jueves, 24 de enero de 2019

"Imagine" en lingua de signos

Acércase o Día da Paz (30 de xaneiro) e os nenos e nenas do colexio Quiroga Palacios están a ensaiar diferentes cancións coa temática da paz en varios idiomas (galego, castelán e inglés).

Ao alumnado de 4º tocoulle cantar a famosa canción Imagine do artista John Lennon. Ademais de cantala en inglés, irán representándoa en lingua de signos. Aquí tedes o vídeo da nosa compañeira Tareixa para que a ensaiedes na casa durante estes días. ✌🎶

Nesta canle de Youtube están compartidas as demais cancións por se as queredes aprender tamén. 😉


6 comentarios:

  1. Que bonita canción! Nós estamos aprendendoa todos na casa signada.🙌🏻
    Boa fin de semana a todos!
    Gorka.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Gorka! Encantaríanos que nos fixeras unha "master class" de lingua de signos, paréceche? Sería moi interesante para todos/as! 😊

      Eliminar
  2. Fareino encantado Aleixo. Boa fin de semana a todos.
    Gorka.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. 👏🏼👏🏼👏🏼 Que ben! Boa fin de semana!

      Eliminar
  3. E a min encantariame como Aleixo.❤

    Mateo

    ResponderEliminar