martes, 31 de marzo de 2020

Traballo de Inglés (30 marzo-3 abril)

Comparto o traballo de Inglés proposto por Ivette para esta semana.

5º Primaria- Inglés 30 marzo- 3 abril



31/03/2020 11:15
Europe/Madrid
Good morning!!
Esta semana imos ler a lenda da victoria de Robert the Bruce como rei de Escocia. Nas páxinas 46 e 47 do PB, faremos tamén os exercicios 9 e 10 desas páxinas e os da páxina 46 do AB. Pero antes de comenzar buscaredes no voso dicionario bilingüe as palabras que aparecen no documento adxunto, así comprenderedes mellor a historia. A lenda é sobre a araña. Robert the Bruce existiu realmente, de feito a semana pasada foi  o aniversario da súa victoria sobre os ingleses...pero esto deixaremolo para outro día...

Recordade que mañá teredes unha canción e o venres unha lectura. Calquera dúbida, aquí estou.
O adxunto é un exercicio de tradución. 👇

Translate into Spanish:
  • Brave:
  • Wise:
  • Wild:
  • Defeat:
  • Battle:
  • Disappointed:
  • Fail:
  • Free:
  • Give up:
  • Wonder:
  • Suddenly:
  • Notice (verb):
  • Drop:
  • Laugh:
  • Succeed:

PT - AL

Durante estes días tan estraños de confinamento, o profesorado está a traballar en dintintos ámbitos.
Un deles é a actualización da web do centro, onde en algúns dos seus apartados poderedes ver traballos ou actividades para os nenos e nenas.

O departamento de PT - AL, elaborado polas profes-especialistas Amalia e Míriam, está a partillar vídeos e actividades que poden ser do voso interese.

Invítovos a que entredes. 😉


Axudas comedor escolar

Bos días a todas as familias.

Achego outra nova importante que podedes consultar na páxina web do centro relacionada coas axudas para as familias dos usuarios/as do comedor escolar.

Consultade a información no enlace do centro. 👀👇

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpisanvicente/


lunes, 30 de marzo de 2020

Proposta de traballo (30 marzo-3 abril)

Estimadas familias:

Para rematar o trimestre, achego na web do centro (apartado de 5º EP) as últimas fichas de repaso de Lingua Castelá e Matemáticas.
Como non todos podedes imprimilas, penso que o mellor é escribir os exercicios nas libretas para que non haxa agravios comparativos.

Esta nova quincena de confinamento inclúe Semana Santa, e polo tanto vacacións.
Por iso, non se deixará máis traballo que o desta semana e, quen o necesite, pode aproveitar as vacacións para rematar os exercicios dunha maneira máis relaxada.

Recordade que non son avaliables, o importante é que os nenos/as vaian traballando de maneira regular cada día.

Á espera de novas indicacións por parte da Consellería de Educación, despois das vacacións informarase da organización do terceiro trimestre.

👉 Temos a sorte de ter os libros e libretas na casa, polo que todo aquel ou aquela que queira facer máis do indicado, ten exercicios feitos para repasar.

👉 Seguide o blog de aula, compartiranse actividades e enlaces de interese.

👉 Os nenos/as que queiran escribirme ao correo electrónico de maneira máis privada e persoal para contarme como se sinten, que actividades fan na casa... poden facelo.
Estarei encantado de escribirme con eles!

Moitos bicos para os rapaces e ánimo e forza para as familias.
💓💜💙💚💛


domingo, 29 de marzo de 2020

Todo vai saír ben!

O grupo de 5º EP do CPI de San Vicente da Baña quere compartir o seu ánimo e forza, non só entre eles e elas, senón a todas as súas familias e resto de comunidade educativa, así coma outras persoas que nos podan estar vendo.

Se recibo máis fotos, actualizarei a entrada para agregalas. 👍📷
A edición foi un pouco complicada, xa que as imaxes son de distintos dispositivos e tamaños...

Moita saúde! 💚
Moito ánimo! 😊
Moita forza! 💪😏

Todo vai saír ben! 🌈

Aitana

Laura B. e Antía

Ana e Pablo

Hugo e Iago (1º)

Anna

Amparo
Anna
Aroa

Olivia

Emma (1º)
Aldara

Aldara e Emma (1º)
Laura R.
Álvaro
Iker (1º)









sábado, 28 de marzo de 2020

Avaliación 2º trimestre

Estimadas familias:

Os centros educativos recibiron instrucións por parte da Consellería sobre as medidas a adoptar en relación coa avaliación do 2º trimestre.

Tedes toda a información na páxina web do centro na que podedes acceder no seguinte enlace. 👀👇

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpisanvicente/

Aproveito para dicirvos que mañá compartiremos a actividade do arco da vella.
Os que estades pendentes de enviar a foto, mellor aparecede nela, queda máis chulo.
Anímovos a que participedes todos e todas! 😉🌈

Moita forza. 💪💓


viernes, 27 de marzo de 2020

A Maga Aitana!

Para a entrada desta fin de semana temos unha sorpresa.

A nosa compañeira Aitana convertiuse nunha estupenda maga e vainos deleitar cun par de trucos.
Atentos! 👀 ♠ 🂡 🂨

Concurso #LeoNaCasa

Bos días a todos e a todas!

Achego este enlace por se é do voso interese.

Trátase dun concurso de debuxo relacionado coa lectura no fogar.
Se clicades no enlace veredes as instrucións no blog da Editorial Galaxia. 👀👇

http://editorialgalaxia.gal/concurso-para-cativada/


jueves, 26 de marzo de 2020

Entrevistámonos (Nuria-Ángel)

Inauguramos unha nova sección no noso blog: Entrevistámonos!

Ao longo das próximas semanas iremos publicando entrevistas de parellas do noso grupo-clase.

Unha maneira de coñecer o mundo da comunicación, do xornalismo... e traballar a expresión oral.
📹📺📻

Comezamos polos primeiros que se animaron a gravar... Nuria e Ángel! 👏👏👏

Unidades coas respostas

Estimadas familias:

Adxunto no apartado de 5º EP da páxina web do colexio as unidades que estamos a traballar xunto coas respostas.

Hai casos no que a solución é moi concisa, por exemplo, en Matemáticas indícase só o resultado sen mostrar o proceso para chegar a el, polo que explicaremos cada exercicio ao revisalos na clase. Pero polo menos, que vos sirvan de guía para saber se os nenos/as vanno facendo máis ou menos ben.

👉 O traballo de Galego indicado o martes, que o fagan con calma.
Deixaremos a seguinte quincena para que todos e todas podan rematalo.

👉 O luns 30 indicarei novo traballo (avanzo que serán fichas de repaso dos últimos temas de Lengua e Matemáticas para dar tempo aos que van máis retrasados nas tarefas).

🔊 Por favor, que cada neno/a traballe ao ritmo que lle marque a súa familia.
🔊 As miñas indicacións son unha mera orientación do traballo que faríamos na clase.
🔊 Non se avaliará este traballo.
🔊 O importante é que o alumnado vaia traballando dunha maneira regular cada día, pero sen agobios familiares.
🔊 É importante que estedes ao tanto do blog de aula (sobre todo pola situación na que estamos a vivir), xa que nel estará toda a información relacionada con 5º a nivel de centro, titoría, especialidades, así como actividades e suxestións.
🔊 É moi complicado, por non dicir imposible, adecuarse a cada escolar. Onde un pode ir moi avanzado e pedir máis tarefas das indicadas, outro pode ir moi retrasado e estresarse. Se houbera estes casos, o primeiro ten suxestións de actividades no blog se lle interesara e o segundo que traballe con calma e sen presión.

Para calquera cuestión non dubidedes en contactar comigo polo correo electrónico.

