jueves, 19 de noviembre de 2020

Our school is the best! (Arts)

Este curso imos ter un auxiliar de conversa tanto nas clases de Inglés coma na de Plástica.

O rapaz chámase Matt e é estadounidense, polo que pensamos que sería unha boa oportunidade para coñecer o seu país.

O caso é que por mor do Covid-19, Matt non pode nin debe acudir a dous centros á vez (ten asignado dous colexios distintos), así que na primeira mitade do curso estará nun centro e na segunda mitade asistirá ao noso. Polo que Matt, nun principio e ata onde sabemos, estará con nós dende febreiro ata finais de curso.

Aínda así, continuamos cos nosos plans de traballo e posto que en EEUU están coas celebracións das eleccións presidenciais, pensamos que nós tamén poderiamos celebrar as nosas propias eleccións. Nun principo, cada un ía traballar no seu propio cartel e presentarse como candidato/a. A idea era votar ao mellor cartel. Logo pensamos que para que o traballo fora o máis anónimo posible, estaría ben enfocar os carteis hacia algo en común, e decidimos enfocalo hacia a nosa escola.

En definitiva, que a idea mudou e evolucionou hacia a creación dun cartel publicitando a nosa escola, por parellas, cunha estética yanki e ao rematar, votamos polo mellor cartel (tendo en conta a creatividade, estética, orixinalidade...).

Mostramos fotos e vídeos de todo o proceso. 😉









De seguido tedes uns vídeos onde se mostra as distintas fases do proceso creativo. 👇🎨

   

Mañá saberemos o mural gañador!

No hay comentarios:

Publicar un comentario