viernes, 29 de noviembre de 2019

Arte nas libretas!

A principio de curso falamos da importancia do noso traballo diario e como as nosas libretas mostran dito traballo. De aí que debamos ter unhas libretas ben traballadas, curiosas e limpas.

Así, ademais de coidar a letra, ter os exercicios feitos e correxidos e manter a curiosidade, ao comezo de cada unidade didáctica ilustraremos unha portada na libreta para tela decorada e sexa doado localizar o comezo de cada tema. 📒✅✏📏📐🎨

Neste vídeo estades en plena acción mentres escoitades música de fondo.
Que gusto vervos traballar así de ben! 👌😊

jueves, 28 de noviembre de 2019

Campionato Táboas (4ª quenda)

Atención! Chegamos ás semifinais do campionato!

Nervios, tensión e igualdade máxima! 👍👀


miércoles, 27 de noviembre de 2019

Sen título (Mariquiña)

Un libro ben orixinal nos mostra hoxe a nosa compañeira Mariquiña! 😃

Deixemos que ela mesmo nolo explique porque non é doado de entender... para comezar, o seu título é Sen título. 😉

Gracias por partillar as túas lecturas Mariquiña! 📚

martes, 26 de noviembre de 2019

Postais de Nadal

Acércase o Nadal... e o concello de A Baña e o noso colexio están a traballar xuntos para organizar un concurso de postais navideñas. 🎄🎅👑

Desta actividade, xurdiu a idea de facer un taller para unha mellor organización e aprender máis sobre técnicas artísticas e creatividade. 💡🎨

Deste xeito, Mónica, a mamá da nosa compañeira Amparo, traballou con todo o alumnado da escola en diferentes sesións. A nós tocounos o luns e ben que o gozamos!

Moitas gracias Mónica polo teu traballo, paciencia, adicación e arte! 😊





























viernes, 22 de noviembre de 2019

Pasapalabra (Digicraft)

Esta semana, a sesión de Digicraft consistiu nun xogo ben coñecido por todos. A actividade estaba baseada no famoso programa televisivo Pasapalabra! 📺

Así, dividímonos en varios equipos para recortar letras do abecedario e pegalas nun cartón para crear o noso propio rosco. 🅐🅑🅒🅓... 🅨🅩








De seguido, a profe Mari Carmen deunos unhas definicións nada doadas de saber a que palabras se referían, xa que a temática era toda de tecnoloxía, polo que utilizamos as tablets e Google para encontrar o vocabulario. 📲

Tras un tempo de busca, comezou o xogo!
Mari Carmen lía as definicións por orde e cada equipo, por quendas, tiña que dicir o vocabulario correspondente: Empeza por A!; contén o B!; Co C!...
🅐🅑🅒🅓...













Sen entrar en quen acadou máis ou menos letras, o caso é que traballastes moi ben en equipo!
Bravo por vós! 👏👏👏😃

jueves, 21 de noviembre de 2019

Campionato Táboas (3ª quenda)

Seguimos co noso campionato particular de táboas de multiplicar...

A cousa estivo do máis igualada! Parabéns a todos e todas! 👍😀

miércoles, 20 de noviembre de 2019

Día internacional da infancia

Hoxe festexamos o Día internacional da infancia e os dereitos no neno/a e fixémolo reuníndonos todos xuntos. 👫👬👭

Un membro de cada nivel leu o dereito que lle tocou, a embaixadora da nosa clase foi Nuria, mentres visualizamos os grandes murais. Murais cheos de fotografías de todos e todas vós realizando as vosas actividades favoritas.




A biblioteca tamén perticipou cunha exposición de diferentes libros sobre esta temática. 📚


De seguido, fumos ao pavillón, onde por quendas, participamos nas carreiras para colaborar nunha recaudación de diñeiro para os nenos e nenas de Rohingyas, os cales están a sufrir graves inxustizas e unha grande pobreza.

Moitas gracias pola vosa participación a vós e as vosas familias! 👏👏👏😊