viernes, 11 de diciembre de 2020

Campionato de karate (Nicolás)


Moito lle teño insistido ao noso compañeiro Nicolás para que nos faga unha demostración de karate para o noso blog... Vou ter que seguir insistindo, xa que non se ten todos os días a un campión desta disciplina no cole!

Esta fin de semana, Nicolás participará na Gran Final da Liga Nacional de karate que se disputará en Málaga. Participarán os oito mellores deportistas do país de cada categoría e Nico é un deles!
Todo un orgullo para nós!

Moito ánimo Nicolás e a gozar da experiencia! 💪😉🏆


No hay comentarios:

Publicar un comentario