A nosa compañeira Anna segue a partillar con nós receitas riquísimas. Aquí explícanos como facer unha tarta de mazá. Eu xa estou babeando nada máis ver a foto... 😋
Ola a todos e a todas! Son Anna e aquí tedes a miña receita para preparar unha tarta de mazá.
Ingredientes:
- Masa de follado
- Mazás
- Marmelada de albaricoque ou mel
- Xemas de ovo
- Azucre moreno
Preparación:
Amasar a masa de follado (se a masa de follado está conxelada, desconxelar a temperatura ambiente 2 ou 3 horas aproximadamente). Poñer a masa no bol onde vaias facer a tarta. Cortar as mazás. Antes de colocar as mazás na masa, extender a marmelada de albaricoque ou mel (o que prefiras). Colocar as mazás en forma de caracol. Bater as xemas de ovo e pincelar a tarta con elas. Empoar con azucre moreno, fornear e listo! A disfrutar! 👍😉
NOTA: Preferiblemente botar marmelada de albaricoque para obter máis sabor.
Anna
Tarta de mazá 😋 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario