jueves, 28 de febrero de 2019

Mandato do meco (venres)

O meco manda...


* A falta dunha nota para as familias, avísase por aquí de que se pode traer postres típicos de Entroido para merendar nas aulas despois do desfile. 👍😋

miércoles, 27 de febrero de 2019

martes, 26 de febrero de 2019

lunes, 25 de febrero de 2019

domingo, 24 de febrero de 2019

viernes, 22 de febrero de 2019

Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro (domingo) conmemórase o nacemento da escritora máis importante e recoñecida de Galicia, Rosalía de Castro.

Para celebralo, ao longo desta semana elaboramos un mural onde ilustramos diferentes introducións de poemas, máis unha pequena biografía (gracias pola vosa colaboración!).

Hoxe limos dito mural e comentamos o significado de cada poema.


























Tamén recortamos e plastificamos uns marcapáxinas recordando dita conmemoración.

A nosa compañeria Ana trouxo o calendario cultural de febreiro, o cal nos informou de que hai un concerto de poemarios de  Rosalía de Castro de balde mañá, sábado 23, ás 12.00h no centro sociocultural de Conxo.


























Ademais, algúns de vós trouxéchedes cousas relacionadas con Rosalía, como por exemplo Adrián que nos ensinou un audiolibro con poemas musicados da autora e que ten moito que ver co concerto do sábado, ou Mateo que nos trouxo unha bonita postal coa súa imaxe e que xa luce nunha das paredes da aula.


























Por último, recordar que días atrás, a nosa compañeira Lía trouxera uns recortes de xornal onde se adicaban varios artigos á figura de Rosalía de Castro.



























Unha vez máis, quero darvos as gracias polas vosas colaboracións e aportacións que fan que a nosa aprendizaxe sexa máis enriquecedora! 👍😊

jueves, 21 de febrero de 2019

Elaboramos tebeos propios!

Non só traemos e recomendamos libros doutros autores, en 4ºA tamén creamos e elaboramos os nosos propios materiais! Cancións, poemas, chistes e... tebeos!

Quero recordar que o ano pasado o noso compañeiro Sirius ensinounos un mini-tebeo feito por el mesmo (teño unha copia na miña colección de cómics) e sei que neste curso anda noutro proxecto coa súa compañeira Ana, pero diso falarán eles máis adiante... Hoxe tócalle á parella creativa Álex e Sergio, que andan a argallar algo polo estilo. Eles mesmos contan o seu proxecto.

"OS EXCELENTES DETECTIVES"

Esta historieta trata de tres "excelentes detectives".


O primeiro tebeo que fixemos, "A broma que se convirte nunha pesadilla", gustou moito á xente.

Vendemos moitos exemplares, a 1000 euros (de mentira) cada un! 😂

O cómic trata de dous ladróns que van a roubar un cadro dun museo de Galicia. Cando os ladróns entran no museo, os donos do museo chaman aos detectives!


Non vos vamos a contar máis porque senón xa sabedes de que vai a historia e non o comprades... 😜

Sergio e Álex






miércoles, 20 de febrero de 2019

Nelson Mandela

Se onte falábamos de Malala, esta vez foi Sirius quen trouxo un libro sobre Nelson Mandela. Outra gran persoa que acadou o Premio Nobel da Paz. Debemos coñecer a súa dura loita ao longo de toda a súa vida para acadar a igualdade entre negros e blancos no seu país, Sudáfrica. Recordade que foi un home que pasou de estar na cárcere durante 27 anos a ser o presidente do seu país!

Gracias Sirius por recordalo!


martes, 19 de febrero de 2019

Malala

Días atrás as nosas compañeiras Ainara, Sabela e Salomé leron parte da incrible hitoria de Malala, a rapaza máis nova en acadar o Premio Nobel da Paz.

Ademais, días anteriores xa o noso compañeiro Gorka trouxera a clase un  libro sobre ela. Canto podemos aprender dela os pequenos e maiores...

Non deixedes de ler a súa historia. Hai moitos libros adaptados aos pequenos sobre ela.

Grande Malala!





lunes, 18 de febrero de 2019

Clase de signos na biblioteca

A semana pasada o noso compañeiro Gorka, sabendo que comecei un curso de lingua de signos,  prestoume un enorme libro de iniciación (gracias Gorka!) e suxerín que o comprara a biblioteca do centro.


Así que, o pasado venres, antes de facer as lecturas na nosa hora de biblioteca, aproveitamos para repasar o abecedario en lingua de signos. Tamén mostramos aos demais como signamos o noso nome. Algúns aprenderon ese mesmo día e moitos outros xa o sabían.... e menuda velocidade á hora de utilizar mans e dedos! ☝👇👈✊👋👉👌👀


viernes, 15 de febrero de 2019

A maga Sabela

Estes nenos e nenas non paran de sorprenderme...

Xa non é suficiente que sexades unhos e unhas "cracks" no fútbol, baloncesto, na música, nas carreiras, no teatro, no judo, escritores e debuxantes, en lingua de signos... agora resulta que tamén sodes magos!

Que non nos cren na casa? Mirade! Mirade a maga Sabela en acción! 👀😜




jueves, 14 de febrero de 2019

Lecturas das que estamos a gozar

Días atrás os nosos compañeiros Álex e Lucas trouxeron a clase unhas lecturas que están a gozar.

Álex está a ler o tebeo no que nos baseamos para o disfraz deste ano e dou fe de que lle está a gustar!

Lucas mostrounos un libro dun personaxe ben coñecido, Gerónimo Stilton onde o protagosnista vive aventuras en diferentes épocas da Historia polo que podemos aprender moitas cousas.


miércoles, 13 de febrero de 2019

Técnica do salpicado en Arts!

Ao longo do mes de xaneiro, durante dúas sesións, traballamos con pinturas, auga e cepillos vellos para lanzar a "diestro e siniestro" manchas de pigmentos por todo o block, agás unha parte tapadiña para obter o debuxo desexado. Esta técnica para pintar coñécese como salpicado. Coincidindo co Día da Paz decidimos representar o símbolo que todos e todas coñecemos, pero ben podía ser outro.




Despois da roupa manchada, mesas salpicadas, vasos derramados...
Hoxe por fin vimos os resultados e... parece que non nos saiu nada mal!
Parabéns! 👌🎨



martes, 12 de febrero de 2019

Contos para nenos que soñan con cambiar o mundo

Despois de tanto tempo lendo e falando sobre o libro de "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes", Simón Casas trouxo a clase unha nova versión titulada "Cuentos para niños que sueñan con cambiar el mundo". Simón cóntanos un pouco de que vai e cales son as persoas que máis lle chamou a atención.

Hola! 

Son Simón Casas e gustaríame ensinarvos un libro moi interesante chamado "Cuentos para niños que sueñan con cambiar el mundo". Ten personaxes moi interesantes como por exemplo: Albert Einstein, Charles Darwin, Julio Verne, Leonardo Da Vinci, Beethoven, Nelson Mandela, Stephen Hawking...

Hai un personaxe que coñecimos para o Día da Paz, o autor da canción "Imagine", John Lennon. Tamén para os futbolistas sae a estrela do mundo Lionel Messi e para os corredores de carreiras aparece Usain Bolt.

Recoméndovos este libro a todos e a todas!

Simón Casas



lunes, 11 de febrero de 2019

Master-class de lingua de signos (2ª parte)

Esta tarde un pequeno grupo de mestres tivemos a nosa primeira clase de lingua de signos como formación. Durante a clase non puiden evitar pensar na master-class que nos deu o noso compañeiro Gorka e que aínda lle quedara algo no tinteiro...

Efectivamente, aquí temos publicada a segunda parte da master-class de lingua de signos impartida polo noso amigo Gorka, números e cores.

Eu persoalmente penso practicar con estes vídeos, van flipar as miñas compis o próximo luns! 😜


viernes, 8 de febrero de 2019

O rap de 4ºA

Fíxose de rogar, pero aquí temos por fin o novo "hit" que o vai petar en todas as discotecas!

A bailar que estamos de fin de semana! 😉🎶🎵

"Este ano estamos a pasalo xenial,
porque un blog estamos a traballar.

O libro de Wonder estamos lendo,
e por iso nós estamos aprendendo!

A clase de 4ºA é a mellor que hai...

Nós somos moi amigas
e por iso estamos tan unidas!"


jueves, 7 de febrero de 2019

Novo ano chino

Un par de días atrás falamos do novo ano chino e os seus signos representados por animais. Este ano correspóndelle ao símbolo do porco.


Así, investigamos que animal nos representa segundo o ano no que nacimos. Ao día seguinte todos e todas sabiades o animal que vos representa e incluso o dos membros da vosa familia.


A nosa compañeira Lía buscou información do voso signo-animal e compartiuno con todos nós.

                                                          BOI OU BÚFALO

O signo do boi ou búfalo representa a prosperidade alcanzada polo traballo e a fortaleza.

Equivale tamén aos aspectos positivos doutro mamífero, o touro, como a pasividade e a nobleza.

O equivalente do búfalo é o capricornio.

Lía



miércoles, 6 de febrero de 2019

Gorka entrevista a Elías

Nova entrevista no curso de 4ºA!

O noso compañeiro Gorka faille unha serie de interesantes preguntas ao seu amigo Elías, quen responde abertamente. 📹📺


martes, 5 de febrero de 2019

Máis lecturas recomendadas!

Os nenos e nenas de 4ºA seguen a traer lecturas moi interesantes para suxerir aos seus compañeiros e compañeiras.

Ana comezou un libro da famosa colección Enid Blyton, que moitos maiores coñecemos. Segundo nos contou, as edicións da nosa época non lle facía moito chiste, xa que as vía moi vellas (gracias Ana por facerme sentir máis "viejuno" do que xa me sinto... 😅), así que decidiu probar cunha edición máis actualizada e parace que gustou!


Ese mesmo día, Adrián ensinounos outro libro moi ao estilo que xa nos ensinara un día Simón Casas. Un libro onde os personaxes e aventuras ocorren na nosa cidade, Santiago de Compostela. O seu título é "Unha mensaxe para Sara".


Para rematar, o noso compañeiro Lucas tamén trouxo un libro ben interesante e que neste caso herdou do seu irmán, "Preguntas e respostas". Lendo o seu título ben podemos imaxinar de que vai, preguntas interesantes e as súas respostas sobre cultura, historia, animais...


Moitas gracias polas vosas aportacións! 📖

lunes, 4 de febrero de 2019

Efectos ópticos

A semana pasada falamos e vimos exemplos de imaxes con efectos ópticos que, segundo a perspectiva, o fondo ou a concentración da persoa, podiamos ver primeiro unha cousa e logo outra e incluso ás veces costábanos ver máis dunha cousa! No libro de texto vimos dous clásicos exemplos deste tipo de imaxes (copa ou caras e muller nova ou vella). Pero aínda hai moitas máis imaxes que vimos na clase coma por exemplo as seguintes.








Lía acordouse de que tamén había este tipo de imaxes nun libro que sempre lle gustou e así o trouxo para mostralo.



 Debuxo que se lle damos a volta vese da mesma maneira!













 
                                                      Imaxe con efecto óptico!




Preguntade na casa que é o que eles ou elas ven! 👀                          

viernes, 1 de febrero de 2019

Master class de lingua de signos!

Onte tivemos unha gran sorpresa!

Despois de ensaiar durante estes días a canción Imagine para o Día da Paz, o noso compañeiro Gorka animouse a preparar e impartir unha clase de lingua de signos para todos nós.
E vaia se o fixo ben!

Moitas gracias Gorka pola clase impartida! Moi bo traballo! 👌😊

Pequena parte da "master class", os días da semana en lingua de signos.



Clase personalizada para que vaiades practicando na casa pequenos e maiores. 😉