viernes, 11 de enero de 2019

"Master class" sobre David Bowie

Hoxe, de sorpresa, recibimos unha "master class" sobre David Bowie.

Os alumnos/as de 6º están a realizar traballos adicados a diferentes grupos de música. Un deses artistas era un vello coñecido noso, David Bowie. Cando me enterei, contactei con eles para que nos fixeran unha exposición do seu traballo. Deste xeito, un grupo de nenas e nenos chegaron despois do recreo para falar da súa vida e obra, mostraron retratos feitos por elas e por medio da pizarra dixital buscaron fotografías e vídeos musicais. Tamén vimos o trailer da película "O laberinto", no que Bowie interpreta un papel e ademais canta. Para rematar fixemos varias preguntas que as nenas/os de 6º contestaron moi ben.

Parabéns aos de 6º polo seu traballo! Pronto haberá máis! 😎🎸🎵🎶





8 comentarios:

  1. Encántoume a exposición. Oxalá volvan facer outro traballo! O de David Bowie gustoume moitísimo. ����
    Gorka.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome Gorka!
      Falaremos cos de 6° para que haxa máis e así coñocer grupos musicais de diferentes épocas 🎵🎶

      Eliminar
    2. Simón Gestal13.1.19

      Gustaríame que fixeran un de Queen ou dos Beatles. Simón G.

      Eliminar
    3. Tes razón Gorka molóu moitísimo.

      Eliminar
  2. Son moi boas opcións Simón. 👌🏼
    Veremos que grupos escollen.

    ResponderEliminar
  3. A min encantoume e espero que fagan mais.
    E tamén facer nosoutros algún.

    ResponderEliminar
  4. Era tan inpresionante que non teño nin palabras.

    Mateo

    ResponderEliminar