Unha aperta.


miércoles, 25 de marzo de 2020

Bill Haley (Inglés)

Parece que o día de hoxe vai de Rock´n´Roll.

Despois de publicar esta mañá a entrada sobre a vida de Elvis Presley, entrei na web do centro e vin que a profe Ivette mandou unha actividade de listening relacionada co rock da década dos ´50, xa que Bill Haley é outro dos artistas máis destacados desa época.

Déixovos as indicacións de Ivette, o vídeo e máis o texto. 👀👇

Saúde e rock and roll! 😎🎶🎵

Inglés 5º

5ºPrimaria- Listening



25/03/2020 11:22
Europe/Madrid
Good morning!!!
É moi importante que sigamos traballando os listenings, pero coa situación actual é complicado, asique imolo facer do xeito que me parece máis divertido, sin perder a oportunidade de afondar na cultura dos paises de fala inglesa. 
No tema 4 falamos de Billy Haley and the Comets, e do primeiro éxito do rock 'n roll no mundo: Rock arround the clock.
Enchemos os espacios da canción e disfrutadea


 Esta é a letra da canción para completar que está no adxunto da actividade. 👇

Rock Around the Clock
_______, ______, three o'clock, four _______ rock
________, six, seven o'clock, eight _________ rock
Nine, ten, ________ __________, twelve o'clock rock
We're gonna rock around the clock tonight
Put your glad rags on and join me hon'
We'll have some _________ when the clock strikes one
We're gonna rock around the clock tonight
We're gonna rock, rock, rock, 'till broad daylight
We're gonna rock, gonna rock around the clock tonight
When the clock strikes two, three and __________
If the band slows down we'll yell for __________
We're gonna rock around the clock tonight
We're gonna rock, rock, rock, 'till broad daylight
We're gonna rock, gonna rock around the clock tonight
When the chimes ring _________, six, and seven
We'll be right in ___________ heaven
We're gonna rock around the clock tonight
We're gonna rock, rock, rock, 'till broad daylight
We're gonna rock, gonna rock around the clock tonight
When it's eight, nine, ten, ____________ too
I'll be going __________ and so will you
We're gonna rock around the clock tonight
We're gonna rock, rock, rock, 'till broad daylight
We're gonna rock, gonna rock around the clock tonight
When the clock strikes twelve we'll cool off then
Start rocking ‘round the clock again
We're gonna rock around the clock tonight
We're gonna rock, rock, rock, 'till broad daylight
We're gonna rock, gonna rock around the clock tonight



We’re gonna= we’re going to...
till= until (hasta)
Rock= es el movimiento que hacen las caderas con este baile: sacudir, balancear...

Elvis Presley

Seguimos con esta nova sección de Mini-biografías no noso blog para coñecer personaxes destacados da cultura en xeral.

O protagonista volve a ser un artista, pero desta vez do mundo da música.
Estamos a falar de Elvis Presley, considerado o rei do Rock´n´Roll!  🎶🎵🎸

MINI-BIOGRAFÍAS (Elvis Presley)

Elvis Aaron Presley naceu na cidade estadounidense de Tupelo (Mississippi) o 8 de xaneiro de 1935 de finou en Memphis (Tenesse) en 1977.

No parto naceron dous xemelgos , pero por desgracia só sobreviviu Elvis, convertíndose en fillo único. O neno vivía cos seus pais nunha casiña moi humilde e xa de moi novo contacta coa música gospel que escoitaba na igrexa. Máis adiante comezaría a escoitar música blues e country, o que influiría de maneira notoria no seu futuro estilo musical.

Comezou a ir á igrexa coa súa nai e a cantar no coro. Tamén aprendeu a tocar a guitarra de maneira autodidacta. Na escola de primaria destacaba polas súas dotes musicais.

Ao destacar musicalmente, o pequeno Elvis anímase a participar en distintos concursos musicais para nenos/as e incluso aos 10 anos canta nun programa de radio.

Aos 13 anos, múdase coa súa familia a Memphis, onde estuda a secundaria. Nesta época segue a escoitar moita música e a practicar coa súa guitarra. A súa actitude rebelde empézase a notar no instituto coa súa maneira de vestir, no seu peiteado con gomina e tupé e unha actitude "chulesca". Aínda así, Elvis sempre diría que nunca foi un rapaz popular nos seus anos mozos.

Ao rematar a secundaria, con 18 anos, comeza a traballar de camioneiro. A súa pasión pola música non disminúe e segue a practicar coma un hobby. 

Un día pagou 4$ por grabar dúas cancións nun estudio. Dícese que o fixo como agasallo de cumpreanos da súa nai, pero hai xente que di que o fixo para intentar chamar a atención do dono da discográfica.

Fora como fora, dito estudo e discográfica era Sun Records e o seu propietario, Sam Phillips. Phillips era un cazatalentos que convertiu o seu estudo musical nunha das discográficas máis populares da época por descubrir e traballar cos artistas máis destacados do comezo do R´n´R: Johnny Cash, Jerry Lee Lewis, Carl Perkins ou Roy Orbison.

Desta maneira, Sam Phillips fixouse nun xovencísimo Elvis e decidiu apostar por el. 
En 1954, Presley xa estaba grabando música e dando pequenos concertos pola zona de Memphis.
Pronto comezou a ter éxito e acadar unha gran cantidade de fans, polo seu único estilo musical, a súa fantástica voz, a súa enérxica maneira de bailar e o seu éxito entre as rapazas.

Aos 20 anos, Elvis Presley abandona Sun Records para firmar un gran contrato coa multinacional RCA Records. Coa axuda desta discográfica e o seu mánager, Elvis acada en 1954 o seu primeiro Nº1 nas listas musicais coa canción "Heartbreak Hotel".

Co éxito, o artista comeza a participar en películas e programas de televisión, o que fai que a súa fama aumente considerablemente.

Deste xeito, Elvis gaña unha gran cantidade de cartos e en 1957 compra unha mansión en Memphis que a bautiza co nome de "Graceland". Hoxe en día é un lugar moi visitado polos fans do artista ao tratarse dunha casa-museo.

No medio do seu ascenso artístico, tivo que facer unha pausa, xa que lle tocaba facer o servicio militar obrigatorio, viaxando a Alemania por un tempo de ano e medio. Nesta época ocorren dúas cousas que marcarán a vida do noso protagonista. Por unha banda morre a súa querida nai e por outra, coñece á que sería a súa futura muller, Priscilla.

En 1960, Elvis reanuda a súa carreira artística centrándose sobre todo no cine como actor e cantando as bandas sonoras das súas películas. Dos seus films destacan "G.I.Blues", "Girls, Girls, Girls" ou "Viva as Vegas".

A medida que crecía o seu éxito, a vida privada de Elvis complicabase cada vez máis. O seu mánager, o coronel Parker, era moi estrito e gastaba unha gran cantidade de cartos que fixo que Elvis tivera complicacións coa xustiza durante anos. Tamén tivo problemas amorosos coa súa muller Priscilla ao longo dos anos.

Polas dificultades persoais que atravesaba e os cambios culturais, Elvis foi perdendo popularidade pouco a pouco, ata que regresou por todo o alto cun especial televisivo titulado "´68 Comeback Special", que foi todo un éxito de crítica e público.

Durante a década dos ´70 seguiron os seus problemas persoais e de saúde. Acabaría por divorciarse de Pricilla en 1973, perdendo a custodia da súa filla Lisa-Marie.

A pesar do seu rápido deterioro físico, Elvis Presley segue a conservar intacta a súa voz e goza dun gran éxito nas súas actuacións ao longo do país, destacando os seus shows das Vegas.

Finalmente, morre de súpeto, o 16 de agosto de 1977, aos 42 anos, no seu fogar de "Graceland" e por un paro cardiaco debido posiblemente a unha gran cantidade inxesta de medicamentos ao longo do tempo.

Na carreira de Elvis Presley hai 3 etapas diferenciadas coincidindo coas décadas dos ´50, ´60 e ´70.
A min gústanme todas!
É o que ten ser fan do rei do Rock`n`Roll!! 😎

Déixovos vídeos de Elvis Presley de cada época. 👀👇
Que o disfrutedes! 😉🎶🎵



Amelia Hart (Amparo)

Segue a saga de mulleres destacadas e que non foron o suficientemente recoñecidas.

Amparo fálanos de Amelia Hart, unha muller moi valente e pioneira no ámbito da aviación. ✈

Escoitade que interesante foi a súa historia. 👍😀




Enquisa para familias

Bos días!

Deixo unha nota importante que comparte o equipo directivo na web do centro. 📊👀👇

IMPORTANTE: ENQUISA PARA FAMILIAS



24/03/2020 20:35
Europe/Madrid

Estimadas familias, 
Somos conscientes do esforzo que estades a facer por que os vosos fillos e fillas poidan continuar na medida do posible cunha pequena rutina diaria de traballo escolar, e tamén estamos preocupados por coñecer as vosas circunstancias e as posibilidades que tedes en cada fogar de seguir as indicacións que vos imos mandando. 
Coa colaboración do Concello da Baña, estamos traballando para que ningún neno ou nena do noso cole quede desantendido nese sentido. Por iso e por adaptar o mellor posible as tarefas que enviamos aos vosos recursos na casa, precisamos que nos respondades a esta enquisa. 
So tedes que clicar no enlace e responder a unhas poucas preguntas que nos servirán de orientación para organizar o traballo das próximas semanas. 
Moitas grazas pola vosa colaboración:
Moitas grazas,

martes, 24 de marzo de 2020

Traballo específico de galego

Boas tardes estimadas familias e alumnado:

Para esta primeira quincena sei que non especifiquei o traballo do Tema 8 de Galego.
O problema é que non teño o libro de texto na casa e tiven problemas para conseguir o libro dixital.

Por fin solucionei o problema, polo que podo especificar os exercicios que me interesa que fagades desta unidade.

Todo aquel ou aquela que xa os traballara ou fixera máis dos indicados, non pasa nada, traballo que tedes feito.

TRABALLO TEMA 8 DE GALEGO

✔ Lectura da unidade.

✔ Páx. 124: ex. 1, 2, 3, 4, 5 (este último non fai falta copiar a sopa de letras, tan só escribir as palabras encontradas).
✔ Páx. 125: ex. 6

✔ Páx. 126: ex. 1 e 2
✔ Páx. 127: Copiar o recadro azul na libreta; ex. 3, 4, 5, 6.

✔ Páx. 128: Copiar recadro azul na libreta; ex. 1 (non fai falta facer o punto de abaixo).
✔ Páx. 129: Copiar recadro azul na libreta; ex. 2 e 3 (facelo xa directamente correxido).

✔ Páx. 130: Copiar recadro azul na libreta; ex. 1 e 3.
✔ Páx. 131: ex. 5 (é pasar ao feminino basicamente); ditado.

✔ Páx. 133: Copiar cadro azul na libreta.

👉 Os exercicios de repaso deixarémolo para a próxima quincena, polo que teredes eses vindeiros quince días tamén para ir rematando o tema con tempo.

👉 Estas indicacións estarán tamén na web do centro, no apartado de 5º EP.

👉 O xoves proporcionarei os resultados dos exercicios indicados de todas as materias para que vaiades comparando e correxindo.
Insisto en que tamén serán correxidos na clase e explicados por min.

Gracias polo voso traballo e paciencia.
                             

Traballo de inglés (23-27 marzo)

Comparto o traballo de Inglés que indicou Ivette na páxina web do centro.

