martes, 22 de enero de 2019

Simón C. entrevista a Xabi

Seguimos coas nosas prácticas periodísticas en 4ºA. De seguido podedes ler unha entrevista que Simón Casas lle fai ao seu bo amigo Xabi.

S:- Ola! Como te chamas?
X:- Chámome Xabi.

S:- Cantos anos tes?
X:- Teño 9 anos.

S:- Tes irmáns?
X:- Si, teño un máis pequeno ca min que se chama Paulo.

S:- Cal é a túa comida favorita?
X:- A miña comida favorita é a Pizza.

S:- Cal é o teu  cadro artístico favorito?
X:- O meu cadro favorito é A noite estrelada, de Vincent Van Gogh.

S:- Cal é o teu día favorito?
X:- O meu día favorito é o 28 de decembro, o día dos Santos Inocentes, porque fas moitas bromas.

S:- Que día naciches?
X:- Nacín o 15 de Marzo, as 7:53 a.m.

S:- Cal é o teu idioma favorito?
X:- O meu idioma favorito é o francés, porque é moi refinado.

S:- Cal é o teu canal de televisión favorito?
X.- O meu canal favorito é Boing, porque ten os meus debuxos favoritos.

S:- Cal é a túa serie favorita?
X:- A miña serie favorita é O Asombroso Mundo de Gumball.

S:- Moi ben Xabi, moitas gracias por concederme esta entrevista.
X:- Gracias a ti Simón.

Simón C. e Xabi.


9 comentarios:

  1. Bonita entrevista. Eu tamén teño un irmán pequeno pero non tan pequeno coma o teu e xogamos moito xuntos. O que máis me gusta ver na televisión son as películas de Harry Potter e capítulos de Fraggle Rock. Ata mañá.
    Gorka.

    ResponderEliminar
  2. Mola moito facer unha entrevista!!!Vos, o fixechestes moi ben👏🏼👍👏🏼👍!!
    Xabi estiveches moi simpåtico co de francés👍😊.
    Ata mañán.

    ResponderEliminar
  3. A e estades moi graciosos!!🤣🤣🤣

    ResponderEliminar
  4. MARI ROMERO25.1.19

    Moi boa entrevista. :)

    ResponderEliminar
  5. Como mola!!!Agora que vexo máis entrevistas no blog teño máis ganas de facer a miña...Pronto será..
    Lía.

    ResponderEliminar