lunes, 31 de mayo de 2021

Parabéns Antía!

Hoxe é o cumpreanos da nosa compañeira Antía e para celebralo repartiu unha ricas galletas para a merenda da mañá.

Moitos parabéns Antía! 👏👏👏👑🎁🎉🎊🎂
Goza do teu día e recibe 12 bicos enormes! 💝

Parabéns Antía! 😘

Antía repartindo galletas aos compañeiros/as.

Antía dando a escoller a Hugo unha galleta para a merenda.

viernes, 28 de mayo de 2021

Billy Elliot

Despois de que as dúas clases de 6º lera o libro de Billy Elliot, por fin hoxe vimos a película!

Así, en dúas sesións diferentes da mañá xuntámonos todos para gozar da versión cinematográfica.


🎥👀

jueves, 27 de mayo de 2021

Andaina

Despois de ter que suspendela a semana pasada por mor do mal tempo, hoxe por fin puidemos dar un paseo pola contorna do concello. 👏👏👏

Persoalmente encantoume esta saída porque así puidestes ensinarme lugares da Baña que non coñecía.

Queremos que a próxima sexa máis longa! 👍😉

miércoles, 26 de mayo de 2021

Obradoiro-Percusión

Hoxe tivemos un comezo de mañá moi sonoro.
Nas dúas primeiras sesións o alumnado de 4º e 6º recibiu unha master-class de percusión moi divertida e interesante.
Gracias ás instrucións do monitor e a súa paciencia rematastes tocando uns ritmos moi chulos.

🎶🎵🎶🎵

Aquí tedes uns vídeos do obradoiro musical. 👇😉

martes, 25 de mayo de 2021

Obradoiro-Hortas

Esta semana imos participar nunha chea de activiadades! 👏👏👏😃

Hoxe, un obradoiro de traballo para a mocidade do concello quixeron ensinarnos as hortas nas que están a traballar durante todos estes meses.

A visita foi xenial, na que aprendimos moitas cousas sobre plantas, froitas, hortalizas, verduras... ademais, deunos tempo a sementar e incluso a recoller alimentos que algún de vós levou para a súa casa. 👍😄

🌷🌼🌺🌿🍓🍑🍅🍆

Espero que haxa futuras colaboracións entre estes obradoiros e a escola, xa que é unha boa oportunidade visitar e traballar hortas que están ao carón do noso colexio.

Mostramos uns vídeos como resumo desta visita. 👇😉

lunes, 24 de mayo de 2021

Parabéns Aitana!

Hoxe é o aniversario da nosa compañeira Aitana! 🎂👑🎁

Unha nena máis que se une ao clube dos 12 anos! 👏👏👏😊
E para celebralo, tróuxonos uns orixinais paquetiños cunha sorpresa dentro. 👌😋

Moitos parabéns Aitana! 💝😘

Aitana cos seus paquetiños-sorpresa.

Gracias Aitana! MmmMMmm... 😋

viernes, 21 de mayo de 2021

Jackson Pollock

Seguimos a coñecer máis artistas!

Semanas atrás coñecimos as obras do pintor Jackson Pollock e a súa peculiar maneira de traballar.
Falamos sobre a arte abstracta e a importancia de transmitir coa variedade e intensidade do uso de distintas cores.

Pasámolo moi ben con esta actividade, onde o pincel non tocou a lámina en ningún momento. 😁

Mostramos imaxes e vídeo de 6º e tamén algúns resultados dos nenos/as de 5º. 👍🎨






jueves, 20 de mayo de 2021

Poetízate con Gloria Sánchez

Continuamos a rebufo do Día das Letras Galegas.

Hoxe mostramos un podcast feito polos pequenos do noso centro. 
Os nenos e nenas de 1º de EP len versos da escritora Gloria Sánchez. 👇📜📻

O son da Baña: Poetízate con Gloria Sánchez

miércoles, 19 de mayo de 2021

A arte de traducir

Seguimos celebrando a vida e obra de Xela Arias, desta vez como tradutora.

Nesta ocasión, partillamos un podcast gravado polo alumnado de 1º da ESO no que falan sobre a profesión de tradutor/a e a súa importancia para a lectura de libros. 👇📝📻

📢   O son da Baña: A arte de traducir

martes, 18 de mayo de 2021

Coñecendo a Xela Arias

Tres alumnas de 6º de EP do noso centro (Laura, Olivia e Amparo) participaron nunha breve charla sobre a persoa e vida de Xela Arias, autora á que está adicado o Día das Letras Galegas neste ano 2021.

Tratamos o podcast coma unha conversa entre amigas, de maneira relaxada e amena.

👉 Agradecer o traballo de Mar na edición.

Mostramos unhas imaxes da gravación máis o enlace do podcast. 👇👀📻

📢  O son da Baña: Coñecendo a Xela Arias




lunes, 17 de mayo de 2021

Día das Letras Galegas

Hoxe, 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas

💙👅💙

Recordamos que neste ano 2021 está adicado á tradutora, profesora e poetisa Xela Arias.

jueves, 13 de mayo de 2021

Parabéns Álvaro!

Hoxe é o cumpreanos do noso compañeiro Álvaro, que entra no clube dos 12 anos!

Moitos parabéns Álavaro e goza do teu día! 😘🎂🎉🎊🎁

🍪😋

Mural das palabras galegas

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, todo o alumnado do noso centro colaborou para a creación dun bonito mural cheo de palabras galegas.

Hainas ben fermosas! 💙

Bágoa, amodiño, meiga, morriña, luscofusco, andoriña, xoaniña, sapoconcho, esmorga, agarimo...




miércoles, 12 de mayo de 2021

Pollito Pío

Este ano estamos a gozar os recreos con música de fondo, unha idea que me encanta! 🎶🎵

Cada día escoitamos todo tipo de música mentres xogades e hoxe colouse unha canción que a moitos fíxovos moita gracia. Eu, a escoitala, acordeime deste vídeo que aínda o fai máis divertido e que vimos na clase á volta do descanso. Aínda nos botamos unhas risas!

Así que hoxe damos un toque de humor no blog co Pollito Pío
🐥😂😂😂

👉 Moito ollo co gran traballo de interpretación e caracterización do artista!

martes, 11 de mayo de 2021

Función de reprodución

Esta semana temos control de Naturais, concretamente sobre a función de reprodución.

Usaremos este vídeo como repaso e para traballar na aula virtual. 👇🎦

lunes, 10 de mayo de 2021

Traballos-Corrubedo

Despois do roteiro que fixemos no Parque Natural de Corrubedo, fixemos uns traballos nos que se falara sobre a experiencia de dita saída e de todo o que aprendimos nela.

🌱🌳🌼🐇🐾🌅

Debo dicir que estou moi satisfeito dos resultados e da vosa implicación. 👍😉📚📝📷

Mostramos exemplos neste breve vídeo. 👇🎦

viernes, 7 de mayo de 2021

Arte ao aire libre

Un dos traballos de Plástica consistiu en traballar varias sesións ao aire libre, onde nos fixamos en elementos da natureza para inspirarnos e crear as nosas obras de arte. 

🎨🌳🌲🌺🌿🍃🌄

As árbores, os arbustos, as montañas, as casas, o patio ou incluso os propios compañeiros serviron de modelos para os nosos debuxos.

Aquí temos algunhas imaxes de ditas sesións. 👇👀

jueves, 6 de mayo de 2021

Debate (M.E.N.A.)

Neste derradeiro trimestre, o grupo de Valores imos facer debates sobre aspectos relevantes da nosa sociedade nos que sabemos que hai certa controversia, no sentido de que unha parte está a favor e a outra está en contra.

Por medio destes debates, aplicaremos o traballo de investigación, o traballo en equipo, a tolerancia do que pensa distinto a nós, respectar o turno de palabra, practicar a oratoria, entender diferentes puntos de vista...

Esta semana debatiron dous equipos sobre o complicado asunto dos Menores Estranxeiros Non Acompañados (M.E.N.A.), mentres un terceiro tivo o rol de público e xurado. 
Hoxe foi o primeiro desta serie de debates e debo dicir que saíu moi ben! 
Tanto un equipo, coma o outro, defendestes as vosas posicións con datos contrastados, ideas claras, organización, tolerancia e respecto.
Estou moi contento dos resultados de hoxe e debo agradecervos o voso compromiso nesta actividade.

Xa me tarda o próximo debate que será sobre o aborto.
Mentres, seguiremos investigando sobre o tema a tratar, informándonos en distintos medios, contrastando a información, obtendo datos verídicos... para así, poder falar dun tema con propiedade e coñecemento.

Moito ánimo! Estades a facelo moi ben! 👌😊

Informándonos sobre os M.E.N.A.

Investigando e organizando a información.

Último repaso antes do gran debate.

Traballo en equipo.

Todo listo para o debate.

Comeza o debate!

Intervención de Paula.

Danilo, como xurado, seguindo moi atento o debate.

Rebatindo ideas.

Moi atentas á intervención das súas contrincantes.

Preparadas para responder e discutir por medio da palabra.

miércoles, 5 de mayo de 2021

O oso manso

Novo conto para traballar esta semana na aula virtual.

Trátase dun conto cun oso como protagonista, titulado El oso manso. Pero o animal tan manso, tan manso, igual non era... E se non, que llo pregunten aos gnomos que lle facían a vida imposible a unha pobre familia. 🐻

Espero que vos guste! 👇😉

martes, 4 de mayo de 2021

Artistadas! (Olivia)

Volve a nosa compañeira Olivia a aparecer na sección de Artistadas!

Desta vez, mostra os seus fantásticos debuxos ao estilo manga.
Que nivelazo Olivia! 👌🎨






lunes, 3 de mayo de 2021

Canle infantil e xuvenil en galego

Fai tempo que se está a facer unha campaña a prol dunha canle dirixida ao público infantil e xuvenil en galego. 💙📺

Deste xeito, houbo iniciativas de firmas, anuncios, reinvindicacións... Este vídeo é unha máis destas iniciativas para que mozos e mozas coma vós poidades gozar duha canle en galego as 24 horas do día sen estar atados/as a un horario, ao igual que ocorre con outras canles ben coñecidas como Clan, Disney, Boing...

Aquí tedes o vídeo onde actores e actrices de dobraxe en galego apoian esta iniciativa onde todos e todas sairiamos gañando. 👇💙🎦