viernes, 30 de octubre de 2020

Samaín e Magosto

Outro Samaín que festexamos na escola! 🎃

E ademais unida ao Magosto, polo que ben podemos dicir que hoxe festexamos o Samagosto! 😉🎃🌰

Para iso, ao longo da semana fixemos moitas actividades relacionadas con esta terrorífica época do ano para pasalo de medo! Decoramos as aulas, contamos historias de medo, falamos de personaxes mitolóxicos galegos, decoramos cabazas en Plástica, vimos curtametraxes e videoclips musicais e gozamos dunha película... E aínda queda o I Certame de microrrelatos de medo

🎥🎶🎵🎃🎨😱

Hoxe festexámolo ao grande con disfraces, castañas e... música tradicional coa que nenas como Aitana ou Laura Buj se animaron a bailar! 👏👏👏

Bravo polos gaiteiros e gaiteiras Pablo, Sandra, Álvaro e Olivia, que o fixeron xenial acompañados polo seu profesor Emilio. 👌😊🎶🎵

Mostramos algunhas imaxes e un vídeo do día de hoxe. 👍😉

Gozade desta fin de semana e pasádeo de medo!! 😘















jueves, 29 de octubre de 2020

Historias para non durmir (Olivia)

Ains... canto queremos as nosas nais, verdade? 

Pois coidado con elas! Porque segundo a historia da nosa compañeira Olivia poden ser... mellor escoitemos o seu relato titulado Mamá.

🎃💀👩😱

Historias para non durmir (Anna)

Tremenda a historia de pantasmas que nos contou Anna! 🎃👻

Serían as nosas xemelgas favoritas, Paula e Pilar, as protagonistas desta historia? Esperemos que nooooon! 😱👭

👉 Tremendas as sombras no rostro de Anna! Parece o mesmo diaño!! 👿😄

Historias para non durmir (Amparo)

A nosa compañeira Amparo conta un relato de criaturas estrañas e sombras misteriosas... 

🎃👻💀

Historias para non durmir (Antía)

Continuamos coas nosas historias de medo! 🎃

A quenda é da nosa compañeira Antía, que se tomou ao pé da letra iso dos microrrelatos. 😅

miércoles, 28 de octubre de 2020

Historias para non durmir (Laura)

Nunca uns zapatos vermellos deron tanto medo... 🎃👠👠🎃

Laura conta a historia dos zapatos dunha nena chamada Antía... Tratarase da nosa Antía?? 😱

Historias para non durmir (Sandra)

Temos tantos relatos que contar, que imos ter que compartir varias historias cada día!

O segundo relato cóntanolo Sandra, inspirado nas lendas galegas sobre o mal do aire! 

🎃👻👺💀

Historias para non durmir (Pilar)

Acércase o Samaín e, entre outras actividades, contamos na clase historias de medo ao redor dunha candea e rodeados de cabazas. 👻💀👹🎃

Ao longo destes días compartiremos historias terroríficas que os nenos e nenas coñecen ou inventan.

Seremos capaces de durmir estes días?... 😱

Comeza esta terrorífica e espantosa sección a nosa compañeira Pilar!

👉 Recomendamos subir o volume a tope... 📢😅

martes, 27 de octubre de 2020

Gobolino, o gato embruxado

Novo conto para traballar esta semana na aula virtual titulado Gobolino, o gato embruxado.

Esta historia ven xenial para a época na que estamos, Samaín. 😺🔮🎃

Espero que vos guste! 😉

lunes, 26 de octubre de 2020

Música-Samaín

Esta semana acércase o Samaín e non podiamos escoitar outra música que a relacionada con esta época do ano. E para iso, imos escoitar cancións de distintos artistas.

Aquí van algúns exemplos! 🎃🎶🎵💀🎵🎶👹🎶🎵👻🎶🎵

sábado, 24 de octubre de 2020

Bestiario-Samaín

Bos días a todos e a todas!

Como falamos na clase, aquí tedes unha mostra dalgúns seres mitolóxicos relacionados coas lendas galegas e o Samaín, por se vos interesa coñecelos ou incluso utilizalos para as vosas terroríficas historias de medo que para a vindeira semana contaremos e escribiremos. 

😱👻💀👹👺🎃

Que as ánimas da inspiración vos visiten e vos axuden a crear os vosos terroríficos relatos!  😉🎃

viernes, 23 de octubre de 2020

O traxe novo do emperador

Na clase de 6ºB imos comezar a facer unhas actividades na aula virtual para saber manexarnos mellor nela.

Así, semanalmente imos traballar a comprensión lectora por medio de contacontos. Ademais, pensamos que estaría ben mostrar no blog os contos que imos traballando para que todos e todas os coñezades e disfrutedes.

Comezamos coa historia titulada O traxe novo do emperador

Espero que vos guste e que teñades unha moi boa fin de semana! 😘

 

👉 Mañá compartiremos varios personaxes pertencentes á cultura e lenda galega para que vos inspiredes na creación das vosas historias de terror: Orcavella, Raposa do aire, Nubeiro, Coca, Maruxaina... e moitos máis! 

jueves, 22 de octubre de 2020

Robótica (Amparo)

Menuda sorpresa nos deu Amparo cando apareceu na clase cun vehículo robotizado!

O xoves intentamos activalo por medio dunha aplicación do móbil e o bluetooth, pero non houbo sorte. Lonxe de desistir, o venres, no recreo do comedor, volvimos intentalo. Houbo moita expectación, xa que estaban os nenos e nenas de 6º e 5º a ver o que ocorría... Finalmete Amparo conseguiu que se activase!

E aí estivo un anaquiño manipulando o meu móbil para dirixir o coche-robot! 👍😄

Esta semana tíñamolo que gravar para mostralo no blog e aquí o tedes! 👇👀

Desta vez o profe Roi deixounos o seu móbil para manexar a aplicación, mentres eu gravaba co meu. Incluso gravamos un vídeo dende a perspectiva do robot! 😁

Gracias Amparo por acercarnos o mundo da robótica á nosa clase! 👌😉

 

Amparo manexando o vehículo robotizado

Os nenos/as mostran curiosidade polo robot

Xogando co robot!

O profe Roi tamén quixo manexar o robot

miércoles, 21 de octubre de 2020

Parabéns Iago! (Hugo)

Hoxe é o cumpreanos de Iago, o irmán menor do noso compañeiro Hugo!

Como agasaio-sorpresa, Hugo quixo felicitalo polo noso blog. 😍

Moitos parabéns Iago! 🎉🎊🎁🎂💝

martes, 20 de octubre de 2020

Xogos (Aroa)

A nosa compañeira Aroa quixo compartir con nós varios xogos que comprou nunha tenda e que recomenda para que maiores e pequenos pasen un bo rato.

Escoitemos a súa explicación. 👍😉

lunes, 19 de octubre de 2020

Beethoven

Ludwig Van Beethoven foi un dos músicos clásicos máis importantes da historia da música, xunto con artistas como Mozart ou Bach.

Naceu na cidade alemá de Bonn en 1770 e finou en Viena (Austria) no ano 1827. Foi pianista, compositor e director de orquestra. O compositor máis importante no paso do Clasicismo ao Romanticismo na música clásica e influenciou a xeracións enteiras de músicos.

Expresou a súa música por medio de varios xéneros, compoñendo sonatas para piano, música de cámara, movementos para violín, música sacra e misas e especialmente son famosas as súas nove sinfonías.

A súa carreira musical comezou ben novo, coma Mozart, xa que tiña un gran don musical. Co tempo comezou ter un gran éxito en Alemaña e Austria. Pero xunto co éxito, Beethoven tivo que convivir con outros problemas, tanto económicos como de saúde. Isto repercutiu no seu carácter e gañouse unha fama tremenda de persoa huraña, huidiza e malencarada. Especialmente grave para o seu traballo foi unha incipiente sordeira que acabaría por deprimir ao artista. Ao final da súa carreira Beethoven apenas podía oír e comunicabase cun caderno. Nos seus concertos tocábanlle no hombro para saber que o público estaba aplaudindo. Aínda así, non se deixou vencer polas complicadas circunstancias e seguiu compoñendo música.

Tras sufrir varias doenzas, morre na súa casa rodeado de familiares e amigos en 1827, deixando un dos legados musicais máis importantes e que hoxe en día non se deixan de representar en todo o mundo.

Neste 2020 celébrase o seu 250º aniversario do seu nacemento, polo que non será raro que vexades artigos periodísticos, libros e concertos sobre a súa persoa.

Déixovos como exemplo este 👉 artigo sobre Beethoven 👈

Aquí tedes un par de vídeos sobre a súa vida e marabillosa música.

viernes, 16 de octubre de 2020

Poetas

Durante estas semanas introducímonos no tratamento de poemas e traballamos biografías de poetas como Rafael Alberti e Antonio Machado.

Pronto mostraremos algúns traballos e presentacións en vídeo! 👍😉

Mentres, expuxemos no noso rincón de lectura estas breves biografías de tres dos máis importantes poetas do noso país: Federico García Lorca, Rafael Alberti e Antonio Machado.

Gracias pola túa colaboración Olivia!





jueves, 15 de octubre de 2020

Churros (Anna)

Este curso comezamos fortes coas receitas, pois aquí temos outra suxerencia culinaria.

A nosa compañeira Anna comparte no noso blog unha das súas especialidades, churros! 😋

Ola a todos e a todas! Son Anna e aquí tedes a receita para facer churros na casa.

Ingredintes:

150ml de auga 

20g de azucre 

40g de manteiga

110g de fariña 

2 ovos 

Preparación:

Nun cazo pequeno botamos a auga, o azucre e a manteiga.

Nun hornillo, deixar ferver a mestura. Cando ferva, botar a fariña.

Cando a fariña este ben integrada, sacar do cazo e pasar a un bol. Deixar reposar 10 minutos e cando pasen os 10 minutos, botar un ovo e mesturar ata que esté ben integrado. Despois repetimos o mesmo proceso co seguinte ovo.

Botar a mestura nunha manga pasteleira coa boquilla axeitada á forma dos churros. 

CONSELLO: Cando comecemos botar a mestura para fritir, poñer debaixo do churro un trozo de papel para fornos. 😉

Agora si, a fritir e... listo! 

A DISFRUTAR!!! 👍😄

Anna

Churros caseiros, que pintaza! 😋

miércoles, 14 de octubre de 2020

A creación do Universo (Amparo)

A nosa compañeira Amparo estréase este curso no blog contándonos a creación do Universo segundo a mitoloxía grega.

Encántanos escoitar estas historias Amparo! 👌😊

martes, 13 de octubre de 2020

David Bowie

Novo artista para esta semana!

Desta vez falamos de David Bowie, cantante inglés que destacou na década dos '70 por liderar unha tendencia musical denominada Glam Rock (estilo de rock cunha estética influenciada pola roupa feminina, cores chamativas, maquillaxe, plataformas no calzado...).

Bowie naceu nunha pequena vila chamada Bromley, no condado de Kent, que pertence a gran cidade de Londres. Despois de probar con varias bandas locais, pronto se decidiu a probar sorte en solitario. Despois de varios discos nos '60, o artista cambiou de look e creou o seu alter-ego, Ziggy Stardust, co que acadou un gran éxito a nivel mundial con cancións como Space Oddity, Life on Mars, Starman, Heroes...

Foi uns dos artistas máis destacados e influíntes da historia do rock. A súa música e estética mudou de estilo moitas veces, polo que se lle comezou a coñecer como o camaleón do rock. Os estilos que tocou foron folk, rock'n'roll, glam rock, pop, música electrónica... mostrando unha gran facilidade para reinventarse e innovar.

Ademais de ser cantante e compositor, Bowie tamén destacou como produtor musical, artista plástico e como actor en películas como Dentro do laberinto ou O home que veu das estrelas.

Como curiosidade, a xente pensa que os seus ollos son de diferente cor, pero non é así. En realidade, David Bowie tivo unha pelexa na escola sufrindo unha lesión nun ollo. Dita lesión produciulle unha dilatación permanente da súa pupila, polo que ten unha máis grande ca outra, o que fai que pareza que teña os ollos de diferente cor.

Aquí vos deixo varios vídeos do artista en diferentes épocas da súa carreira.

Espero que vos guste! 🎶🎵🎷🎸🎹🎶🎵

viernes, 9 de octubre de 2020

Coreografía no patio

Ola a todos e a todas!

Este ano parece que a ximnasia está de moda no patio do cole.

Algunhas das rapazas de 6º non paran de facer o pino, a roda, a ponte... e non sei cantos trucos máis. Incluso prepararon unha breve coreografía, que por suposto, tiñamos que gravar para o blog. 😁

Boa fin de semana e gozade da ponte! 😘

jueves, 8 de octubre de 2020

Red velvet (Olivia)

Sorprendinme cando a nosa compañeira Olivia comentou na clase que sabía facer unha receita dunha tarta de chocolate de cor rosa, chamada Red Velvet. 😲😅🍰

En canto mo dixo pensei en que iso tiña que velo... e aquí a temos! 

Receita escrita por Olivia e unha fotografía para, polo menos, degustala visualmente.

