miércoles, 29 de mayo de 2019

Comecocos temáticos

Semanas atrás estaba eu dándovos clase cando vos tiven que chamar a atención a varios/as de vós por estar argallando con papelitos en vez de atender á explicación... Ditos papelitos resultaron ser os famosos comecocos, así que pensei: "Se non podes co inimigo... únete a el!". Desta maneira, propúxenvos crear uns comecocos feministas sobre mulleres que xa coñeciamos polos libros lidos.


Así, de maneira moi acertada, varios de vós suxeristes outras temáticas: personaxes destacados da cultura, autores galegos para o Día das Letras Galegas...

Ben, pois aquí tedes algúns exemplos de como quedaron e como se pode aprender xogando. 👍😉

Pronto mostraremos estes xogos aos nenos e nenas doutras clases! 😄




martes, 28 de mayo de 2019

As Meninas de Velázquez (Uxía)

Seguimos falando de libros no curso de 4ºA!

A nosa compañeira Uxía móstranos un libro sobre un dos pintores españois máis destacados, Velázquez, e a súa obra. O libro xa de por si é unha obra de arte, porque mira que é bonito!
Atendede a súa explicación porque merece a pena! 👌🎨

lunes, 27 de mayo de 2019

A mellor sopa do mundo

O venres pasado, na nosa sesión de biblioteca, estabamos a traballar en diferentes cousas cando as intérpretes de lingua de signos do noso cole, Tareixa e Andrea, chegaron cun grupo de alumnos e alumnas. Querían gravar un conto para que os nenos e nenas puideran velo en youtube e así aprendelo en lingua de signos.

Deste xeito, pediron a nosa colaboración. Sabela foi a encargada de ler o conto, marcando os personaxes para que Tareixa e Andrea puideran interpretar cada un deles. Tiñamos que estar en silencio, así que o resto fixemos un alto no noso traballo e fumos público e testemuñas privilexiadas da gravación do conto.

A mellor sopa do mundo xa está "colgado" na canle de youtube de LSE Ceip Quiroga Palacios, pero neste vídeo que eu gravei (mentres elas gravaban o seu 😅) vésevos como público e moloume máis. 😉



viernes, 24 de mayo de 2019

Videoclip A banda da loba!

Extra! Extra! Temos unha gran primicia que darvos!

O videoclip de A banda da loba que gravamos todos e todas no Banquete de Conxo xa está editado!

Queredes ver o resultado? Aquí o tedes! 🎥🎶🎵🎶🎥


jueves, 23 de mayo de 2019

Contacontos (Gorka)

Despois do conto que nos relatou Alessia na biblioteca do centro, por fin outro compañeiro animouse a facelo! Neste caso, trátase de Gorka, que fai uns días contounos, con imaxes incluídas, a historia de "A casa da mosca chosca".

Bravo Gorka! Encantounos a orixinalidade do teu relato! 👏👏👏👏😊📖


miércoles, 22 de mayo de 2019

Libro de ilusións ópticas (Simón C.)

Hoxe o noso compañeiro Simón fálanos dun libro sobre ilusións ópticas, tema do que xa falamos tempo atrás na clase.

Vaia pintaza! 👌🤪📚

martes, 21 de mayo de 2019

Experimentos (Sabela)

Seguimos recibindo experimentos caseiros do alumnado de 4ºA e iso encántanos!

A nosa compañeira Sabela móstranos en 4 pasos un claro exemplo de separación por evaporización utilizando un cazo con auga e sal.

Bravo Sabela e gracias pola túa participación! 👏👏👏😉


lunes, 20 de mayo de 2019

Calendario maio/xuño

Comeza o tramo final do curso!

Hoxe falamos sobre Jessica Watson e os seus logros como mariñeira, que aparece no mes de maio do noso calendario sobre as mulleres. ⛵

E falando de calendarios, aproveitamos para mostrar a nosa compañeira Ainara con outro calendario de maio e xuño cun montón de actividades anotadas en diferentes días e en distintas zonas da nosa cidade para quen lle interese. 👍😉



viernes, 17 de mayo de 2019

Día das Letras Galegas

Hoxe, aínda que é festivo, penso que no noso blog debemos festexar tamén o Día das Letras Galegas e que mellor maneira que facelo contando o que fixemos no cole para conmemorar esta data tan sinalada para os galegos e galegas.

