miércoles, 23 de enero de 2019

"O diario de Anne Frank" en cómic

A semana pasada, Noa trouxo a clase un tebeo moi interesante.

O cómic trata da fatídica e famosa historia de Anne Frank e a súa familia durante a ocupación nazi en Holanda, pero mellor que nolo conte ela mesma.

O diario de Anne Frank 

Este libro reflexa un diario de verdade a modo de tebeo.
                                                  
É un libro chulísimo! Toda esta historia é do siglo pasado. Anne Frank era unha nena de 12 anos. No seu 13º cumpleanos regaláronlle un diario. Nese diario escribiu como se sentía na Casa de Atrás.

O seu pai pediu a unhas persoas da súa empresa, para non ser detidas polos nazis, que esconderan nunha casa a dúas familias (os Frank e os van Daan ),un gato e un dentista por ser xudíos. Pasaron nesa casa dende xuño de 1942 ata agosto de 1944, aproximadamente dous anos. Anne, neses dous anos, sentiuse agobiada por todos menos por Peter van Daan, o chico que lle gustaba.

Un día foron descubertos. Foron levados a campos de concentración (prisións terribles de traballos forzados) diferentes. Anne e Margot, a súa irmá, morreron en Bergen-Belsen por falta de hixiene, xa que houbo a fiebre tifoidea días antes de que o campo fora liberado. Só un dos ocupantes sobreviviu: Otto Frank, o pai de Anne. El foi quen se encargou de que o diario de Anne Frank saíse á luz para que todos e todas coñecésemos a súa historia.

Noa 




9 comentarios:

  1. Eu xa tiña ese libro.E é moi interesante,e trata sobre a Segunda Guerra Mundial😀🔥🔥

    ResponderEliminar
  2. Que libro tan bonito Noa! Gracias por compartilo coa clase. Miña nai tamén ten ese libro, pero non en tebeo, o seu é de narrativa,dixome que lle gustou moito, así que este será a miña próxima lectura.��
    Gorka.

    ResponderEliminar
  3. MARI ROMERO25.1.19

    E un moi bo libro, non sabía que o había para nenos.

    ResponderEliminar
  4. Un libro moi bonito Noa direille a miña nai que mo compre,gustame moito a historia da guerra mundial e da invasión dos nazis,ainda que da un pouco e pena.
    Lía.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que da pena Lía, pero recorda que é importante saber as cousas malas do pasado para que non se repitan.😉📖

      Eliminar
  5. Anne ... Se a puidese coñecer ...Os nazis ... Noa

    ResponderEliminar