viernes, 29 de enero de 2021

A pomba dona Paz

Comezamos o mes cun conto titulado Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis, grabado polo alumnado de 1º e 6º nun podcast, no que festexamos un día tan sinalado e emocionante.

Agora, rematámolo co noso segundo conto, titulado A pomba dona Paz, grabado por alumnos/as de 1º, 4º e 6º, para conmemorar o Día da Paz.

O enlace lévanos directamente ao espazo do cole, O son da Baña, en Spotify. 👇😉

O son da Baña - Contos na lareira #2: A pomba dona Paz

Parabéns polo traballo rapaces! 👏👏👏





jueves, 28 de enero de 2021

A porta dos tres cerrollos Vol.1 (Amparo)

A nosa compañeira Amparo segue a presentarnos interesantes lecturas que nos quere recomendar. 📚

Esta vez fala dun libro, que en realidade son tres volumes, titulado A porta dos tres cerrollos.

Escoitemos de que vai o primeiro volume! 😉

miércoles, 27 de enero de 2021

Os colonos (Álvaro)

O noso compañeiro Álvaro segue a ensinarnos máis cousas sobre Historia.

Despois do episodio sobre faraonas exipcias, agora fálanos sobre a vida dos colonos.

Escoitemos con atención. 👇😉

martes, 26 de enero de 2021

A hucha voladora

Continuamos cos nosos contacontos para traballar a comprensión lectora na aula virtual.

O título desta semana é: La hucha voladora. 🐷💸

Espero que vos guste! 👇😉🐽

lunes, 25 de enero de 2021

Woodstock

Regresamos despois dunha fin de semana longa tras gozar do noso festivo local. Espero que estedes coas baterías recargadas, porque veñen semanas movidas con exames e demais... Pero tamén sabemos que queda menos para o Entroido! 💪😁🎭

En fin, o caso é gozar do día a día coas nosas clases e seguir aprendendo, non si? 😉

Esta semana, coa chegada do Día da Paz (30 de xaneiro), non faremos a biografía específica dun artista, senón que falaremos dun concerto moi importante co cal houbo un antes e un despois no movemento cultural e social da época. Estamos a falar do Festival de Woodstock.

O Festival de Woodstock é o festival de música máis famoso da historia. Aínda que é moi recoñecido polo momento en que se realizou, temos que saber que foi un auténtico desastre en canto á organización. Para comezar, o festival tívose que pospoñer varias veces, así como cambiar o lugar da celebración. Ninguén quería aglomerar a tanta xente "melenuda" nun sitio para escoitar música ruidosa! 
Finalmente, celebrouse na localidade de Bethel, cerquiña da gran cidade de Nova York, os días 15, 16 e 17 de agosto do ano 1969. Estaba organizado para 60.000 asistentes, así que cando alí apareceron 400.000-500.000 persoas sen entradas, podedes facervos unha idea do caos que se formou naquel recinto... Ademais, houbo mal tempo, o que fixo que o emplazamento se convertira nun auténtico barrizal! A cantidade de coches que se acercaron ao recinto foi desmesurado e tras producirse colas interminables de atascos, a xente optou por abandoar os vehículos e ir camiñando ata a entrada. E máis problemas todavía, os tempos dos concertos fóronse retrasando horas, é decir, grupos que igual tiñan que tocar ás 18,00h da tarde, acabaron por saír ao escenario ás 3,00h da mañá!
En fin, unha fin de semana de loucura onde se viron concertos de grupos musicais marabillosos.

A pesar da súa mala organización, o Festival de Woodstock celebrouse nun momento álxido do mevemento hippie, da Guerra de Vietnam, da contracultura en favor da paz e o amor... Isto fixo que o festival sexa idealizado na cultura popular.

Nel actuaron grendes grupos e artistas da época como Jimmy Hendrix, Janis Joplin, Joan Baez, Santana, Grateful Dead, The Who, Joe Cocker, The Band, Creedence Clearwater Revival ou Jefferson Airplane, entre moitos outros.

Anos despois, intentouse revivir o festival, tanto no ano 1994 como en 1999, pero nunca foi igual ao momento vivido nos anos '60.

Aquí abaixo deixamos uns vídeos daquel inesquecible Woodstock do '69. 👇😉🎶🎵

jueves, 21 de enero de 2021

Roscón de Reis (Anna)

Neste Nadal a nosa compañeira Anna e a súa familia decidiron facer o seu propio roscón para o día de Reis. 👑🍰

A pinta do biscoito é boísima! Aquí tedes a súa receita. 👇😋

Ola compañeiros e compañeiras!

Vouvos contar como se fai un roscón de Reis ben rico. 
Seguro que a próxima vez non necesitaredes compralo! 👍😉

  • Ingredientes:
👉 Para fermentar: 

- 150 g. de fariña.
- 105 g. de leite.
- 6 g. de levadura fresca de panadaría.
- 1 culler de azucre.

