martes, 19 de noviembre de 2019

Origami

Hoxe, a segunda e terceira hora, tivemos unha charla ben interesante sobre o papel da muller na sociedade, o machismo, o feminismo, a violencia de xénero, etc.  💜  para despois facer un taller de origami relacionado con este tema. ✂📄✉

Por que un origami dunha andoriña?
Pois como nos contou a monitora do taller, a andoriña estase a converter nun símbolo do feminismo pola súa relación coa supervivencia e dun bo futuro. Recordade as dúas breves historias que relatou: a historia de Sadako Sasaki e as mil grullas para que o seu sono se convertise en realidade e a historia dos mariñeiros que se tatuaban andoriñas e o significado de supervivencia que lles atribuían.

Sei que a charla vos pareceu longa, pero estivestes moi participativos/as e iso foi de agradecer.
Bravo por vós! 👌😉

A papiroflexia ou origami tamén se vos deu moi ben!
Ollade as fotos. 📷👀
















4 comentarios:

  1. A min encantoume a actividade, pero o de facer origami e dificil pero Co tempo xa serei capaz😁😁😁

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hai que ter paciencia Álvaro.
      Seguro que melloras coa práctica. 👍🏼😉

      Eliminar
  2. O primeiro comentario e de Álvaro Ardions

    ResponderEliminar