miércoles, 6 de noviembre de 2019

Terroríficas pastas de té (Amparo)

A época de Samaín é perfecta para a repostería creativa!

A nosa compañeira Amparo, coa axuda da súa nai, preparou unhas galletiñas que sabían de medo! Dou fe! 😋🍪


PASTAS DE TÉ                   

Ingredintes:                       
                                           
170 gr manteiga
100 gr de azucre glas
4 gr de vainilla en polvo
1 pizquiña de sal
2 xemas de ovo
300 gr de fariña de trigo
Chocolate de repostería para fundir.

Modo de elaboración:

Bater a manteiga ata acadar unha textura de pomada, engadir o azucre, a vainilla e o sal. Despois incorporar as xemas unha a unha, para finalmente añadir a fariña.
Facer unha masa homoxénea, amasando pouco tempo.
Envolver nun film transparente e meter na neveira 1 hora .
Estirar a masa, empleando o film transparente como lámina antiadherente para o rodillo.
Conseguir unha placa de medio centímetro de grosor.
Cunha corta-pastas facemos diferentes formas: corazóns, estrelas, animaliños...
Forneamos a 200º durante 10 minutos e deixamos enfriar. Se queremos darlle un acabado con brilo antes de fornear, podemos pintalas con ovo batido.

Para facelas de chocolate, sustituimos 50gr de fariña por cacao en polvo sen azucre.
Para bañalas en chocolate, derretimos un pouco de chocolate no microondas ao baño maría e logo sumerximos, parte ou toda a pasta nel, colocamos na neveira durante 10 minutos.

E listas para comer! 👌😋

Amparo



8 comentarios:

  1. Mmmmm! Que boa pinta!😍😍
    Aldara.

    ResponderEliminar
  2. Mmmmm! Teño ganas de comer unha galleta.

    De Laura Buj.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajajaja, non me estraña... 🤣😂😋
      Que ben lerte por aquí Laura!👌🏼😉

      Eliminar
  3. As galletas teñen unha pinta deliciosa Álvaro

    ResponderEliminar
  4. Estaban deliciosas Álvaro! 👌🏼😋
    Que ben lerte no blog! 👏🏼👏🏼👏🏼
    Boa fin de semana!😉

    ResponderEliminar
  5. Fixemos a túa receita Amparo, e as galletas estaban moi ricas!!!!!😋 Grazas a todos por deixarnos comentar no blog.
    Gorka☺️ (ceip Quiroga Palacios)
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻
    Amparo, a partir de agora vou levar tódolos xoves á escola as túas galletas, están deliciosas!! 😋
    Moito vai traballar o forno este ano! Grazas por deixarme escribir.
    Xurxo☺️ (ceip Quiroga Palacios)
    X✌🏻🤞🏻x👌🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias por seguir e participar no blog rapaces! 👏🏼👏🏼👏🏼🤗

      Eliminar