes repasando un pouco de cultura e contidos de diferentes materias. 
Moitras gracias a nai e filla! 👌😊

Un xogo para viaxar, aprender e enfrentarse contra o virus!
Seredes capaces de levar a cabo a misión?
Ánimo! 😉

Entrevistámonos! (Olivia e Anna)

Continuamos coas entrevistas de 5º! 📺

As nosas compañeiras Olivia e Anna pregúntanse e contéstanse mutuamente. 👧👩

lunes, 15 de junio de 2020

Mapa interactivo

Como vos comentaba esta mañá, a nosa compañeira Laura B. creou este mapa interactivo para que podamos aprender os países europeos e as súas capitais, e que nun futuro teredes que estudar. 🌍📌

Moitas gracias Laura por este magnífico traballo e compartilo con nós! 👌😊

Na miña casa xa estamos a probar a ver quen controla máis do tema... 😁

Últimas actividades

Bos días a todos e a todas!

Comezamos a derradeira semana do curso! 👍😉

Na aula virtual achego traballo voluntario de comprensión lectora no apartado de Lengua, así como uns xogos virtuais que tamén serán compartidos neste blog para que todos e todas podades acceder a eles para xogar.

Así mesmo, no apartado de Sociais poderedes consultar un mapa interactivo coas capitais de Europa feito pola nosa compañeira Laura B.
Bravo Laura! 👌😀

Sen máis, espero vervos o martes no noso encontro de clase. 😊

Saúdos!


domingo, 14 de junio de 2020

Día Nacional da Lingua de Signos Española

Hoxe, 14 de xuño, conmemórase o Día Nacional da Lingua de Signos Española.


Que tal se o celebramos repasando o abecedario signado? ✊☝✌👌👈👉😉


Animaliños

Fotos que recibo de vós e os vosos animaliños... 

Aquí temos a Lauta R. cos seus simpáticos patiños e Amparo cos seus novos amiguiños felinos, que xa nos presentou no encontro de 5º, verdade? 😍

Que guapiños! 🐱🐤


  

sábado, 13 de junio de 2020

Donuts (Antía)

Bos días!

Como xa sabedes, fai uns días foi o cumpreanos da nosa compañeira e amiga Antía
🎉🎊🍰😊

Posi ben, aquí tedes a receita que fixo para dito aniversario, uns riquísimos donuts caseiros!
Deixemos que nolo explique Antía, apuntade ben os pasos a seguir! 😉😋

Donuts caseiros

Ingredintes

- 500g de fariña
- 70g de azucre
- 50g de manteiga pomada ( blanda pero non derretida) 
- 25g de levadura fresca ( ou 10g de levadura seca) 
- 150ml de leite
- 100ml de auga
- Unha pizca de sal
- Esencia de vainilla

Elaboración

Mesturar auga e leite, despois botarlle a levadura e mesturalo de novo. 
Mentres eso se mestura ben, botamos nun bol a parte fariña, azucre e sal. 
Facemos un oco no medio e botamos aí o leite coa auga e levadura anteriormente mesturada xunto co ovo, esencia de vainilla e manteiga. 
Mesturamos ata que se faga unha masa e se está moi pegañosa deixámola repousar un pouco. Se segue pegañosa botamos nas mans un pouco de aceite de oliva e seguimos mesturando. 
Logo metémola no bol e poñémoslle film enriba. 
Deixámolo repousar dúas horas e facemos os donuts. 

E listo para degustar! 😋🍩

Antía


viernes, 12 de junio de 2020

Entrevistámonos! (Saray e Pilar)

Bos días!

As nosas compañeiras Saray e Pilar convírtense en reporteiras para sonsacarse información.
📹📺😁

Escoitemos para coñecelas un pouquiño mellor e saber os seus gustos. 👀👂

jueves, 11 de junio de 2020

O clube dos sabuesos (Nuria)

Bos días! 

Que alegría ver que a nosa compañeira Nuria se anime cada vez máis a participar no noso blog! 😃

Nesta nova aparición, Nuria fálanos dunha colección titulada O clube dos sabuesos, unha serie de aventuras dunha familia moi singular.


A colección xa está a nosa disposición na biblioteca de aula. 📚
Moitas gracias Nuria! 👍😉

miércoles, 10 de junio de 2020

Roy Lichtenstein

Seguimos realizando traballos en Plástica en coordinación coa área de Inglés e a profe Ivette.

Mentres o grupo de 6º está a traballar Irlanda, en 5º estamos a traballar os Estados Unidos de América. Centrámonos no Pop-Art e máis concretamete no pintor Roy Lichtenstein, un dos seus máximos exponentes. 🎨
Por que Lichtenstein?
Pois porque queriamos traballar o puntillismo e ademais, o seu traballo deunos xogo para mesturalo co cómic.
Pena que este traballo fora interrumpido polo que xa todos e todas sabemos... 😷

Aquí tedes un vídeo do proceso e que queredes que vos diga... ten moi boa pinta! 👌😊

martes, 9 de junio de 2020

Entrevistámonos! (Aitana e Paula)

Volvemos con máis entrevistas! 📹📺

Aquí temos a dúas das nosas compañeiras, Aitana e Paula, que se van a entrevistar unha á outra para coñecelas mellor. 😉

lunes, 8 de junio de 2020

Instrucións para recollida e devolución de material

Estimadas familias, na páxina web do centro tedes as instrucións para a recollida de material e devolución dos libros de texto.

Segundo o que traigades e levedes, suxiro que veñades con mochilas e bolsas para cargar o material.

No referente a 5º, a quenda será o xoves 18 de 10.00h a 13,00h na nosa aula e teredes que entrar polo acceso de Secundaria.

Podedes acceder a máis información clicando aquí.

Saúdos!


Proposta de traballo (8-12 de xuño)

Bos días a todos e a todas! 👋😀

Achego na aula virtual e nos vosos correos electrónicos a explicación da proposta de traballo para esta semana.

Ánimo co tramo final do curso! 💪😉

domingo, 7 de junio de 2020

Entretémonos! (Álvaro)

Máis piscinas en SumAndo sen restar!

Menos mal que nas casas do rural temos estas opcións, verdade? 👌😊

Aquí temos ao noso compañeiro Álvaro que o pasa de marabilla co seu irmán Iker.
Así pásanse mellor os días tan calurosos que estamos a ter. 😎🌞

Moi ben Álvaro!
Gózao todo o que poidas que ben merecido o tedes! 👍😉

sábado, 6 de junio de 2020

Día Internacional do Medio Ambiente

Onte conmemorouse o Día Internacional do Medio Ambiente. 🌍💚

Esta ilustración recórdanos o importante que é coidar do noso planeta e busca concienciarnos en realizar ben as distintas maneiras de tirar os nosos residuos.

Recordade a regra das 3R (tamén coñecida como 4R).
Sabedes cales son? A ver quen é o primeiro/a en escribilas nun comentario. 😉


viernes, 5 de junio de 2020

Curtametraxe: A ponte

Compartimos a curtametraxe desta semana para desenvolver valores, A ponte. 🎥

Neste caso, é unha breve e sinxela historia, que ten moito de fondo para reflexionar sobre como xestionar a resolución de conflitos.

Xa sabedes que, de maneira voluntaria, podedes facer un resumo do que acontece e escribir unha breve reflexión.

No noso encontro de 5º do luns podemos falar sobre as curtametraxes que vimos durante estas semanas e sobre o que pensades dos distintos temas que tratan. 😀💬😀💭
Xa o iremos vendo... 👍😉

Bicos! 😘🌈

Solucións (1-5 de xuño)

Bos días a todos e a todas! 👋😊

Achego na aula virtual as solucións (marcados a vermello) dos exercicios correspondentes ao tema 8 das linguas e Matemáticas, máis os de Sociais do tema 4.

Con isto, rematamos o repaso deste curso! 👏👏👏😅
Bravo polo voso traballo!