👉 Para a masa principal:

- 80g. de leite.
- 150 g. de azucre.
- Ralladura da pel dun limón e dunha laranxa.
- 160 g. de manteiga.
- 3 ovos.
- 15 g. de lavadura fresca de panadaría.
- 30 g. de auga de azahar.
- 1 culler de ron.
- 1 culler de mel.
- 600 g. de fariña.
- Unha pizquiña de sal.

👉 Para  decorar:

- Ovo batido para pintar.
- Azucre lixeiramente humidecido cun par de gotas de auga de azahar.
- Laranxas confitadas, froitas e cerezas.

👉 Para o recheo:

- 500 g. de nata montada 

  • Instrucións:
  1. Para o fermento, mesturamos todos os ingredientes e cubrimos cun film e deixámola ata o día seguintes gardada na neveira.
  2. Ao día seguinte, vertemos nun bol a fariña cunha pizca de sal, toda a leite (agás unha culler), o ron, a auga de azahar, o mel e os ovos batidos. Mesturamos ben, agregamos o azucre e o fermento do día anterior e mesturamos todo.
  3. Agregamos a ralladura de limón  e de laranxa, a culler de leite sobrante do paso anterior e removemos. Amasamos un ratiño e deixamos reposar 5 minutiños.
  4. Recuperamos a masa e desmenuzamos a levadura coa puntiña dos dedos por enriba da masa e amasamos ata integralo todo.
  5. Espolvoreamos fariña sobre a encimera da cociña, volcamos a masa e amasamos durante 10 minutos. Logo, deixamos reposar entre 5-7 minutos máis.
  6. Recuperamos de novo a masa, aplastámola un pouco cos dedos e imos añadindo pouco a pouco a manteiga cortada en pequenos cubos, plegamos e añadimos o resto da manteiga.
  7. Comezamos a amasar ata integrar a manteiga. A masa volverase pegamenta e costará manexala...
  8. Espolvoreamos fariña, boleamos e gardamos nun bol aceitado. Gardamos o bol durante o tempo suficiente para que a masa dobre o seu tamaño (unhas 2 horas máis ou menos).
  9. Poñer  a masa nunha bandexa no forno forrada con papel vexetal. Introducir un dedo no centro da bola-masa e comezamos a agrandar o burato central. Colocamos o roscón na bandexa, estiramos un pouco a masa para que o burato quede ben no seu sitio, pintamos a masa con ovo batido e deixamos reposar 40 minutos. 
  10. Precalentamos o forno a 180º.
  11. Pasados os 40 minutos, pintamos de novo o roscón con ovo batido e decoramos ao noso gusto (con almendras, noces, laranxa confitada, cerezas...).
  12. Fornear durante 40 minutos. Na mitade do forneado (pasados uns 20 minutos) cubrimos o roscón con papel de aluminio para evitar tostalo demasiado.
  13. Unha vez rematado o forneado, deixamos enfriar.
  14. Se queremos poñerlle un recheo de nata, cortamos o roscón pola metade e cubrimos o de dentro con nata montada.
Nesta receita temos que estar moi atentos/as aos tempos para controlar que nin se queime nin quede demasiado cru! 

Espero que vos animedes a facelo e que vos aproveite! 👍😋

Anna



miércoles, 20 de enero de 2021

Artistadas! (Amparo)

Precioso cadro o que pintou a nosa compañeira Amparo para decorar a nosa aula! 

👏👏👏😃🎨

Agora toca diseñar un marco e colgalo na parede. 😊

Segundo comentastes na clase, varias de vós pintades na casa, polo que vos animo a expoñer as vosas obras de arte na aula! 👍😉

martes, 19 de enero de 2021

Palitroque e a caravana das sorpresas

Novo contacontos para traballar na aula virtual! 💻

O conto desta semana titúlase Palitroque y la caravana de las sorpresas e é un texto ben divertido.

Espero que vos guste! 👇😉

lunes, 18 de enero de 2021

Blondie

A semana pasada a nosa compañeira Olivia trouxo unha camiseta dun grupo musical que me gusta moito, Blondie. Así que deume a idea de presentalos no blog dentro das nosas minibiografías musicais que facemos semanalmente para coñecer e escoitar música na clase. 

🎹🎵🎸🎶🎷🎵🎻🎶

Blondie é unha banda de rock estadounidense, concretamente de Nova York, que destacou na segunda metade dos anos '70 xunto con bandas punk como os Ramones, Talking Heads ou New York Dolls. Destacan os seus concertos na famosa sala CBGB e considéranse os precursores da New Wave, un novo movemento musical de finais dos '70 e principios dos '80 que mesturaba influencias punk e pop.

