lunes, 5 de octubre de 2020

Otis Redding

Esta mañá propuxen na clase comezar cada día con música! 😁🎶🎵

Por que? Pois xa que temos que entrar na aula e esperar a que todos/as cheguen para desinfectar mesas e cadeiras, máis botar o xel hidroalcohólico, queremos que a espera e o proceso sexa un pouco máis ameno antes de comezar a clase.

Así que decidín poñer música ao comezo da mañá e xa de paso coñecer artistas de diferentes estilos musicais. Un/Unha cada semana! E para coñecer aos artistas mellor, faremos unha entrada semanal no blog cunha breve biografía e vídeos musicais.

Trátase de gozar de distintos tipos de música e coñecer varios/as artistas! 

Hoxe chegamos á aula ao ritmo de Otis Redding, un artista afroamericano considerado como o Rei do Soul. O soul é un estilo musical con moito ritmo e con influencias do blues, jazz, gospel e rock'n'roll. Otis Redding destacou no seu estilo e tivo moito éxito coa súa discográfica Stax, especializada en música soul. A súa voz destacaba polo seu tono orixinal e delicadeza para transmitir emocións. 

Morreu con tan só 26 anos en 1967 nun accidente de aviación e aínda que gozou de éxito na década dos '60, o seu maior hit foi póstumo, coa canción Sittin' on the dock of the bay.

Espero que vos guste! 🎶🎵🎤😉

2 comentarios:

  1. Ola Aleixo que Chula a musica✌️👍👍🤸‍♂️

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Esteban!
      Mola, verdade?
      Mañá traballaremos en Plástica ao ritmo de Otis Redding!
      😉🎨🖌️🖍️🎶🎵

      Eliminar