lunes, 19 de abril de 2021

Joan Jett

Continuamos coas biografías musicais, que as tiñamos un pouco paradas...

Esta semana toca falar de Joan Jett, unha roqueira da que xa falamos en Valores co libro Cuentos de Buenas Noches Para Niñas Rebeldes.

A Joan Jett encantáballe o Rock'n'Roll dende moi moza e xa con 14 anos tocaba a guitarra eléctrica soñando con formar parte dunha banda de rock.

Aos 15 anos fundou a banda The Runaways coas súas compañeiras Cherry Currie (cantante), Lita Ford (guitarra solista), Jackie (baixo) e Sandy (batería).

Nos anos '70 tiveron bastante éxito en Europa e sobre todo en Xapón con cancións como Cherry Bomb, Queens of Noise ou Wasted, pero non así no seu país, EEUU. Alí tiveron que lidiar co machismo e intolerancia de moitas persoas do mundillo musical, as cales non as respectaban por ser unha banda formada por mulleres e ademais moi xovenciñas.

Co tempo, acabaría marchando a cantante Cherry para comezar unha carreira en solitario. Nesta última etapa da banda é Joan quen se encargará de darlle voz ás cancións das Runaways.

Finalmete, en 1979, a banda sepárase. Nestes momentos duros, Joan Jett decide gravar discos en solitario, pero ao ser rexeitada polas discográficas, decide ser a primeira muller en crear a súa propia casa de discos para editar a súa música. É  así como comeza a súa longa e exitosa carreira en solitario baixo o nome de Joan Jett & The Blackhearts. Cos anos acadaría éxitos con cancións coma I Love Rock'n'Roll ou Bad Reputation.

A día de hoxe segue a realizar xiras por todo o mundo e a colaborar con moitas bandas de éxito.

Mostramos algúns dos seus éxitos musicais. 👇🎶🎵🎸

4 comentarios:

  1. Eu coñecía a primeira e a última canción.

    ResponderEliminar
  2. eh Aleixo, que conste que foi idea miña volver a poñer as biografías musicaís.
    Amparo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois si, ti e máis Antía.
      Tiñamos que retomalo. 👍🏼😉

      Eliminar