viernes, 3 de mayo de 2019

O pequeno banquete de Conxo

Se o apadriñamento/amadriñamento lector de onte foi unha bonita actividade, o de hoxe xa foi de traca! Esta mañá celebramos o comezo da festa do Banquete de Conxo, "O pequeno banquete", xunto con outra escola de Sta. Comba, Down Compostela, familiares, amigas e amigos, Os Quinquilláns e A Banda da Loba!

A primeira hora da mañá, os compañeiros/as que actuaban no teatro (Lía, Uxía, Gorka, Elías, Ana e Ainara) marcharon á carballeira de Conxo para facer un último ensaio.


Despois de gozar dunha pequena andaina, chegamos o resto do cole e estivemos entretidos mentres esperamos a que comezara o espectáculo.


Por fin comezou a obra de teatro e a todos e a todas gustounos moito! Varios comentarios destacaron o ben que saíra co pouco tempo de ensaio que houbo. Eu, como o voso profe, non podo estar máis orgulloso de vós! Canto talento hai en Conxo! 👏👏👏😍





Ao rematar a representación teatral, que por certo, merece ser ben escoitada pola súa didáctica, a quenda foi para A Banda da Loba. Como se trataba de gravar un vídeo en directo, fixemos un pequeno ensaio para deseguido cantar, bailar e gravar a canción "Ti e eu" un par de veces.




Ademais de fotos, tamén temos un vídeo da actuación. Que ben o fixestes todos e todas ao cantar, bailar e signar! 👌😊



E cando xa iamos marchar para o cole, encontrámonos cun "vello amigo" do curso pasado, o xornalista de radio que nos entrevistara na biblioteca sobre os libros "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes". Saudamos e cantamos na radio en directo! 🎧🎵🎶📻




E isto foi o que deu de si esta xornada tan especial! Espero que gocedes da festa e que teñades unha fin de semana xenial!

Viva o Banquete de Conxo!



9 comentarios:

  1. Foi un día xenial!!👌🏻 Paseino moi ben!!👍🏻 Recoñezo que estaba un pouco nervioso ao principio, pero gustoume moito a experiencia.
    Que sorte atopar a ese " vello amigo" e cantar en directo na radio,🎧📻🎤 gustoume a Banda da Loba e vinas hoxe en persoa por primeira vez. Meus pais xa as coñecían.
    En resumo: hoxe foi un día fenomenal!!!!❤️
    E o domingo volvemos a carballeira do Banquete de Conxo, pero esta vez a comer.🍟🍚🍽
    Boa fin de semana, e que viva Conxooooooooo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻😍
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que ben que o gozaras tanto Gorka! Fixéstelo xenial! 👏🏼👏🏼👏🏼👌🏼😊

      Eliminar
  2. Gorkaaa nos tamén a dramatización fixemola moi ben, coma actores de verda e estrelas das películas🤩🤩😁😁

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si ho!!! O de ir con cara de pena saíunos moi ben. 😔
      Ata mañá.
      Gorka.☺️
      👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

      Eliminar
    2. Sodes unhas auténticas estrelas! 👏🏼👏🏼👏🏼🤩🤩🤩

      Eliminar
  3. Si o fixemos moi ben 👏👏👍👍no teatro. Gustariame ver un video do teatro, a ver se o poñen nalgun sitio.
    Eu ao principio estaba un pouco nerviosa pero deixei de pensar en iso e os nervios pasaronme e o saquei adelante, de feito estiven todo o día dicindo "non quero que este día pase quero que se volva a repetir..."E o apuntei no meu diario todo o que pasou e me ocupou 4 follas...
    O venres paseino super super bien😍😍🤩🤩
    Feliz dīa a todas as mamás!!!
    Ata mañá
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bravo Uxía! Como me gusta que disfrutedes destes días tan especiais. 👌🏼😊

      Eliminar
  4. Si pero creo,que,a canción estuvo mellor🤔🤔🤔 pero eu apollo o drama que fixemos👍👍.
    Bemonos😁😁

    ELÍAS

    ResponderEliminar