jueves, 6 de mayo de 2021

Debate (M.E.N.A.)

Neste derradeiro trimestre, o grupo de Valores imos facer debates sobre aspectos relevantes da nosa sociedade nos que sabemos que hai certa controversia, no sentido de que unha parte está a favor e a outra está en contra.

Por medio destes debates, aplicaremos o traballo de investigación, o traballo en equipo, a tolerancia do que pensa distinto a nós, respectar o turno de palabra, practicar a oratoria, entender diferentes puntos de vista...

Esta semana debatiron dous equipos sobre o complicado asunto dos Menores Estranxeiros Non Acompañados (M.E.N.A.), mentres un terceiro tivo o rol de público e xurado. 
Hoxe foi o primeiro desta serie de debates e debo dicir que saíu moi ben! 
Tanto un equipo, coma o outro, defendestes as vosas posicións con datos contrastados, ideas claras, organización, tolerancia e respecto.
Estou moi contento dos resultados de hoxe e debo agradecervos o voso compromiso nesta actividade.

Xa me tarda o próximo debate que será sobre o aborto.
Mentres, seguiremos investigando sobre o tema a tratar, informándonos en distintos medios, contrastando a información, obtendo datos verídicos... para así, poder falar dun tema con propiedade e coñecemento.

Moito ánimo! Estades a facelo moi ben! 👌😊

Informándonos sobre os M.E.N.A.

Investigando e organizando a información.

Último repaso antes do gran debate.

Traballo en equipo.

Todo listo para o debate.

Comeza o debate!

Intervención de Paula.

Danilo, como xurado, seguindo moi atento o debate.

Rebatindo ideas.

Moi atentas á intervención das súas contrincantes.

Preparadas para responder e discutir por medio da palabra.

2 comentarios:

  1. Nós na clase fai pouco falámos sobre os M.E.N.A.S, pero só sei que son persoas estranxeiras menores non acompañados e Vox pensa que non poden estar aquí porque rouban.
    (Aínda que en España, hai moitos españois que rouban).

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Uxía!
      Na clase fixemos un debate ben interesante deste tema.
      O difícil é defender unha postura que ti en realidade non pensas.
      Os debates son unha actividade ben interesante para aprender, informarse, comprender diferentes puntos de vista, practicar a expresión oral...

      Eliminar