lunes, 19 de octubre de 2020

Beethoven

Ludwig Van Beethoven foi un dos músicos clásicos máis importantes da historia da música, xunto con artistas como Mozart ou Bach.

Naceu na cidade alemá de Bonn en 1770 e finou en Viena (Austria) no ano 1827. Foi pianista, compositor e director de orquestra. O compositor máis importante no paso do Clasicismo ao Romanticismo na música clásica e influenciou a xeracións enteiras de músicos.

Expresou a súa música por medio de varios xéneros, compoñendo sonatas para piano, música de cámara, movementos para violín, música sacra e misas e especialmente son famosas as súas nove sinfonías.

A súa carreira musical comezou ben novo, coma Mozart, xa que tiña un gran don musical. Co tempo comezou ter un gran éxito en Alemaña e Austria. Pero xunto co éxito, Beethoven tivo que convivir con outros problemas, tanto económicos como de saúde. Isto repercutiu no seu carácter e gañouse unha fama tremenda de persoa huraña, huidiza e malencarada. Especialmente grave para o seu traballo foi unha incipiente sordeira que acabaría por deprimir ao artista. Ao final da súa carreira Beethoven apenas podía oír e comunicabase cun caderno. Nos seus concertos tocábanlle no hombro para saber que o público estaba aplaudindo. Aínda así, non se deixou vencer polas complicadas circunstancias e seguiu compoñendo música.

Tras sufrir varias doenzas, morre na súa casa rodeado de familiares e amigos en 1827, deixando un dos legados musicais máis importantes e que hoxe en día non se deixan de representar en todo o mundo.

Neste 2020 celébrase o seu 250º aniversario do seu nacemento, polo que non será raro que vexades artigos periodísticos, libros e concertos sobre a súa persoa.

Déixovos como exemplo este 👉 artigo sobre Beethoven 👈

Aquí tedes un par de vídeos sobre a súa vida e marabillosa música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario