lunes, 23 de noviembre de 2020

Dizzy Gillespie

Esta semana imos traballar a ritmo de jazz!

E ímolo facer cun dos seus mellores embaixadores, Dizzy Gillespie. 

John Birks Gillespie, máis coñecido como Dizzy Gillespie, naceu en Carolina do Sur (EEUU) o 21 de outubro de 1917 e finou en Nova Jersey (EEUU) o 6 de xaneiro de 1993.

Gillespie foi un dos trompetistas máis destacados no mundo do jazz.

Nos seus anos mozos, gracias ao seu talento e esforzo, foi membro de importantes bandas coma a de Cab Calloway.

Co tempo foi acadando éxito e fama, chegando a colaborar cun saxofonista de altísimo nivel como foi Charlie Parker. Ámbolos dous colaboraron durante unha época, orixinando un novo son no jazz denominado bebop, son que influiría en milleiros de músicos nos vindeiros anos.

A carreira de Dizzy Gillespie ascendeu e convertiuse nunha estrela do jazz, colaborando con infinidade de músicos e artistas varios. A medida que avanzaba a súa carreira musical, comezou a experimentar co seu son mesturando o jazz con outros estilos de música africanos ou latinos, o que se coñece como jazz afro-cubano. Aínda así, non deixou de probar influencias doutros estilos coma o funk, soul, bossanova...

Deixamos un vídeo para que gocedes da súa música! 🎵🎶😎🎺

No hay comentarios:

Publicar un comentario