jueves, 31 de enero de 2019

Sergio e Álex entrevístanse mutuamente

Hoxe toca doble entrevista.

Sergio e Álex entrevístanse mutuamente para que os coñezamos mellor.
Vexamos o que nos teñen que dicir! 📹📺


miércoles, 30 de enero de 2019

Día da paz

Hoxe festexamos o Día da non violencia ou Día da paz na escola!

Aínda que a celebración foi hoxe, os preparativos e ensaios fóronse dando ao longo destes últimos días, onde houbo moito traballo por parte de todos e todas, xa que ademais de cancións, murais, fichas, manualidades... tiñamos que seguir co traballo académico habitual e iso non é nada doado!

Hoxe mostramos no blog os diferentes traballos que se fixeron e que aínda poderemos gozar nos corredoiros do cole.

Para comezar, en Arts decoramos o espazo de 4º con pombas da paz e un gran símbolo pacifista feita coas nosas propias mans (nunca mellor dito ✋😁) en diferentes cores. A cada lado, móstranse diferentes personaxes coñecidos que loitaron pola paz ao longo da historia.




Na casa, escribíchedes bonitos desexos decorados xunto cun debuxo dunha botella. Estas mensaxes tamén foron expostas nos corredoiros e hoxe intercambiámolas cos nenos e nenas de 4ºB.



Durante estes días estivéchedes ensaiando a canción de tema pacifista Imagine, do cantante John Lennon, representándoa en lingua de signos e hoxe toda a escola compartiu as diferentes interpretacións. Foi un momento moi bonito! (mágoa non poder compartir os vídeos por motivo de permisos de imaxes, pero mañá na clase poderémolos ver 😉).




Finalmente, colaboramos na elaboración dun mapa-mundi a gran tamaño no que tiñamos que recortar e pegar papeis azuis e caras de diferentes persoas a modo dun "collage". O resultado final penso que quedou moi ben! 👌😃



Parabéns polo voso traballo tan ben feito!

Paz e amor! ✌💚


martes, 29 de enero de 2019

Noa entrevista a Clara

Continuamos coas entrevistas de 4ºA!

No programa de hoxe, Noa entrevista á súa amiga Clara. 📹📺


lunes, 28 de enero de 2019

Libros e vinilos!

Encántame que as cousas que facemos no cole vos motive para que traigades cousas da casa e o compartades cos vosos/as compañeiros e compañeiras.

Con motivo da exposición do venres sobre a Creedence Clearwater Revival por parte do alumnado de 6º, Uxía trouxo da casa do seu avó un par de vinilos de 45 r.p.m. do grupo! Unhas auténticas xoias para os amantes do vinilo! Explicamos toda a información que trae o soporte e o seu funcionamento.

En referencia a Wonder, Gorka mostrounos un novo libro relacionado coa obra, "August & yo", que conta historias de outros personaxes secundarios como Julian, Christopher e Charlotte.

Moitas gracias pola vosa participación e por ensinarnos cousas tan chulas! 👌😉



viernes, 25 de enero de 2019

"Master class" sobre a Creedence Clearwater Revival"

Hoxe tivemos unha nova visita do alumnado de 6º! 

Desta vez un novo grupo de nenos e nenas faláronnos dun grupo clásico dos '60 e '70 chamado Creedence Clearwater Revival. O seu líder, John Fogerty, e os seus compañeiros compuxeron unha gran cantidade de clásicos que aínda se escoitan na radio, na televisión e en concertos na actualidade. Atendimos á explicación da súa historia, vimos fotografías e escoitamos as súas cancións.

Moitas gracias unha vez máis aos nosos compañeiros/as de 6º! 🎵🎶🎸😎






jueves, 24 de enero de 2019

"Imagine" en lingua de signos

Acércase o Día da Paz (30 de xaneiro) e os nenos e nenas do colexio Quiroga Palacios están a ensaiar diferentes cancións coa temática da paz en varios idiomas (galego, castelán e inglés).

