martes, 13 de octubre de 2020

David Bowie

Novo artista para esta semana!

Desta vez falamos de David Bowie, cantante inglés que destacou na década dos '70 por liderar unha tendencia musical denominada Glam Rock (estilo de rock cunha estética influenciada pola roupa feminina, cores chamativas, maquillaxe, plataformas no calzado...).

Bowie naceu nunha pequena vila chamada Bromley, no condado de Kent, que pertence a gran cidade de Londres. Despois de probar con varias bandas locais, pronto se decidiu a probar sorte en solitario. Despois de varios discos nos '60, o artista cambiou de look e creou o seu alter-ego, Ziggy Stardust, co que acadou un gran éxito a nivel mundial con cancións como Space Oddity, Life on Mars, Starman, Heroes...

Foi uns dos artistas máis destacados e influíntes da historia do rock. A súa música e estética mudou de estilo moitas veces, polo que se lle comezou a coñecer como o camaleón do rock. Os estilos que tocou foron folk, rock'n'roll, glam rock, pop, música electrónica... mostrando unha gran facilidade para reinventarse e innovar.

Ademais de ser cantante e compositor, Bowie tamén destacou como produtor musical, artista plástico e como actor en películas como Dentro do laberinto ou O home que veu das estrelas.

Como curiosidade, a xente pensa que os seus ollos son de diferente cor, pero non é así. En realidade, David Bowie tivo unha pelexa na escola sufrindo unha lesión nun ollo. Dita lesión produciulle unha dilatación permanente da súa pupila, polo que ten unha máis grande ca outra, o que fai que pareza que teña os ollos de diferente cor.

Aquí vos deixo varios vídeos do artista en diferentes épocas da súa carreira.

Espero que vos guste! 🎶🎵🎷🎸🎹🎶🎵

No hay comentarios:

Publicar un comentario