viernes, 31 de enero de 2020

Galletas escocesas (Aldara)

A nosa compañeira Aldara volve coas súas deliciosas receitas de repostaría. 😋

Desta vez, escribe no blog tres sinxelos pasos para facer unhas ricas galletas.
Animádesvos a facelas na casa? 😉🍪

GALLETAS ESCOCESAS 🍪

Ingredientes:
100 g. de manteiga.
50 gde maicena.
100 g. de fariña.
50 g. de azucre.

Preparación:
1. Introduce todos os ingredientes nun recipiente e mestúraos.
2. Vai collendo anacos de masa e dalles forma de galleta.
3. Fornéaas a 180º durante 15 minutos.

E xa está! Listos para comer! 👍😋

Aldara


jueves, 30 de enero de 2020

Día da Paz

Hoxe conmemoramos o Día da Paz. ☮

A última hora da mañá e por quendas, os diferentes cursos foron baixando ao ximnasio (houbo cambio de lugar e non foi no pavillón finalmente) para colocar os materiais da natureza e formar así un símoblo da paz a gran tamaño.

 Despois, alumnas de 6º leron un bonito e emotivo manifesto pacifista para de seguido escoitar e cantar a canción No dudaría, tanto a versión de Antonio Flores, como a da súa irmá, Rosario.

Aquí vos deixo fotos do bonito evento. ✌😉










Ademais, na materia de Plástica, esta semana o alumnado de 5º e 6º fixeron un par de actividades desta temática: un mural do símbolo da paz creado polos nenos/as coas siluetas das súas mans e un traballo artístico no bloc de debuxo coa técnica de salpicado usando cepillos de dentes.

















✌☮💜

miércoles, 29 de enero de 2020

No dudaría

Mañá, 30 de xeneiro, conmemórase o Día da Paz. ☮

Para esta data sinalada no noso calendario escolar, o centro organizará unha ART-LAND, que consistirá en formar o símpolo da paz ☮ con materiais da natureza como: pedras, ramas, follas, flores, piñas, herba, area... Unha vez que nos xuntemos todos no pavillón, cada curso colocará o material no símbolo e farase unha foto panorámica. De seguido, lerase un manifesto pacifista. Finalmente, cantaremos todos xuntos a famosa canción No dudaría, composta por Antonio Flores.

Por certo, sei que hoxe fai unha tarde de cans, pero por favor, acordádevos de traer mañá algunha cousiña para o símbolo da paz, porque como xa falamos esta mañá, non imos quedar nada ben se aparecemos sen nada... 🙈🙈🙈

Hoxe por fin escoitamos a canción No dudaría, que seguro que na casa tamén a coñecen.

Aquí vos deixo o primeiro ensaio de hoxe, máis a canción orixinal do artista para que practiquedes na casa. 🎤🎵🎶

Mañá volveremos ensaiar xa con máis seguridade na letra e na melodía, seguro! 👍😎🎶

martes, 28 de enero de 2020

Porta de inverno

Seguimos decorando a nosa porta de aula!
Despois de decorala en outono e no Nadal, agora a decoración está relacionada co inverno.
⛄⛄⛄







lunes, 27 de enero de 2020

Harry Potter (Álvaro)

O noso compañeiro Álvaro quixo falarnos dun libro ben famoso e que a moitos de vós vos encanta, Harry Potter! 🔮🎓🏰⚡

Neste caso, Álvaro fala do primeiro volume, Harry Potter y la piedra filosofal, xa que como ben dice no vídeo, hai moitos máis. 📚


viernes, 24 de enero de 2020

Diábolo (Nicolás)

Ao parecer, en cursos atrás practicastes co diábolo nas clases de Roi, o mestre de E.F.

Recordo que nun recreo vin a Nicolás xogando con dito obxecto e sorprendeume as súas habilidades.
👌😮

Pois ben, aquí tedes un vídeo no que Nicolás nos mostra algúns dos seus trucos dunha maneira moi didáctica. Moitas gracias Nicolás por esta master-class! 😊

Observade, escoitade e se vos apetece, practicade. 😉

jueves, 23 de enero de 2020

Recomendamos libros (Ángel)

Máis lecturas recomendadas por vós!

O noso compañeiro Ángel fálanos, non dun libro, senón de tres!
Xenial Ángel! 👌📚




martes, 21 de enero de 2020

Stop-motion (Digicraft)

A última sesión de Digicraft non vai poder ser compartido no blog, xa que eu non estaba no colexio...

Pero aínda nos quedaba mostrar o anterior traballo. En dúas sesións diferentes traballamos por equipos para a realización dunha curtametraxe utilizando a técnica do stop-motion. 🎬🎥

Desta maneira, antes de comezar a actividade, visionamos un vídeo no que nos falaba sobre o acoso escolar e o cyberbullying. Despois de comentar dito vídeo, puxémonos man á obra para elaborar un guión cunha temática que denuncie casos de cyberbullying (insultar por medio do móbil ou redes sociais, compartir fotos comprometidas doutra xente sen permiso...). Mentres traballabamos no guión, coloreamos e recortamos os personaxes, así como a creación dun fondo para a película. Ao rematar, tiñamos unha caixa que funcionaba coma un plató de televisión, uns bonecos como actores e actrices e uns bocadillos que mostraban o que dicían. Fotografiando coa tablet os movementos curtos dos personaxes fumos acumulando unha longa lista de imaxes e a aplicación do stop-motion na tablet deulles movemento e vida. 📷📺

Aquí tedes algunhas fotos de todo o proceso e as curtametraxes finais.
A gravación dos vídeos tivo que ser por medio do meu móbil, xa que a aplicación da tablet non permitía descargalos... por iso a calidade deixa moito que desexar, pero o importante é ver os resultados do traballo e o ben que o pasamos.
Hai que ter en conta o pouco tempo que tivemos e o difícil que é traballar esta técnica.
Para ser a primeira vez, eu penso que os resultados son moi bos! 👌😃