viernes, 30 de abril de 2021

Jean-Michael Basquiat

Outro autor que traballamos en Plástica, Jean Michael Basquiat. 🎨

Este artista foi un pintor moi recoñecido nos anos '80, discípulo de Andy Warhol e cun estilo moi persoal.

Neste traballo, dímonos conta que o arte é moi amplo e que moitas veces non se busca a beleza dunha obra, senón transmitir emocións dunha maneira orixinal. Nesta actividade intentamos transmitir emocións, denuncias ou ideas a través do trazo ou da elección de cores e non do debuxo. Un estilo moi sinxelo, pero difícil de interpretar. 

En 6º non deu tempo ao ter que facer outros traballos, pero co alumnado de 5º, ao rematar as obras, o grupo expuxo en alto o que nos transmitían ditas obras para logo comparalo coa idea orixinal do autor.
Debo dicir que saíron ideas moi interesantes!

Mostramos un vídeo do proceso creativo do alumnado de 6º. 👇😉

jueves, 29 de abril de 2021

Biscoito de chocolate (Laura)

A nosa compañeira Laura gravou este vídeo para indicarnos como facer un rico biscoito de chocolate. 🍰😋

Collede lapis e papel para os apuntes! 📝😉

Veslo?

Agora non o ves... 😜

miércoles, 28 de abril de 2021

Libros (Aroa)

A nosa compañeira Aroa fálanos dun par de libros que está a ler coa profe Amalia.

No vídeo coméntanos un deles que lle gustou moito, mentres que está a piques de comezar o segundo que lle ten moi boa pinta. 📚

Gracias Aroa polas túas suxestións para as nosas lecturas! 👍😉

martes, 27 de abril de 2021

O estraño viaxe de Narana

Retomamos o traballo de comprensión lectora con contacontos para traballar na aula virtual.

O seguinte conto é unha historia sorprendente que vive a súa protagonista chamada Narana...

lunes, 26 de abril de 2021

Os Resentidos

Esta semana toca escoitar a unha das bandas de referencia da música feita en galego.

Os Resentidos formáronse na cidade de Vigo a principios da década dos '80, sendo Antón Reixa o seu líder. Todas a súas composicións musicais foron escritas en galego con mensaxes reinvindicativas tanto sociais coma políticas, sempre co humor, coa ironía e a retranca como a súa maneira de expresarse.

A súa música é unha mestura de diferentes estilos musicais como o rock, o punk, o ska, o rap, a música tradicional galega, o blues e jazz, a cumbia...

Xunto cos Siniestro Total (grupo do que xa falamos no blog) lideraron a movida de Vigo nos '80.

Famosas son cancións como Galicia caníbal (Fai un sol de carallo)Galicia, sitio distinto; Sector naval ou Cumbia china.

Aquí temos algúns vídeos do grupo! 👇

viernes, 23 de abril de 2021

Día do libro

Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do Libro. 📚

Un día moi especial para os lectores e lectoras, que aproveitamos para acudir a ferias do libro, asistir a actos en bibliotecas, participar en actividades nas escolas, comprar nas librarías...

Para min, uns dos meus días favoritos do ano! 👌😊

Aquí mostramos un espazo adicado a este día e á lectura en xeral, onde destacamos libros de diferentes idiomas, temáticas, niveis, tamaños...

E xa sabedes, intentade que cada día sexa o día do libro por medio da boa lectura! 😉📚

Espazo adicado a Xela Arias e á lectura en galego.

Shakespeare e Cervantes.

Por que celebramos o Día do libro un 23 de abril?

Libros en francés.

Contos en diferentes idiomas.

Libros de diferente temática.

Libros en inglés.

Libros de lugares e viaxes.

Libros en galego.

Espazo adicado ao Día do libro.

Parabéns Esteban!

Hoxe é o aniversario do noso compañeiro Esteban e para celebralo compartiu con todos nós unhas ricas galletas! 👏👏👏😊

Moitos parabéns e que que goces do teu día, Esteban! 🎂🎉🎊🎁👑💝

jueves, 22 de abril de 2021

Día da Terra

Hoxe, día 22 de abril, conmemórase o Día da Terra. 🌍♻


miércoles, 21 de abril de 2021

A porta dos tres cerrollos Vol.2 (Amparo)

Continuamos coa crítica da triloxía da Porta dos tres cerrollos que tanto lle gustou a nosa compañeira Amparo.

Fai unhas semanas falábanos do inicio da triloxía, así que esta vez toca falar da segunda parte.

Atentos/as a esta fascinante historia na que nos introduce Amparo! 👇👀

martes, 20 de abril de 2021

A Unión Europea

Actualmente, na materia de Sociais, estamos a estudar a Unión Europea (EU) e para repasalo imos traballar na aula virtual cun par de vídeos para que entendamos ben esta unidade un tanto liosa...

Espero que vos sirva de repaso e de axuda para unha mellor comprensión. 👇👀

lunes, 19 de abril de 2021

Joan Jett

Continuamos coas biografías musicais, que as tiñamos un pouco paradas...

Esta semana toca falar de Joan Jett, unha roqueira da que xa falamos en Valores co libro Cuentos de Buenas Noches Para Niñas Rebeldes.

A Joan Jett encantáballe o Rock'n'Roll dende moi moza e xa con 14 anos tocaba a guitarra eléctrica soñando con formar parte dunha banda de rock.

Aos 15 anos fundou a banda The Runaways coas súas compañeiras Cherry Currie (cantante), Lita Ford (guitarra solista), Jackie (baixo) e Sandy (batería).

Nos anos '70 tiveron bastante éxito en Europa e sobre todo en Xapón con cancións como Cherry Bomb, Queens of Noise ou Wasted, pero non así no seu país, EEUU. Alí tiveron que lidiar co machismo e intolerancia de moitas persoas do mundillo musical, as cales non as respectaban por ser unha banda formada por mulleres e ademais moi xovenciñas.

Co tempo, acabaría marchando a cantante Cherry para comezar unha carreira en solitario. Nesta última etapa da banda é Joan quen se encargará de darlle voz ás cancións das Runaways.

Finalmete, en 1979, a banda sepárase. Nestes momentos duros, Joan Jett decide gravar discos en solitario, pero ao ser rexeitada polas discográficas, decide ser a primeira muller en crear a súa propia casa de discos para editar a súa música. É  así como comeza a súa longa e exitosa carreira en solitario baixo o nome de Joan Jett & The Blackhearts. Cos anos acadaría éxitos con cancións coma I Love Rock'n'Roll ou Bad Reputation.

A día de hoxe segue a realizar xiras por todo o mundo e a colaborar con moitas bandas de éxito.

Mostramos algúns dos seus éxitos musicais. 👇🎶🎵🎸

viernes, 16 de abril de 2021

Parque Natural e Dunas de Corrubedo

Que gran día pasamos hoxe na saída ao Parque Natural de Corrubedo! 👌🌅

Despois de ter a charla sobre esta actividade a semana pasada, hoxe tocaba gozar do día de excursión.
Por fin! 👏👏👏😃
Que ganas tiñamos dunha saída coma esta! 🙌😊
Gozamos dun día estupendo nun dos paraxes máis bonitos de Galicia. 
De Galicia?... Do mundo enteiro!
🌄🌅🌊🌼🌸🌲🌺🐇🐌🐍🐚🐢

Espero que vos gustara esta master-class de Ciencias Naturais ao aire libre e que aprenderades cousas novas á vez de pasalo ben. 👍😉

Aquí deixamos un vídeo-resumo do que deu de si esta xornada. 👇😉

Que teñades unha moi boa fin de semana! 😘

👉 Como vos comentei, quen desexe ter as fotos, podo gravalas no voso pen (Hai moitas máis das que aparecen no vídeo!). 👍😉

jueves, 15 de abril de 2021

Parabéns Aldara e Ángel!

Esta semana o grupo de 6ºA está de celebración, xa que esta semana están de aniversario Ángel, que onte cumpriu 12 anos, e Aldara, que os cumprirá o sábado.

Moitos parabéns aos dous! 👏👏👏🎉🎊🎂🎁😘

Parabéns Aldara e Ángel!

miércoles, 14 de abril de 2021

Artistadas! (Anna)

A nosa compañeira Anna segue a mostrarnos o seu talento artístico! 🎨🐶👌

martes, 13 de abril de 2021

Mapamundi

Representa o mapamundi tal como é o noso planeta?

Pois resulta que non... 😲

A próxima tarefa na aula virtual será explicar coas vosas propias palabras este fenómeno que os seguintes vídeos explican de maneira moi didáctica o por que desta distorsión da realidade entre o globo terráqueo e o mapamundi plano e que moita xente descoñece. 🌍

lunes, 12 de abril de 2021

What a wonderful world

Pedazo de mural que fixemos os nenos e nenas de 6º coa colaboración de 5º!

Nas sesións de Plástica en coordinación con Ivette, a profe de Inglés, diseñamos e creamos un gran mural no que queriamos traballar unha canción que representase unha idea positiva deste mundo que a día de hoxe está a pasar momentos incertos.

A semana pasada falabamos do artista Louis Armstrong e pensamos que a súa canción What a wonderful world sería perfecta para este traballo. 💙💚💛💜

Bravo por todos/as os que participastes, en especial a nosa compañeira Anna (principal artífice de dito mural). 👏👏👏😍

Anna e Mariquiña repasando as notas musicais. 🎵🎶

Anna e Laura pintando as notas floreadas. 🎵🎶🌸🌺🌼

Saray pintando ao protagonista do noso mural. 🎨🎺

Ana cos últimos retoques. 🎨🎺 

Aldara e Nuria recortando letras para o mural.

Repasando as letras da canción feitas por Anna.

Traballo en equipo!







viernes, 9 de abril de 2021

Sobre rodas!

Encántame a actividade que mostramos hoxe no blog! 👏👏👏😊

Estas semanas estades a practicar cos patíns nas clases de Educación Física, polo que lle pedín ao profe Roi que vos gravara nunha sesión. 👍😄

 

 

   

   

   

   

 Ademais, aproveitei o recreo para filmar e mostrar o voso nivel de patinadores/as! 👌😁

 

 Incluso despois de comer xogastes ao pilla-pilla sobre rodas!







jueves, 8 de abril de 2021

Charla-Parque Natural de Corrubedo

Hoxe, Jorge, un traballador do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) deunos unha charla sobre espazos naturais protexidos, máis concretamente sobre o Parque Natural de Corrubedo, ao que imos visitar o venres da próxima semana! 🌲🌅🌳🐢🐤

Unha charla do máis interesante para coñecer as características destes espazos naturais e concienciarse da importancia da súa conservación.

Os meus parabéns a todos polo voso interese e participación en dita charla! 👌😊








Que ganas de facer por fin unha saída! 👏👏👏😄

miércoles, 7 de abril de 2021

Artistadas! (Olivia)

A nosa compañeira Olivia comparte con nós algunhas das súas obras pictóricas. 🎨

Canto talento hai na Baña! 👏👏👏😊




martes, 6 de abril de 2021

Faraón. Rei de Exipto

Comezamos o derradeiro trimestre do curso cunha suxestión!

Moi interesante a mostra que hai na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Faraón. Rei de Exipto.

Unha exposición sobre Exipto, coa colaboración entre o British Museum, a Fundación La Caixa e a Xunta de Galicia; onde poderemos ver unha colección de 140 pezas orixinais pertencentes á colección do museo británico.

Teremos a oportunidade de observar estatuas, xoiería e obxectos cotiáns da época da monarquía exipcia, cerquiña da casa e sen ter que viaxar a Londres!

Espero que vos interese, xa que é unha gran oportunidade!
Pola miña parte, pronto a visitarei! 👍😉