Ola! Son Olivia e vouvos explicar unha receita deliciosa. 😋👌

Ingredintes:

120 ml de aceite

2 ovos

300 g de fariña

320 g de azucre

2 cucharadiñas de cacao

250 ml de leite

1 cucharadiña de bicarbonato

2 cucharadiñas de vinagre branco

3 cucharadiñas de vainilla en pasta

1 cucharadiña de colorante vermello en pasta

Preparación:

Precalentar o forno a 180 grados. 

Prepara un molde engrasándoo un pouco con manteiga. 

Nunha cunca, bate o aceite xunto co azucre e os ovos, ata que se integre todo. Incorpora, sen deixar de bater, a fariña e o cacao previamente tamizados, alternándoos co leite ata que colla unha cor umiforme.

Verte a masa no molde e fornea durante 25 ou 30 minutos. Pasado o tempo, retira o molde do forno, desmolda e deixa enfriar o biscoito sobre unha rexilla. 

Espero que vos guste! 😁

Olivia

Olivia mostrando a súa tarta rosa!
MmmmMMmmm... 😋

miércoles, 7 de octubre de 2020

Animais (Sandra)

A nosa compañeira Sandra fixo varios traballos de animais durante o confinamento e quixo compartilo con todos nós no noso blog.

Vexamos o seu vídeo e aprendamos un pouquiño máis sobre diferentes animais. 🐊🐞🐈🐋

 

Mostramos unhas imaxes dos animais que Sandra comenta.

Morcego raposo

Crocodilo

Escarabello xoia

martes, 6 de octubre de 2020

Clases ao aire libre

Coa nova e complicada situación, a Administración aconsella estar ao aire libre o máis tempo posible.

Deben pensar que aquí en Galicia estamos nun contínuo verán caribeño, pero a comezos de curso, igual podemos aproveitar algún que outro día...

Na primeira semana puidemos ler algunhas redaccións no patio e esperamos facer algunha que outra hora de lectura no exterior (penso máis coa chegada da primavera e último tramo do curso...).





lunes, 5 de octubre de 2020

Otis Redding

Esta mañá propuxen na clase comezar cada día con música! 😁🎶🎵

Por que? Pois xa que temos que entrar na aula e esperar a que todos/as cheguen para desinfectar mesas e cadeiras, máis botar o xel hidroalcohólico, queremos que a espera e o proceso sexa un pouco máis ameno antes de comezar a clase.

Así que decidín poñer música ao comezo da mañá e xa de paso coñecer artistas de diferentes estilos musicais. Un/Unha cada semana! E para coñecer aos artistas mellor, faremos unha entrada semanal no blog cunha breve biografía e vídeos musicais.

Trátase de gozar de distintos tipos de música e coñecer varios/as artistas! 

Hoxe chegamos á aula ao ritmo de Otis Redding, un artista afroamericano considerado como o Rei do Soul. O soul é un estilo musical con moito ritmo e con influencias do blues, jazz, gospel e rock'n'roll. Otis Redding destacou no seu estilo e tivo moito éxito coa súa discográfica Stax, especializada en música soul. A súa voz destacaba polo seu tono orixinal e delicadeza para transmitir emocións. 

Morreu con tan só 26 anos en 1967 nun accidente de aviación e aínda que gozou de éxito na década dos '60, o seu maior hit foi póstumo, coa canción Sittin' on the dock of the bay.

Espero que vos guste! 🎶🎵🎤😉

viernes, 2 de octubre de 2020

Wonder

O prometido é débeda!

Despois de ler o libro de Wonder, tivemos unha sesión de cine para ver a súa versión cinematográfica. 🎥🎬

Deste xeito, unha vez superado un problema técnico que nos obrigou a cambiar de espacio, gozamos da película cunhas boas racións de palomitas, patacas fritidas ou similares, chuches e máis a merenda correspondente. 

Gustouvos? Que preferides, o libro ou a peli? Ou ámbalas dúas? 😏

jueves, 1 de octubre de 2020

Parabéns Ana!

Hoxe reanudamos o blog por partida dobre, xa que é o cumpreanos da nosa compañeira e amiga Ana e non queriamos deixar pasar a oportunidade de felicitala no blog. 👏👏👏😊

Moitos parabéns Ana! 🎉🎊🎁🎂😉

Esperamos que gozaras do teu día!

Moitos bicos e vémonos mañá no cole! 😘

Parabéns Ana! 😘🎂

Gracias!

Non podiamos comezar o noso blog SumAndo Sen Restar neste curso 2020-2021 doutra maneira...

Polo voso esforzo, paciencia e colaboración: GRACIAS! 💖