Ao alumnado de 4º tocoulle cantar a famosa canción Imagine do artista John Lennon. Ademais de cantala en inglés, irán representándoa en lingua de signos. Aquí tedes o vídeo da nosa compañeira Tareixa para que a ensaiedes na casa durante estes días. ✌🎶

Nesta canle de Youtube están compartidas as demais cancións por se as queredes aprender tamén. 😉


miércoles, 23 de enero de 2019

"O diario de Anne Frank" en cómic

A semana pasada, Noa trouxo a clase un tebeo moi interesante.

O cómic trata da fatídica e famosa historia de Anne Frank e a súa familia durante a ocupación nazi en Holanda, pero mellor que nolo conte ela mesma.

O diario de Anne Frank 

Este libro reflexa un diario de verdade a modo de tebeo.
                                                  
É un libro chulísimo! Toda esta historia é do siglo pasado. Anne Frank era unha nena de 12 anos. No seu 13º cumpleanos regaláronlle un diario. Nese diario escribiu como se sentía na Casa de Atrás.

O seu pai pediu a unhas persoas da súa empresa, para non ser detidas polos nazis, que esconderan nunha casa a dúas familias (os Frank e os van Daan ),un gato e un dentista por ser xudíos. Pasaron nesa casa dende xuño de 1942 ata agosto de 1944, aproximadamente dous anos. Anne, neses dous anos, sentiuse agobiada por todos menos por Peter van Daan, o chico que lle gustaba.

Un día foron descubertos. Foron levados a campos de concentración (prisións terribles de traballos forzados) diferentes. Anne e Margot, a súa irmá, morreron en Bergen-Belsen por falta de hixiene, xa que houbo a fiebre tifoidea días antes de que o campo fora liberado. Só un dos ocupantes sobreviviu: Otto Frank, o pai de Anne. El foi quen se encargou de que o diario de Anne Frank saíse á luz para que todos e todas coñecésemos a súa historia.

Noa 




martes, 22 de enero de 2019

Simón C. entrevista a Xabi

Seguimos coas nosas prácticas periodísticas en 4ºA. De seguido podedes ler unha entrevista que Simón Casas lle fai ao seu bo amigo Xabi.

S:- Ola! Como te chamas?
X:- Chámome Xabi.

S:- Cantos anos tes?
X:- Teño 9 anos.

S:- Tes irmáns?
X:- Si, teño un máis pequeno ca min que se chama Paulo.

S:- Cal é a túa comida favorita?
X:- A miña comida favorita é a Pizza.

S:- Cal é o teu  cadro artístico favorito?
X:- O meu cadro favorito é A noite estrelada, de Vincent Van Gogh.

S:- Cal é o teu día favorito?
X:- O meu día favorito é o 28 de decembro, o día dos Santos Inocentes, porque fas moitas bromas.

S:- Que día naciches?
X:- Nacín o 15 de Marzo, as 7:53 a.m.

S:- Cal é o teu idioma favorito?
X:- O meu idioma favorito é o francés, porque é moi refinado.

S:- Cal é o teu canal de televisión favorito?
X.- O meu canal favorito é Boing, porque ten os meus debuxos favoritos.

S:- Cal é a túa serie favorita?
X:- A miña serie favorita é O Asombroso Mundo de Gumball.

S:- Moi ben Xabi, moitas gracias por concederme esta entrevista.
X:- Gracias a ti Simón.

Simón C. e Xabi.


lunes, 21 de enero de 2019

Deuses mitolóxicos

Unha vez expostos ante a clase, mostramos no blog os nosos traballos sobre deuses mitolóxicos da era grega e romana e que xa podemos ver no noso corredoiro.

Moi bos traballos nenos/as! 👌😃











viernes, 18 de enero de 2019

Sabela entrevista a Uxía e Ana

Para rematar a semana, publicamos a entrevista que a nosa compañeira Sabela fixo ás súas amigas Uxía e Ana para que as coñezamos mellor por medio dalgunhas preguntas persoais. 📺


jueves, 17 de enero de 2019

Os superpreguntóns

Máis suxestións por parte dos nosos compañeiros! 📖

Desta vez, Mateo trouxo un libro enorme con 365 preguntas curiosas e as súas correspondentes respostas.

Gracias por mostrarnos libros tan interesantes!



miércoles, 16 de enero de 2019

Publicidade sexista

Como traballo voluntario para o Nadal, os nenos e nenas de 4º A recopilaron varias imaxes de anuncios e publicidade sexistas e non sexistas para observar as diferencias. Recopilamos o material en dous murais (sobrou material gracias á participación que houbo) e colocámolos no corredoiro para que todos e todas podan velo detenidamente e reflexionen sobre o tema.




martes, 15 de enero de 2019

Libro de preceptos

Aproveitando que onte foi publicado o precepto de xaneiro, como curiosidade, dicir que hai uns días o noso compañeiro Gorka trouxo un libro sobre este tema precisamente. Un libro de 365 preceptos!
Na clase limos algúns deles que ben poderían ser compartidos neste blog.

Moi recomendable! Gracias Gorka!







lunes, 14 de enero de 2019

Precepto de xaneiro

RECOÑECER OS NOSOS ERROS 
BRÍNDANOS A OPORTUNIDADE DE APRENDER DELES.






viernes, 11 de enero de 2019

"Master class" sobre David Bowie

Hoxe, de sorpresa, recibimos unha "master class" sobre David Bowie.

Os alumnos/as de 6º están a realizar traballos adicados a diferentes grupos de música. Un deses artistas era un vello coñecido noso, David Bowie. Cando me enterei, contactei con eles para que nos fixeran unha exposición do seu traballo. Deste xeito, un grupo de nenas e nenos chegaron despois do recreo para falar da súa vida e obra, mostraron retratos feitos por elas e por medio da pizarra dixital buscaron fotografías e vídeos musicais. Tamén vimos o trailer da película "O laberinto", no que Bowie interpreta un papel e ademais canta. Para rematar fixemos varias preguntas que as nenas/os de 6º contestaron moi ben.

Parabéns aos de 6º polo seu traballo! Pronto haberá máis! 😎🎸🎵🎶





jueves, 10 de enero de 2019

Rochas e minerais

Nos temas de ciencias, tanto en Naturais como en Sociais, estamos a estudar os minerais e as rochas. Durante as explicacións, algúns compañeiros/as trouxeron diferentes mostras para ensinar ao resto da clase. Así, Adrián trouxo unha pulseira de pedras volcánicas e un recordo de olivina das Illas Canarias. Outro día, tanto Sabela coma Simón tamén fixeron o propio con outras pezas. Simón trouxo pedriñas de granito, cuarzo e mármore, mentres que Sabela uns exemplos de roca volcánica e unha rosa do deserto do Sáhara feita con bicarbonato cálcico. Elías tamén nos mostrou máis exemplos, unha caixa chea de minerais como rubí, topacio, obsidiana, malaquita ou charoita entre outros.

Moitas gracias pola vosa participación! Así non hai quen pare de aprender! 😄👌








miércoles, 9 de enero de 2019

Máis libros interesantes!

Máis libros interesantes que nos van traendo os nosos compañeiros e compañeiras! 📖

No mes de decembro, o noso compañeiro Simón Casas trouxo un precioso libro titulado "Sar, Sarela e os monstros de Compostela". Un libro que moitos xa coñeciades, xa que transcorre na nosa propia cidade. Unha maneira divertida de coñecer diferentes rúas, a catedral, as prazas e outros recunchos da nosa cidade por medio da lectura e ilustracións.
























E hoxe mesmo, Lía mostrounos un libro interesantísimo sobre mulleres, "Las chicas son guerreras", con textos e debuxos feitos con acuarelas moi bonitos.
























Moitas gracias por ensinar e suxerir estes libros chicos! 👌😊

martes, 8 de enero de 2019

Calendario de "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes"

Comezamos o ano 2019 estreando un novo calendario!

Cada mes poderemos ler e coñecer máis sobre mulleres interesantes gracias a este marabilloso agasallo que Gorka nos trouxo antes das vacacións.

Moitas gracias Gorka e familia! 👌😊