No período de 1975-1982 publicaron varios discos cun grande éxito en países coma os EE.UU., Reino Unido ou Xapón. Destacan cancións que a todos nos sonan como Heart of glass ou One way or another.

En 1982, despois de perder popularidade e a mala saúde do seu guitarrista, o grupo decide separarse. A súa carismática líder, Deborah Harry, comeza unha discreta carreira en solitario, ademais de traballar como modelo e actriz. Famosa é a súa relación de amizade co destacado artista underground Andy Warhol, co cal deixábase ver nas famosas festas da discoteca Estudio 54 de Nova York.

Xa a finais dos anos '90, o grupo Blondie decide reunirse para editar un novo disco, tendo un grande éxito de popularidade. Dende entón, seguen a xirar por todo o mundo e publicar interesantes traballos artísticos.

Deixamos un par de videoclips para que escoitedes algunhas das súas cancións máis coñecidas. 👇😉

viernes, 15 de enero de 2021

Edward Hopper (Arts)

Presentamos novo traballo de Plástica.

Dentro do noso proxecto relacionado cos EE.UU, traballamos o artista Edward Hopper. Como xa falamos na clase, as súas obras teñen unhas características moi cinematográficas, como se os seus cadros foran fotogramas de películas que nos evocan sentimentos como a melancolía, a soidade, a reflexión...

Aquí mostramos algunhas das súas obras máis destacadas. 👇🎨




E aquí algúns dos nosos traballos, máis un vídeo do proceso creativo! 👇👀🎨






jueves, 14 de enero de 2021

Libros recomendados (Aroa)

Ola a todos e a todas!

A nosa compañeira Aroa fálanos de dous libros que lle encantaron e que nos recomenda encarecidamente. 📚

Gracias coma sempre, Aroa, pola túa participación e recomendacións! 👍😊

miércoles, 13 de enero de 2021

Raíñas exipcias (Álvaro)

O noso compañeiro Álvaro segue a colaborar no blog! 👏👏👏😊

Nesta ocasión fálanos de tres raíñas exipcias que tiveron un gran poder na súa época: Hatshepsut, Nefertiti e Cleopatra

Hatshepsut

Nefertiti

Cleopatra

Atentos/as a súa explicación, porque ademais faino moi ben! 👇👀

martes, 12 de enero de 2021

O espantallo peludo

Reanudamos os contacontos semanais para traballar a comprensión lectora na aula virtual.

Este conto é un dos meus favoritos: El espantajo peludo

Espero que vos guste! 👇😉

lunes, 11 de enero de 2021

Guadi Galego

A primeira artista que imos escoitar neste 2021 é unha cantante coñecida por todos vós, Guadi Galego.

A cantante Guadi Galego, nada en Cedeira en 1974, é unha artista galega que participou en moi variados proxectos musicais. 🎵🎶

Comezou a súa formación profesional dende moi nova como gaiteira, pianista e cantante. Gravou varios discos co destacado grupo folk Berrogüetto.

Máis adiante, comezou a súa andaina en solitario cun gran recoñecemento de crítica e público, acadando importantes premios no mundo musical.

Ademais, colabora noutros grupos e proxectos musicais como Espido, Nordestin@s ou aCadaCanto.

Nun dos seus últimos discos interpretou cancións en diversos idiomas da península como son o galego, portugués, catalán, éuskaro, castelán... con varias colaboracións de renome.

Destaca pola súa aportación á música galega con distintas participacións musicais, culturais e sociais, como proxectos educativos, Día das Letras Galegas, en contra da violencia, apoio á muller do rural...

Aquí deixamos algunhas das súas cancións que iremos escoitando ao longo desta semana. 👇😉

viernes, 8 de enero de 2021

Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis

Aquí estamos de novo! 👋😊

Comezamos o 2021 e o segundo trimestre cun novo proxecto! 👏👏👏😄

Ao longo do curso traballaremos distintas actividades utilizando o podcast como medio de comunicación. Para iso, o centro creou unha páxina propia no espacio de Spotify denominada O son da Baña.

A primeira actividade consistiu nun conto infantil interpretado entre o alumnado de 1º e 6º B de EP, titulado Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis. 😁👑👑👑

Parabéns a todos e a todas! 👌😉

👉  A introdución vai da man de varias alumnas de 1º da ESO.

👉  Agradecer a Mar (directora) e a Iria (titora de 1º e profe de Música) pola súa implicación neste novo proxecto no que nos iniciamos con moita ilusión.



O conto, como vos avisei por correo, saiu o día de Reis na Radio Galega e poderedes escoitalo sempre que queirades en Spotify. Aquí vos deixo a ligazón. 👇📻🎤🎧🎭

O son da Baña. Contos na lareira 1: Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis