lunes, 18 de enero de 2021

Blondie

A semana pasada a nosa compañeira Olivia trouxo unha camiseta dun grupo musical que me gusta moito, Blondie. Así que deume a idea de presentalos no blog dentro das nosas minibiografías musicais que facemos semanalmente para coñecer e escoitar música na clase. 

🎹🎵🎸🎶🎷🎵🎻🎶

Blondie é unha banda de rock estadounidense, concretamente de Nova York, que destacou na segunda metade dos anos '70 xunto con bandas punk como os Ramones, Talking Heads ou New York Dolls. Destacan os seus concertos na famosa sala CBGB e considéranse os precursores da New Wave, un novo movemento musical de finais dos '70 e principios dos '80 que mesturaba influencias punk e pop.

No período de 1975-1982 publicaron varios discos cun grande éxito en países coma os EE.UU., Reino Unido ou Xapón. Destacan cancións que a todos nos sonan como Heart of glass ou One way or another.

En 1982, despois de perder popularidade e a mala saúde do seu guitarrista, o grupo decide separarse. A súa carismática líder, Deborah Harry, comeza unha discreta carreira en solitario, ademais de traballar como modelo e actriz. Famosa é a súa relación de amizade co destacado artista underground Andy Warhol, co cal deixábase ver nas famosas festas da discoteca Estudio 54 de Nova York.

Xa a finais dos anos '90, o grupo Blondie decide reunirse para editar un novo disco, tendo un grande éxito de popularidade. Dende entón, seguen a xirar por todo o mundo e publicar interesantes traballos artísticos.

Deixamos un par de videoclips para que escoitedes algunhas das súas cancións máis coñecidas. 👇😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario