viernes, 10 de mayo de 2019

Precepto maio

Hoxe rematamos o libro de Wonder, polo que tamén iremos rematando cos preceptos, os cales comezaron falando dun mesmo para ir abríndose hacia os demais. Así, falamos de coñecernos a nós mesmos, de aprender dos nosos erros, de mellorar como persoas, de querer as nosas familias, de coidar das nosas amizades, de respectar o noso planeta...

Agora toca seguir abrindo o círculo e ser conscientes da importancia dos nosos comportamentos, actitudes e actos ante a vida. Falando disto na clase, a nosa compañeira Noa resumiuno moi ben: "Temos que predicar co exemplo".

Así, debemos dar exemplo á hora de comportarse correctamente nas distintas situacións da vida (cumprir as norma de clase, estudar na casa sen que teñan que mandarnos mamá ou papá, axudar nas labores do fogar,  manter o silencio no teatro ou cine, pedir as cousas con educación nas tendas ou bares e restaurantes, tratar con respecto ás persoas maiores, non tirar cousas ao chan, coidar dos animais...). Se cada un  de vós conseguira facer estas cousas, sentiríadesvos mellor con vós mesmos e xuntos fariades deste planeta un lugar mellor.
Como sempre vos digo, está nas vosas mans. 💜💚😉

O precepto de maio é...

SEDE O CAMBIO QUE QUEREDES VER NO MUNDO



2 comentarios:

  1. Eu recoñezo que me costa estudiar sen que mo manden mamá ou papá, pero mañá vou a intentar estudar sen que mo manden, estou seguro de que o conseguirei.🤓
    Boa fin de semana.💚💜
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Iso é Gorka! 👍🏼😉
      Ímonos facendo maiores e temos que ser responsables do noso propio estudo. 🤓📚

      Eliminar