Ao longo destas dúas últimas semanas, avanzaremos nas lecturas, vocabulario e gramática nas linguas con algún que outro traballiño práctico e, por outra banda, miraremos algo de xeometría en Matemáticas. Sempre conceptos xa coñecidos noutros cursos.
Ademais, compartiranse actividades e xogos didácticos interactivos como repaso das nosas aprendizaxes.

Sen máis, espero vervos o luns no noso encontro de 5º! 👍😉
Recordade que a invitación ten un sistema automático para cada luns, polo que non esperedes unha nova invitación. Debedes entrar no primeiro correo que vos mandei esta semana.

Que teñades unha moi boa fin de semana! 😘🌈


jueves, 4 de junio de 2020

Cumpreanos Laura R.

Seguimos con máis aniversarios en SumAndo sen restar!

Hoxe é o cumprenos da nosa amiga Laura R.! 👏👏👏😄

Moitos parabéns Laura! 🎊🎉🎁🍰😉
Mandámosche 11 biquiños cheos de bos desexos! 
😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘



Entrevistámonos! (Sandra e Aroa)

Bos días!

Hoxe toca entrevista entre dúas curmás. 👭
Sandra e Aroa fálannos un pouco sobre elas e os seus gustos. 📺😀

miércoles, 3 de junio de 2020

Debuxos pregables

Bos días!

Pronto compartirase o vídeo que estou preparando cos vosos traballos de Plástica durante este confinamento. 👍😉🎨

A verdade é que teño unha boa colección de fotos, pero imos facer un breve avance mostrando este gif  feito pola nosa compañeira Amparo e tres breves vídeos de Aitana nos cales desprega os seus debuxos para observar mellor o efecto.

Recórdovos que os vosos traballos estanse compartindo tamén no apartado de Seccións Bilingües na páxina web do centro.

Bravo chicas! 👏👏👏😊

   

martes, 2 de junio de 2020

Tarta napolitana (Sandra)

Voltamos cunha das seccións que máis me gusta... a repostería! 👏🏼👏🏼👏🏼😋

A nosa compañeira Sandra animouse a compartir con nós este riquísimo biscoito, que podemos degustar nas nosas merendas ao aire libre aproveitando o bo tempo.
Apuntade ben os pasos a seguir. 👩🏻‍🍳👨🏻‍🍳

Moitas gracias Sandra por achegarnos esta riquísima receita! 👌🏼😊


TARTA NAPOLITANA

Ingredintes:
25 galletas
1 vaso e medio de leite
3 ovos

Preparación:
Mesturo todos os ingredintes na batidora e unha vez ben batida, pasámolo a un molde sobre papoel vexetal.
Despois no forno a uns 180º e deixámolo estar 1 hora.
Pasada a hora, espolvoreamos con azucre glass.

Espero que vos guste! 😉

Sandra


Cubismo

Bos días! 👋😊

Hoxe compartimos o vídeo da proposta de traballo semanal para Plástica.

Trátase de elaborar un sinxelo retrato coa técnica do cubismo, técnica que usou o famoso pintor Pablo Picasso. 🎨
Este traballo podedes facelo debuxando e coloreando ou facendo un collage de corte e pega, ao voso gusto.

Espero que me enviedes retratos ben divertidos! 👍😁

lunes, 1 de junio de 2020

Entrevistámonos! (Nico e Laura R.)

Nova entrevista no noso canal. 📺😊

É a quenda dos nosos compañeiros Laura e Nicolás.
Escoitemos o que nos teñen que dicir. 😉


Proposta de traballo (1-5 de xuño)

Bos días a todos e a todas! 👋😊

Como cada luns achego na aula virtual a proposta de traballo semanal.

Esta semana interésame moito, ademais das fichas indicadas a entregar, as propostas que ides expoñer como alcaldes e alcaldesas da Baña para evitar a despoboación do concello segundo a táboa elaborada pola nosa compañeira Laura B.

Como xa sabedes, o venres mandaremos as solucións e unha vez autocorrexidos os exercicios, xunto coa redacción de Sociais, podedes enviarmos ao meu correo electrónico. 👇

aleixo.gutierrez@edu.xunta.es

Moito ánimo co traballo que xa estamos na recta final! 💪😘🌈