miércoles, 23 de diciembre de 2020

Felicitación de Nadal!

Bo Nadal a todos e con moito sentidiño!! 

🎆🎇🎉🎊🎄🎅👑🎁💝💖

martes, 22 de diciembre de 2020

Festa de Nadal!

Último día do trimestre, que xa chega o Nadal! 👏👏👏🎄🎅👑

Hoxe foi un día de festa e troula! 🎉🎊🎬🎶🎵

Tivemos unha mañá intensa, na que gozamos dun divertido concerto do cantautor Xoán Curiel

Xoán Curiel presentándose ao alumnado da Baña.

Xoán Curiel explicando os seus inicios musicais.

Escoitando atentamente o concerto.

Xoán Curiel tocando o ukelele.

Xoán Curiel cantando.

Xoán Curiel tocando a súa guitarra. Que rara era!

Xoán Curiel ensinándonos ritmos coa pandeireta.

Logo, subimos a clase para merendar un riquísimo chocolate quente con churros, máis as galletas e magdalenas que trouxo Anna para a clase. Estaba taaaaaaan rico todo! ☕🍪 Moito ollo tiven que ter, que case me deixades sen nada! Será posible... 😜 Riquísimo o teu biscoito tamén, Laura! 👌😋

Anna repartindo as súas galletas e magdalenas. 

Sandra feliz despois dunha rica merenda.

Danilo poñendo cariña de bo, a ver se cae unha segunda ración de chocolate...

Hugo sospeitando que o seu mestre quere roubarlle o chocolate...

A merenda foi interrumpida pola concelleira de cultura que chegou para entregarlle uns agasaios a nosa compañeira Anna como premio do Certame de Postais de Nadal na categoría de Primaria.

Moitos parabéns Anna!

Despois de charlar e merendar, fumos a aula de 6ºA para ver a clásica película  Solo en casa.              🎬🎥

A sesión tamén foi cortada pola chegada dun axudante de Papá Noel que vos repartiu larpeiradas. 🎅


Finalmente, regresamos a nosa clase para finalizar a mañá de maneira relaxada rematando debuxos de Nadal con música de fondo para por fin, antes de irnos, entregar os boletíns. 📩

Espero que vos gustaran as sorpresas de hoxe!

Moi bo Nadal a todos e a todas e gozade das festas en familia! 💝

👉 Mañá última publicación no blog do ano!

lunes, 21 de diciembre de 2020

Nadal na escola

A un día das vacacións de Nadal, queremos mostrar as distintas decoracións da nosa clase e corredoiros do noso colexio para ambientar un pouco esta época do ano. 👑🎁🎄🎅

E mañá, xa sabedes, último día deste primeiro trimestre! 
Celebrarémolo cun concerto 🎶🎵, haberá unha chocolatada ☕, veremos unha peli 🎥🎬 e algunha que outra sospresa máis!

Vémonos mañá! 😘





Árbore de Nadal feito de tapóns

Gran mural coas postais de Nadal


O apalpador anuncia a chagada do Nadal!


Cal é o teu rei preferido?



Bo Nadal!

viernes, 18 de diciembre de 2020

Parabéns Laura!

Hoxe felicitamos a nosa compañeira Laura Buj, que para celebrar o seu cumpreanos tróuxonos unhas ricas e divertidas galletas.

👏👏👏🎉🎊🎁🎂😊

Moitos parabéns e que teñas un moi bo día Laura! 😘💝


Informática

Neste curso elixiuse como materia de libre configuración Informática. 💻

Cada martes imos á aula de informática para aprender e familiarizarnos co uso do ordenador, a web da escola, a aula virtual, o noso blog...

Ademais, aproveitaremos para traballar tarefas en distintas materias, ver vídeos, contacontos, curtametraxes...

👉 Sabemos que todo isto estase a coverter nunha tarefa complicada, xa que sen saber o motivo, a luz vai e ven cando quere, convertindo o noso centro nunha discoteca improvisada... Isto, as veces, fai inviable traballar cos ordenadores.









jueves, 17 de diciembre de 2020

Thanksgiving

Continuamos cos traballos plásticos relacionados coas festividades norteamericanas.

Despois do gran mural das Elections 2020 emulando ás eleccións estadounidenses, en coordinación coa profesora de Inglés, elaboramos un gran mural sobre Acción de Gracias, Thanksgiving.

Pola nosa parte, o alumnado de 5º e 6º colaborou facendo uns simpáticos pavos decorados con follas para darlles un toque outonal.

Mostramos os resultados e un vídeo do proceso. 👇

Receita do famoso pavo de acción de gracias






miércoles, 16 de diciembre de 2020

Concurso de postais de Nadal

Como cada ano, o alumnado do colexio participou no Concurso de postais de Nadal organizado polo concello coa colaboración do noso centro educativo.

Días despois, recibimos a boa nova de que a gañadora na categoría de Primaria foi a nosa compañeira Anna
Bravo Anna! 👏👏👏😊

E parabéns a todos e a todas porque recibín moi boas críticas das vosas postais. 👌🎄🎨

De seguido deixamos imaxes desta actividade, xa que despois da deliberación do xurado, todas as postais foron expostas nun gran mural no corredoiro principal do colexio para que todos e todas as poidamos ver. 👇








Alumnado de 6º admirando as postais

Onde está a miña postal?

As postais gañadoras!

Parabéns Anna! 👌😊


Pd. Parabéns ao Equipo de Dinamización de Lingua Galega polo seu esforzo e traballo na organización desta bonita actividade, en especial a súa coordinadora, Iria.