miércoles, 30 de enero de 2019

Día da paz

Hoxe festexamos o Día da non violencia ou Día da paz na escola!

Aínda que a celebración foi hoxe, os preparativos e ensaios fóronse dando ao longo destes últimos días, onde houbo moito traballo por parte de todos e todas, xa que ademais de cancións, murais, fichas, manualidades... tiñamos que seguir co traballo académico habitual e iso non é nada doado!

Hoxe mostramos no blog os diferentes traballos que se fixeron e que aínda poderemos gozar nos corredoiros do cole.

Para comezar, en Arts decoramos o espazo de 4º con pombas da paz e un gran símbolo pacifista feita coas nosas propias mans (nunca mellor dito ✋😁) en diferentes cores. A cada lado, móstranse diferentes personaxes coñecidos que loitaron pola paz ao longo da historia.




Na casa, escribíchedes bonitos desexos decorados xunto cun debuxo dunha botella. Estas mensaxes tamén foron expostas nos corredoiros e hoxe intercambiámolas cos nenos e nenas de 4ºB.



Durante estes días estivéchedes ensaiando a canción de tema pacifista Imagine, do cantante John Lennon, representándoa en lingua de signos e hoxe toda a escola compartiu as diferentes interpretacións. Foi un momento moi bonito! (mágoa non poder compartir os vídeos por motivo de permisos de imaxes, pero mañá na clase poderémolos ver 😉).




Finalmente, colaboramos na elaboración dun mapa-mundi a gran tamaño no que tiñamos que recortar e pegar papeis azuis e caras de diferentes persoas a modo dun "collage". O resultado final penso que quedou moi ben! 👌😃



Parabéns polo voso traballo tan ben feito!

Paz e amor! ✌💚


14 comentarios:

  1. Encantoume o que fixemos hoxe! Foi un día moi especial para min! As cancións interpretadas en LSE foron moi bonitas, xa teño ganas de volvelas a ver mañan. Os murais quedaron fantásticos, que bo traballo!! 😍
    Parabéns a todo o cole!!
    Mensaxe de miña nai: Parabéns a toda a comunidade educativa, alumnos e mestres, polo gran traballo que fixestes, o mapa-mundi é maravilloso, eso si é un bo traballo en equipo. A idea do símbolo coas vosas mans está xenial e queda moi bonito o ser de diferentes cores. A paz está nas nosas mans.
    Moitisimos parabéns.
    Acabouse a mensaxe de miña nai, e ocorreuseme unha idea, e se seguimos enviando mensaxes de paz nunha botella e que tódolos días sexan días de paz?
    Ata mañá! Paz e Amor☮❤️
    Gorka.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Darémoslle voltas a esa idea Gorka! 👍🏼😉

      Eliminar
  2. Hoxe paseino moi ben. Nas primeiras horas traballamos...pero despois cantantamos e pasamolo ben.
    O que mais me gustou foi cando cantamos e fixemos arts con pincel, ainda que mancheime a susadera...é imposible non mancharse🙄😄😄😄.
    Este ano foi un dos mellores días da paz porque fixemos moitas cousas☮☮☮.
    Ata mañá.
    Son Uxīa😄

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O próximo mércores hai que vir cunha bata... 👩🏻‍🎨

      Eliminar
  3. É certo Uxía, foi un dos mellores días paz, e tamén tes razón no que dís, imposible non mancharse coa pintura!! jajajajaja
    Ata mañá.
    Gorka.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo30.1.19

    Eu tamen o pasei xenial cos pintura Uxía😝😝😝
    O mural do mundo xenial¡e as botellas tamen¡👌👌👌👌

    ResponderEliminar
  5. Que chulo o signo da PAZ.
    E encantoume o de arts nos vai quedar chulisimo a todos.
    Ata mañá a todos.

    ÁLEXANDRE.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Seguro que queda ben! 👍🏼👨🏻‍🎨

      Eliminar
  6. Simón Casas31.1.19

    Foi moi divertido.Sobre todo cando cantamos a canción de Imagine de John Lennon.Tamén cando fixemos o traballo de arts.Grazas por facer todo esto!♥️♥️♥️

    ResponderEliminar
  7. O que di Uxía é certo solo traballamos dúas horas pero foi un día moi bonito!!!
    o que máis me gustou foi cando cantamos a canción de Imagine e sobre todo a técnica do pincel,eu casi non me manchei pero un pouquiño si.
    Lía.

    ResponderEliminar
  8. Alégrome que disfrutaras do día.
    Como ben me comentaches na clase, poderiamos poñer unhas batas de pintora... 👩🏻‍🎨👨🏻‍🎨😉

    ResponderEliminar