Ao longo da semana, cada curso decorou unha bolsa de tea para colgalas no corredoiro da biblioteca para ser vistas por todos e todas. Nós debuxamos por un lado da bolsa ao protagonista deste ano, Antonio Fraguas Fraguas, e polo outro lado fixemos a bandeira de Galicia, xunto coa data 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Eu penso que vos quedou ben chulo! 👌😉











 Ademais, onte falamos e limos sobre a vida e obra de Antonio Fraguas, tanto na clase coma nas escaleiras do centro, onde había pegados nas paredes diferentes posters sobre o autor.





Gozade do día e da vosa lingua! 📝💙

jueves, 16 de mayo de 2019

Xogos tradicionais

Como remate da semana cultural no colexio Cardeal Quiroga Palacios puidemos gozar dunha sesión de xogos tradicionais. Deste xeito, aos cursos de e tocounos a terceira hora e o recreo.

Por quendas xogastes a diferentes xogos tradicionais onde primaba a habilidade, o pensar, a paciencia, o traballo cooperativo...

Encantoume vervos, a nenos e nenas de hoxe coma vós, gozar tanto duns xogos máis sinxelos e rudimentarios, feitos de madeira e non tecnolóxicos, ao que seguramente xogaban os nosos avós/avoas e incluso bisavós/bisavoas. 👌👴👦👵👧















miércoles, 15 de mayo de 2019

Concerto de Migallas!

Seguimos coa semana cultural no CEIP P. Cardeal Quiroga Palacios!

Hoxe puidemos gozar dunha simpática actuación de Migallas! Durante unha hora longa rimos, cantamos e bailamos coas súas cancións: Pan de millo, Miña abuela Manuela...  🎶🎵🎶






martes, 14 de mayo de 2019

Os maios

A segunda xornada da nosa semana cultural particular adicámola á celebración dos Maios. 🌸🌹🌺🌻🌼🍀🌲

Todos os cursos elaboramos uns maios utilizando fiuncho, xesta, ovos decorados, flores silvestres, pel de laranxa e limón... No noso destacaba a xesta e os preciosos ovos que decorastes na casa.
Gracias pola vosa colaboración e esforzo! 👏👏👏😊







Despois do recreo, baixamos cos maios decorados e por quendas cantamos e recitamos as nosas poesías e cancións arredor deles. Aquí tedes en vídeo aos nenos e nenas de 4ºA en acción!

lunes, 13 de mayo de 2019

Carreira solidaria

Comezou a semana cultural no Colexio P. Cardeal Quiroga Palacios!

A primeira xornada desta semana consistiu na esperada carreira solidaria. Recordamos que este ano colaboramos con ASANOG, unha asociación en apoio a nenos e nenas con cancro.

Antes da nosa quenda, fumos testemuñas da saída de e para animalos. Despois, ao soar o silbato, e saístes coma raios rúa abaixo! 🏃 Na meta vimos chegar en 1º lugar ao noso compañeiro Iker (4ºB), para pouco despois vibrar cun apretado sprint entre o noso compañeiro Sergio e Gonzalo (3ºB) quedando 2º e 3º respectivamente.

Unha vez recuperadas as forzas, colocámonos na meta para seguir animando ao resto de cursos baixos do cole.

4ºA antes de correr

4ºA despois de correr

Polo tanto, o podio quedou repartido entre tres cursos, sendo Sergio o campión da nosa clase.
Moitos parabéns Sergio! E tamén a todos e todas vós por participar nesta carreira solidaria tan especial! 👏👏👏🏃

Sergio, o noso campión!

viernes, 10 de mayo de 2019

Precepto maio

Hoxe rematamos o libro de Wonder, polo que tamén iremos rematando cos preceptos, os cales comezaron falando dun mesmo para ir abríndose hacia os demais. Así, falamos de coñecernos a nós mesmos, de aprender dos nosos erros, de mellorar como persoas, de querer as nosas familias, de coidar das nosas amizades, de respectar o noso planeta...

Agora toca seguir abrindo o círculo e ser conscientes da importancia dos nosos comportamentos, actitudes e actos ante a vida. Falando disto na clase, a nosa compañeira Noa resumiuno moi ben: "Temos que predicar co exemplo".

Así, debemos dar exemplo á hora de comportarse correctamente nas distintas situacións da vida (cumprir as norma de clase, estudar na casa sen que teñan que mandarnos mamá ou papá, axudar nas labores do fogar,  manter o silencio no teatro ou cine, pedir as cousas con educación nas tendas ou bares e restaurantes, tratar con respecto ás persoas maiores, non tirar cousas ao chan, coidar dos animais...). Se cada un  de vós conseguira facer estas cousas, sentiríadesvos mellor con vós mesmos e xuntos fariades deste planeta un lugar mellor.
Como sempre vos digo, está nas vosas mans. 💜💚😉

O precepto de maio é...

SEDE O CAMBIO QUE QUEREDES VER NO MUNDO



jueves, 9 de mayo de 2019

Experimentos (Álex 3)

Máis experimentos por parte do noso compañeiro Álex!
Como me gusta recibir estes vídeos! 😊

Agora Álex vai calcular o volume que ocupa un obxecto, neste caso unha goma de borrar. Fixádevos como utiliza diferentes utensilios como unha báscula para obter a masa do obxecto e unha probeta para calcular o volume. Atendede todos e todas como repaso do xa estudado. 😉

Experimentos (Álex 2)

Outro experimento que nos mostra o noso compañeiro Álex!

A actividade consiste en mesturar sal con auga para deseguido quentala nun cazo. Deste xeito, Álex volverá a separar o sal mentres que a auga se evapora. Un exemplo perfecto da técnica da evaporización que estudiastes en Ciencias Naturais.

Moi ben Álex! 👍😉

Experimentos (Álex)

Seguimos cos vosos experimentos caseiros onde levades á práctica o estudado en Ciencias Naturais.

Neste vídeo o noso compañeiro Álex móstranos unha mestura homoxénea para despois separar as diferentes substancias por medio da técnica da filtración.
Bravo Álex! 👌


miércoles, 8 de mayo de 2019

Experimentos (Gorka)

Experimento parecido foi o que fixo o noso compañeiro Gorka na nosa clase, onde fai unha mestura heteroxénea con auga e aceite para logo darlle un pouco de cor! 👌👀



Experimentos (Uxía)

Comezades a facer experimentos na casa e iso encántame! 👏👏👏😄

Aquí tedes un vídeo onde a nosa compañeira Uxía móstranos como se fai unha lámpada de lava!

martes, 7 de mayo de 2019

Charla ASANOG

Esta mañá recibimos a visita dunha asociación de axuda a nenos e nenas con cancro infantil, ASANOG, por motivo da carreira solidaria que se fará no noso centro a vindeira semana.


Na charla, dúas profesoras que traballan no hospital con nenos e nenas que padecen cancro, contáronnos brevemente as súas experiencias e o importante que é animar a estes compañeiros/as para que poidan superar a enfermidade.



Despois da charla, vimos un capítulo moi interesante dos clásicos debuxos de Charlie Brown e Snoopy sobre o tema falado anteriormente. 


Ao longo destes días haberá unha urna para donativos na entrada da nosa escola. Queremos recaudar fondos e axudar a combater o cancro infantil. Anímovos a que participedes! 👍😉

lunes, 6 de mayo de 2019

Experimentos (Elías)

Ao igual que a nosa compañeira Ana, Elías quixo compartir con nós varios experimentos!

O noso "mad doctor" favorito

Tras varios intentos...

Elías, por unha banda, conseguiu mostrarnos un bonito xogo de cores coa utilización de diferentes materiais (leite, aceite, cores alimenticias...). 🎨🔬



E por outra banda vimos a erupción dun volcán! 🌋