viernes, 8 de noviembre de 2019

Retratos (Digicraft)

No presente curso, o noso colexio foi aceptado para participar no proxecto Digicraft en tu Cole, dentro do marco do Plan Digitalent. Digicraft en tu Cole é un programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas dirixidas a rapaces de entre 6 e 12 anos, diseñado pola Fundación Vodafone España en colaboración con universidades españolas, que ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento da competencia dixital na infancia e na xuventude do noso país.

Desta maneira, unha sesión á semana adicarase a traballar con tablets en actividades relacionadas coas diferentes materias dunha maneira lúdica co uso das novas tecnoloxías.

Onte comezamos esta nova andaina. Na primeira mitade da sesión, por parellas, utilizamos unha aplicación nas tablets para debuxar ao compañeiro/a que tiñamos diante ou para recrear outros obxectos. A segunda parte consistiu nun xogo onde un neno/a debuxaba na tablet o que lle indicaba unha carta, mentres o resto do equipo tiña que adiviñar o obxecto en cuestión.

Pasámolo moi ben! 📱🎨😄

A nosa compañeira Anna escribe o que deu de si esta divertida clase.

Ola! 

Este xoves, a primeira hora, Aleixo explicounos que Mari Carmen (profe de 4º) íanos ensinar unha aplicación nas tablets moi divertida na que podiamos debuxar. A min, sinceiramente, non se me daba moi ben debuxar coa aplicación da tablet... Aínda así, gustoume a actividade porque ademais de pasalo moi ben, díxonos Aleixo que si nos esforzábamos no traballo diario, podiamos facelo máis veces! 😊

Ademais de min, a todos nos gustou moito a aplicación! 

Espero que poidamos facer isto un día máis a partir do xoves.

Anna















12 comentarios:

  1. Teño ganas de volver a facelo!
    Antia

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Antía!
      Pois paciencia, que logo chega o xoves. 👍🏼😉
      Boa fin de semana!

      Eliminar
  2. Eu quería facelo toda a semana!😞😞

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajaja!
      Todo non se pode ter Aldara... 🤣😂🤣😂
      🤷🏻‍♂️

      Eliminar
  3. Ola xa falta menos para o xoves

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajajaja!
      Ides contando os días eh... 👍🏼🤣😂
      Vémonos mañá Esteban!😉

      Eliminar
  4. Mui interesante,sigo pensando que e normal que os nen@s leven tan ben o de ir o cole😍😍😍

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É moi importante que veñan coa ilusión de facer distintas actividades e aprender. 👍🏼😉

      Eliminar
  5. Ola Aleixo que ven que maña xa se a xoves

    ResponderEliminar