lunes, 30 de noviembre de 2020

AC/DC

Nova banda para escoitar esta primeira semana de decembro: AC/DC

AC/DC é un grupo de orixe australiano que moi pronto emigrou a Inglaterra para buscar o éxito no mundo do rock. 

Como curiosidade, decirvos que o seu nome provén dos aparatos electrónicos, nos que aparecen estas letras indicando a toma de corrente para o seu uso: corrente alterna/corrente continua. Ao grupo gustoulle a idea pola relación coa electricidade e a forza do rock.

Durante os anos '70 o seu ascenso ao éxito foi pasiño a pasiño ata que cun dos seus discos máis míticos, Highway To Hell (1979) obtiveron a fama en todo o mundo. Na cúspide da súa carreira morre o seu cantante, Bon Scott, sendo substituído por Brian Johnson. Con este último graban outro disco mítico, Back in Black (1980), que como o seu propio título indica, era unha volta de luto e adicada ao seu anterior cantante.

Ao longo dos anos a banda cambiou de formación, sendo os guitarristas e irmáns Young os líderes da banda. Malcolm Young (guitarra rítmica) manteríase nun discreto segundo plano, mentres o seu irmán pequeno, Angus Young, convertiríase na cara visible de AC/DC, vestindo como un colexial e movéndose no escenario coma se estivese poseído pola música que emanaba das cordas da súa guitarra.

Espectaculares son os seus directos enchendo estadios de fútbol por todo o mundo (o voso profe viunos fai anos en Barcelona e aínda non se recuperou do shock! 😜).

Os últimos anos do grupo foron complicados. Problemas de xordeira do seu cantante, problemas coa xustiza do seu batería ou a triste morte de Malcom Young.

Finalmente este ano volvéronse reunir para editar un novo disco e iso sempre é un motivo de celebración para os amantes do hard rock!

Subide o volume e... a rockear! 😎🎸🎶🎵

🎸 Primeira etapa con Bon Scott como cantente.

  

🎸 Segunda etapa con Brian Johnson como cantente.

viernes, 27 de noviembre de 2020

Festival de cine!

Durante estas semanas celebrouse na nosa escola o I Festival de Cine, onde os diferentes cursos visionaron distintas curtametraxes de animación, con actores e actrices reais, documentais e películas de cine mudo clásico. 🎥🎬

Para darlle á actividade máis ambiente cinematográfico, repartimos flocos de millo (gracias Amalia!), preparamos unha pantalla moi especial para a ocasión (gracias Henar e Silvia!) entregamos tickets como entradas para a sesión (gracias Iria!), decoramos a sala cun rollo de película feito polos nenos/as de 3º e 4º e no salón de actos expuxemos parte da carteleira con murais feitos polo alumnado de 5º e 6º.

Moitos parabéns porque a actividade saiu moi ben gracias á cooperación de profesorado e alumnado! 👏👏👏👌😊

Agora toca realizar as votacións en cada curso e desexar sorte a todos os participantes deste festival.

Mostramos imaxes desta actividade tan chula e que na miña opinión debería repetirse cada ano! 👍😉


















jueves, 26 de noviembre de 2020

Xincana da igualdade

Onte, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, todos os cursos do centro xogamos a unha xincana da igualdade.

A 6º tocoulle participar na terceira sesión no pavillón.

Deu gusto vervos xogar, estaba claro que o pasastes moi ben e espero que as distintas actividades vos fixeran reflexionar e aprender.

Nenos e nenas do noso grupo-clase explican, a continuación, en que consistían entes xogos. 👇😉

  • Xogo 1
Neste xogo tiñamos que coller unha fotografía dunha muller importante e colocala nun taboleiro. Cada equipo tiña que acertar tres preguntas sobre cada unha delas.

Neste xogo aprendimos que os traballos dos homes tamén poden ser realizados por mulleres.

Saray

  • Xogo 2
Nesta actividade había tres maneiras distintas de xogar.

1. Unha persoa do equipo tiña que resumir a palabra que che aparecía nunha tarxeta para que os demais do seu mesmo equipo a adiviñaran.

2. Había que decir unha palabra relacionada con outra que ensinaban para que poidera ser adiviñada polo resto de membros do equipo.

3. Un membro do equipo tiña que imitar o que poñía nunha tarxeta e os distintos equipos tiñan que adiviñar o número máis alto de palabras en menos dun minuto.

Laura Ramas

  • Xogo 3
Nesta actividade había un circuito de conos. Por parellas, un neno/a guiaba ao seu compañeiro/a que ía a cegas. Ao final do circuito había varios debuxos que representaban distintas aficións. Ao regresar, a parella tiña que describir o debuxo visto a outro neno/a, quen o intentaba representar nun debuxo propio.

Danilo

  • Xogo 4
Este xogo era o clásico que todos e todas coñecemos de "pedra , papel e tesoiras". Deste xeito, había dous equipos a cada extremo dunha liña de aros. Despois de saltar varios aros, ao encontrarte contra o teu contricante tiñamos que xogar. O que gañaba facía unha pregunta e a outra persoa contestaba con verdadeiro ou falso. Se fallabas volvías ao final da túa fila mentres o teu contrincante avanzaba no circuito de aros.

Aroa

Mostramos imaxes desta xincana da igualdade! 👇👀💜













miércoles, 25 de noviembre de 2020

Contra as violencias

 


Porta violeta (Laura Buj)

Hoxe queremos conmemorar o 25 de novembro-Día Internacianal Contra a Violencia de Xénero, compartindo este precioso vídeo que a nosa compañeira Laura quixo preparar para este día.

Trátase da famosa canción Una puerta violeta da artista Rozalén, interpretada pola nosa compañeira en linguaxe de signos.

Bravo Laura, moi orgulloso de ti! 👏👏👏😊

💜

Biblioteca feminista

Para esta semana na que se celebra o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, a biblioteca escolar do noso centro quíxose sumar á causa organizando e animando ao seu alumnado a escoller lecturas sobre mulleres.

Aquí tedes algúns exemplos desas lecturas! 💜📚



martes, 24 de noviembre de 2020

O descubrimento de América

Continuamos coa Historia de España.

Unha vez entregados os traballos, agora toca preparalos para facer as exposicións. 

Pouco queda xa!

Mentres, seguimos compartindo semanalmente vídeos interesantes desa época para traballar e repasar pola aula virtual

Una vez falado dos Reis Católicos, a quenda é de Cristóbal Colón e a súa aventura cara as Américas! 🌎⚓

lunes, 23 de noviembre de 2020

Dizzy Gillespie

Esta semana imos traballar a ritmo de jazz!

E ímolo facer cun dos seus mellores embaixadores, Dizzy Gillespie. 

John Birks Gillespie, máis coñecido como Dizzy Gillespie, naceu en Carolina do Sur (EEUU) o 21 de outubro de 1917 e finou en Nova Jersey (EEUU) o 6 de xaneiro de 1993.

Gillespie foi un dos trompetistas máis destacados no mundo do jazz.

Nos seus anos mozos, gracias ao seu talento e esforzo, foi membro de importantes bandas coma a de Cab Calloway.

Co tempo foi acadando éxito e fama, chegando a colaborar cun saxofonista de altísimo nivel como foi Charlie Parker. Ámbolos dous colaboraron durante unha época, orixinando un novo son no jazz denominado bebop, son que influiría en milleiros de músicos nos vindeiros anos.

A carreira de Dizzy Gillespie ascendeu e convertiuse nunha estrela do jazz, colaborando con infinidade de músicos e artistas varios. A medida que avanzaba a súa carreira musical, comezou a experimentar co seu son mesturando o jazz con outros estilos de música africanos ou latinos, o que se coñece como jazz afro-cubano. Aínda así, non deixou de probar influencias doutros estilos coma o funk, soul, bossanova...

Deixamos un vídeo para que gocedes da súa música! 🎵🎶😎🎺

viernes, 20 de noviembre de 2020

And the winner is...

Finalmente todo o alumnado de Primaria levou a cabo as votacións para elexir o mellor mural das nosas particulares eleccións ao estilo yanki

En 6º tomamos moi en serio estas eleccións democráticas, así que, cunha mesa electoral constituída por unha presidenta e unha secretaria, cada neno e nena foi depositando o seu voto nunha furna. 👇📩

 

E o mural gañador é... 

Ou como dirían os americanos, and the winner is... 👀👇

jueves, 19 de noviembre de 2020

Our school is the best! (Arts)

Este curso imos ter un auxiliar de conversa tanto nas clases de Inglés coma na de Plástica.

O rapaz chámase Matt e é estadounidense, polo que pensamos que sería unha boa oportunidade para coñecer o seu país.

O caso é que por mor do Covid-19, Matt non pode nin debe acudir a dous centros á vez (ten asignado dous colexios distintos), así que na primeira mitade do curso estará nun centro e na segunda mitade asistirá ao noso. Polo que Matt, nun principio e ata onde sabemos, estará con nós dende febreiro ata finais de curso.

Aínda así, continuamos cos nosos plans de traballo e posto que en EEUU están coas celebracións das eleccións presidenciais, pensamos que nós tamén poderiamos celebrar as nosas propias eleccións. Nun principo, cada un ía traballar no seu propio cartel e presentarse como candidato/a. A idea era votar ao mellor cartel. Logo pensamos que para que o traballo fora o máis anónimo posible, estaría ben enfocar os carteis hacia algo en común, e decidimos enfocalo hacia a nosa escola.

En definitiva, que a idea mudou e evolucionou hacia a creación dun cartel publicitando a nosa escola, por parellas, cunha estética yanki e ao rematar, votamos polo mellor cartel (tendo en conta a creatividade, estética, orixinalidade...).

Mostramos fotos e vídeos de todo o proceso. 😉









De seguido tedes uns vídeos onde se mostra as distintas fases do proceso creativo. 👇🎨

   

Mañá saberemos o mural gañador!

miércoles, 18 de noviembre de 2020

Outono na escola

Fai unhas semanas descubrimos uns invitados nun recuncho do noso patio.

Está claro que chegou o outono na nosa escola! 🍂🍃🍁😊





martes, 17 de noviembre de 2020

Parabéns Paula e Pilar!

Onte, día 16 de novembro, houbo celebración por partida dobre no cuso de 6º. 😊

Moitos parabéns Paula e Pilar! 🎉🎊🎁🎂💝


Moitos parabéns Pilar e Paula!

O Reis Católicos

Pouco queda para presentar os diferentes traballos sobre a Historia de España que limos e explicamos no último tema do libro de 5º.

Unha unidade con moita información... Así que cada neno e nena decidiu en que parte do tema especializarse para estudar, traballar e presentar.

Como apoio a unha mellor comprensión da nosa época antepasada, presentaremos distintos vídeos explicativos para traballar mediante preguntas e respostas na aula virtual.

Para quen queira velo e repasar o estudiado, partillaremos os vídeos tamén no blog. 👍😉

Unha vez falado da época romana, visigoda e Al-Andalus, comezamos cos Reis Católicos e a case unificación de España nun só reino. 👑

Despois seguiremos con outros protagonistas da unidade como Colón e o descubrimento de América, os conflitos pola herdanza dos Reis Católicos, Carlos V de Alemaña e I de España, Felipe II e a súa Armada "non tan invencible"...

lunes, 16 de noviembre de 2020

Siniestro Total

Nova banda para coñecer e escoitar esta semana na clase, Siniestro Total.

Siniestro Total é unha banda viguesa, referente da chamada movida viguesa dos '80. Comezaron cunha forte influencia punk para ir evolucionando cos anos hacia o rock e incluso o blues. O seu nome provén dun accidente de coche no que, aínda que saíron todos ilesos, o coche quedou en estado de sinistro total segundo o seguro do vehículo.

A comezos dos '80 comezaron a ter un certo éxito, sendo moi escoitados na radio nacional (Radio 3) e na televisión gracias a programas musicais como La Edad de Oro.

Despois de 40 anos de carreira e distintas formacións, o grupo segue a estar en activo tocando en salas e festivais de todo o país.

Destacan cancións como Bailaré sobre tu tumba, Somos Siniestro Total ou Camino de la cama, entre moitas outras.

Aquí tedes algunhas delas en vídeo! 😎🎸🎶🎵

viernes, 13 de noviembre de 2020

Viaxe á lúa

Pronto comezará na escola da Baña o I Festival de cine! 🎥🎬

Durante as próximas dúas semanas, os diferentes cursos de Infantil e Primaria gozarán de distintas sesións de cine para ver curtametraxes. Despois de ver as pelis, votaremos e puntuaremos ditas curtas para envialas ao festival.

Incluso nas sesións de Plástica elaboramos vistosos carteis dalgunhas películas da carteleira!

Antes de levar a cabo o noso papel de críticos de cine, debemos saber un pouco sobre cine: a súa orixe, tipos de películas, elementos cinematográficos, etc.

Ben, pois na clase, xa comezamos a falar un pouco das orixes do mundo cinematográfico e rematamos a sesión vendo un clásico do cine mudo, Viaxe á lúa, do cineasta francés Georges Mèliés.

Partillamos a película no blog para aqueles/as que o queiran ver. 👍😉


jueves, 12 de noviembre de 2020

A historia de Julian

Despois de ler Wonder e ver a súa versión cinematográfica, o grupo de Valores animámonos a ler outro libro da colección sobre un dos personaxes máis controvertidos, Julian.

Seguimos aprendendo, crecendo e mellorando como persoas por medio da lectura, do debate, das postas en común, do diálogo...