lunes, 2 de noviembre de 2020

Biscoito de cabaza

No Samaín, na miña casa converteuse en tradición facer un riquísimo biscoito de cabaza decorado coma se fose un camposanto. 🎃💀

Ben, aquí tedes a que fixemos esta fin de semana, recén saído do forno! 😋

Que vos parece? Déixovos a receita por se vos animades a facela coa familia. 👇😉

Bicos! 😘

Ingredientes:

  • 1 kg. de cabaza cocida e escurrida.
  • 1 vaso de fariña.
  • 1 vaso de aceite de oliva.
  • 2 vasos de azucre.
  • 1 sobre de flan.
  • 1 sobre de levadura
  • 3 ovos.
Preparación:

Bater todos os engredientes  xuntos nun bol e poñer nun molde untado de manteiga. Fornear durante 1 hora aproximadamente e... listo!! 😋

No hay comentarios:

Publicar un comentario