lunes, 11 de enero de 2021

Guadi Galego

A primeira artista que imos escoitar neste 2021 é unha cantante coñecida por todos vós, Guadi Galego.

A cantante Guadi Galego, nada en Cedeira en 1974, é unha artista galega que participou en moi variados proxectos musicais. 🎵🎶

Comezou a súa formación profesional dende moi nova como gaiteira, pianista e cantante. Gravou varios discos co destacado grupo folk Berrogüetto.

Máis adiante, comezou a súa andaina en solitario cun gran recoñecemento de crítica e público, acadando importantes premios no mundo musical.

Ademais, colabora noutros grupos e proxectos musicais como Espido, Nordestin@s ou aCadaCanto.

Nun dos seus últimos discos interpretou cancións en diversos idiomas da península como son o galego, portugués, catalán, éuskaro, castelán... con varias colaboracións de renome.

Destaca pola súa aportación á música galega con distintas participacións musicais, culturais e sociais, como proxectos educativos, Día das Letras Galegas, en contra da violencia, apoio á muller do rural...

Aquí deixamos algunhas das súas cancións que iremos escoitando ao longo desta semana. 👇😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario