lunes, 9 de noviembre de 2020

Sés

Todos e todas coñecemos á artista desta semana, Sés.

Xa me comestastes que coñecedes varias das súas cancións ao escoitalas nas clases de música, ademais de escoitalas en diferentes momentos nas miñas clases do curso pasado.

María Xosé Silvar, máis coñecida co nome artístico de Sés, é unha cantante e músico galega nada na Coruña en 1982. Ademais da súa formación en filoloxía galega e antropoloxía social, Sés ten formación en baile e música tradicional galega.

No mundo artístico comezou cun grupo de amigos chamado Chámalle Xis! Despois dun certo éxito e considerado grupo revelación na súa época, a nosa protagonista decidiu aventurarse en solitario editando o seu primeiro disco titulado Admirando a condición no 2011, o que sería o pistoletazo de saída para varios discos e xiras exitosas non só en Galicia, senón no resto do país e incluso no estranxeiro. 

Así, Sés, por medio das súas cancións, reinvindica o papel da muller na sociedade, o uso do galego e fai valer a nosa propia cultura, con diferentes influencias musicais tanto latinoamericanas como galegas.

É considerada como unha das artistas referente da música galega na actualidade e as súas xiras exitosas así o corroboran. Unha persoa (e artista) sen pelos na lingua que di (e canta) o que pensa.

Mostramos algúns dos seus vídeos que tanto escoitamos na clase. 😉🎶🎵

No hay comentarios:

Publicar un comentario