Un saúdo e ánimo!

5º Primaria- Inglés 23-27 marzo



24/03/2020 12:27
Europe/Madrid
Good morning,
Espero que a semana pasada vos gustaran as actividades. Esta semana será un pouco máis monotona pois, tras os projects, debemos comezar tema novo PAST TIMES. Adentraremonos no pasado simple dos verbos regulares. Para esta semana vou marcar as Pax 44 e 45 do PB e 44 e 45 do AB. Teñen moito traballo, así que non o fagades todo dunha tirada.
No PB44 debedes, como sempre, copiar o vocabulario na libreta, tras poñer a data e o título do novo tema, todo eso a negro.
Na PB 45  hai un texto longo con vocabulario para  buscar no diccionario e apuntar na libreta, e facer os exercicios de debaixo de comprensión lectora.
Nas paxinas do AB o único que non podedes facer é o exercicio 6, xa encontrarei a maneira, de momento, facedes o resto, lendo ben os enunciados.
Mañá mandarei algún exercicio de escoita, e o venres Hora de Ler.
Un abrazo e moito ánimo


Zapato (LSE)

Despois de coñecer a Tareixa e aprender con ela o abecedario en Lingua de Signos, aquí temos un sinxelo conto ou canción  titulado Zapato para nenos/as de infantil que nos ven moi ben para practicar a signar.

Practicade que pouco a pouco irá saíndo! 😉

India en Plástica

Seguimos traballando en coordinación coa profe de inglés na materia de Plástica e desta vez traballamos un novo país, a India. 👳

Para iso, baseámonos en diferentes modelos de retratos e outros cadros do artista indio Jamini Roi con música de fondo para inspirarnos. 😜🎶🎵

Aquí tedes os resultados. 👇🎨













A Baña solidaria

Bos días! 👋😉

Comezamos a mañá cunha marabillosa nova! 👏👏👏😊

Veciñas da Baña están a confeccionar mascarillas para os habitantes do concello e así poder realizar actividades dunha maneira máis segura.

Aquí tedes o enlace da nova que partillou o noso centro educativo nas redes sociais. 👀👇

https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=634856200641535&id=449422512518239&__xts__[0]=68.ARAjLrAtePM6_yHE4f6FGp6rjFHiIVz6JPuUU6fgNq-7C1iDkfrIQL9NJHVaBP8I_JWE2WJgV5eStkq72NjMi1O02uWcrddAu9ugElynlInSHoz5RR8oLd8MIZ1Sgt1FlMolAPN1yX2UV_dVDjJysor2TsGiQZPc8jJBTuUR0LPXJPZW59WJfgboJpMM8Fxop89n0vlxS1p7Q_kzMNjpPTV2LGEiFskO_IDLx_W9I_78fEjVjCuRI-M4rUA88UL1OqkRkDREG4itaAABqqTYkPEZAgjwdm_I4XJed8BBN9L0CTnUtqogWBe19mmvYb2-cKDAxxPOnqZ4JwaYGPaPqtQ&__tn__=-R


lunes, 23 de marzo de 2020

Aviso importante!

Estimadas familas:

👉 Dende o centro educativo e a miña titoría, pedimos que as familias contactedes comigo por medio do correo electrónico para ter coñecemento de que todo o alumnado está sendo informado sobre as tarefas e actividades a realizar durante este período de confinamento.

Este contacto é para evitar que certo alumnado quede desconectado/desinformado e por conseguinte, atrasado no proceso educativo.

Por iso, agradecería que me enviedes un e-mail para contactar comigo e así saber que todos e todas estades a recibir a información de actividades a realizar neste período de confinamento.
(O aviso tamén pode ser nos comentarios desta entrada, se non tedes correo, pero si vedes o blog)

Revisando o XADE esta mañá, moitas familias non cubriron a xanela do correo electrónico como contacto, o que dificulta a comunicación.
Rogo que as familias que teñades correo electrónico me enviedes un saúdo dicindo que estades a recibir información das actividades propostas para esta primeira quincena no blog ou na páxina web do centro e que o alumno/a está a traballar.

