jueves, 2 de mayo de 2019

Apadriñamento lector

No Día do Libro non puidemos facer a actividade de apadriñamento ou amadriñamento de lectura a causa do mal tempo...

Dende o equipo de biblioteca do centro apostouse por facelo no día de hoxe e aproveitar un día con Sol. 🌞 Desta maneira, despois do recreo, cada un de vós tivo unha parella de infatil (5 anos) para lerlle varios contos. Esta bonita actividade realizouse na zona verde ao carón da escola. 📚

Confeso que é unha das miñas actividades favoritas do curso, xa que é unha gozada vervos ler mentres os pequerrechos gozan da vosa lectura, ou lenvos a vós, ou non vos fan caso, ou directamente comezan a recoller flores polo campo mentres vós intentades chamarlles a atención sen éxito. 😂

O importante do apadriñamento de lectura é que gocedes uns dos outros, da lectura e do aire libre! 😉













4 comentarios:

  1. Menos mal que hoxe facía sol,🌞 a mín tamén me encanta esta actividade.😀 Eso que dís de que os nenos/as non nos facían caso, de estar chamándolle a atención sen éxito e que están recollendo flores coa que me tocou a mín non pasou, aínda menos mal.😅
    Miña nai cando escoito esto riuse 🤣 claro, como ela é mestra de infantil....
    Ata mañá.
    Gorka☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
  2. Tamén é unha das actividades favoritas. Cando lin o conto do neno como xa o sabía de memoria púxose a arrincar flores, despois cando lle lin o meu atendeu máis e pasouno mellor...
    Igual unha boa idea sería lerlles o conto de infantil pero dun compañeiro da súa clase🧐🤔🤔🤔🤔...porque o seu moitos xa o saben de memoria.
    Paseino moi ben, ademais tocounos a clase do meu irmán 👏👏👏👏 e coñezo os nenos🤩🤩🤩.
    Son moi simpaticos...🤓😆🤣😂🙃😛😜😝
    Ata mañá.
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
  3. Digocho eu Uxía a que me tocou a mín carai👏👏👏 un aplauso
    Son Elías

    ResponderEliminar