Toda aquela familia da que non teña noticias nos seguintes dous días será contactada polo equipo directivo a finais desta semana para coñecer a súa situación e intentar resolver, se fora preciso, calquera incidencia que estea dificultando o traballo do alumnado.

👉 Así mesmo, quérovos informar de o Concello da Baña ofrécese a facer reparto de libros e outros materiais a todo o alumnado, que lle indiquemos dende o centro, nos seus domicilios.
Neste sentido, penso nos libros de Sociais ou os blocks de debuxo que quedaron na aula, así como outros posibles libros de texto que quedaron esquecidos.

Recalco que non é obrigatorio pola miña parte recoller material, xa que non está ao alcance de todos pola cuestión anteriormente exposta.

Se hai familias que están interesadas en que se lle envíen libros de texto ou os blocks de debuxo decídemo no mesmo correo electrónico no que me corraboredes que estades en contacto comigo.

Comparto a información que tamén está na páxina web do centro. 👀👇

AVISO A FAMILIAS: REPARTO DE LIBROS DE TEXTO NOS FOGARES


23/03/2020 13:35
Europe/Madrid
Estimadas familias, 
En estreita colaboración co Concello da Baña, comeza hoxe o reparto dos libros de texto do alumnado de Educación Primaria, coa idea de que, dado que este confinamento está a prolongarse, poidamos continuar co proceso de aprendizaxe do xeito máis doado posible para todos. 
Se non estades seguros de que contemos coa vosa dirección correcta ou se queredes consultarnos algo, estamos no colexio todos os días de 10:00 a 13:00. 
tfs. 881867001, 881867004
Unha aperta e moita saúde a todos.
A dirección e o equipo educativo do CPI de San Vicente.

👉 Por último, quero insistir en que as actividades a facer na casa son obrigatorias, pero NON AVALIABLES, polo que suxiro que cada neno/a vaia traballando ao ritmo/situación/característica de cada familia.
Todos os exercicios serán correxidos e explicados na volta ás aulas, para que ninguén quede atrás.

Esta semana remataremos os exercicios marcados para esta primeira quincena.
A finais da mesma, compartirei as respostas que proporcionan os libros de texto (avanzo que son moi escuetas; por iso, non vos preocupedes porque serán correxidas e explicadas na clase).

O próximo luns 30, indicarei (no blog e na web do centro) o traballo para a segunda quincena.
Mentres, para as familias que queiran complementar as tarefas indicadas, seguirei compartindo enlaces educativos de interese e outras actividades no blog.
Gracias aos que estades a participar nalgunhas delas! 👏👏👏😊

Por favor, que as tarefas non sexan un motivo de preocupación máis do necesario.
Bastante complicada é esta situación como para estresarse coa escola.
Que cada familia traballe segundo as súas circunstancias e características.
O importante é que cada neno/a traballe diariamente un tempo. Para iso, destaco seguir un horario/rutina cada día. 📅📌

Os alumnos/as deben facer caso aos maiores, traballar, portarse ben e axudar na casa.
Pais e nais facilitaranme esa información e...vai para nota! 😜

Para calquera dúbida contactade comigo por correo electrónico.

aleixo.gutierrez@edu.xunta.es

Saúdos, saúde e ánimo! 💪😉


Atlas (Esteban)

Esta quincena, como tarefa de Sociais, tiñamos que repasar mapas ou atlas de Galicia e España.

Pois ben, o noso compañeiro Esteban estréase no blog comentando un atlas do máis interesante.
Encantounos o libro e está sendo un dos máis consultados na nosa biblioteca de aula. 👌

Eu xa o teño na miña lista de próximas compras! 😉📚