viernes, 28 de junio de 2019

Despedida

Hoxe toca poñer fin a esta viaxe que iniciamos a principio de curso.

Como sabedes, este ano foi o primeiro no que me aventurei en crear un blog educativo. Xa sabedes o "revello" que son e que non son moito das novas tecnoloxías, ou pode que agote a miña paciencia polas mañás no cole e pouca me queda para pelexarme co ordenador... quen sabe. 😅

O caso é que no verán anterior dinlle voltas para enfocar esta ferramenta. Non quería facer un blog máis de tantos que se fan onde o mestre/a escribe sobre excursións, festas de nadal ou finais de curso e pouco máis. Nin quería que fora eu só o partícipe del. Non quería que este blog fose meu, senón NOSO. Por iso, pedín a vosa participación en escribir textos, contar experiencias, fotos, vídeos...

Eu particularmente estou moi contento cos resultados deste ano. Nin por asomo tiña a intención de escribir cada día (unha por semana quizais), pero con todas as actividades que fixestes a nivel de aula e de escola, pensei que non debería gardalo. Traballastes moitísimo e penso que as familias agradecedes ver como os vosos fillos/as viven as súas experiencias na escola.

Quero darvos as gracias por estes dous anos, porque non sabedes o enriquecedores que foron para min, tanto a nivel profesional como, e sobre todo, a nivel persoal. Quérovos moito a cada un de vós e deséxovos todo o mellor. Farei todo o posible para facervos unha visita canto antes. Mentres, gozade do verán e recargade pilas para o próximo curso porque xa sabedes que cada ano esíxese máis. Recordade que con gañas e esforzo poderedes acadar todo o que queirades. 😉

Para as familias non teño máis que boas palabras e agradecementos. Nos bos e, sobre todo, nos malos momentos estivestes coa boa actitude de colaborar e apoiar. Sentinme comprendido e respaldado por todos vós e entendestes que todo o que fixen foi polo ben dos vosos fillos e fillas. Son consciente de que cometín erros e asegúrovos de que tomarei nota para mellorar.
Seguide facéndoo tan ben cos vosos fillos/as!

Pola miña parte remato. Deixo o turno a vosa compañeira Ainara, que quixo escribir unha despedida final e penso que ben pode ser de parte de todos vós.

Ata sempre! 😘😘😘


FIN DE CURSO 4ºA E.P. 

RIMA

Hoxe quero a todos cantar
unha historia con final.
Repítese cada ano,
tedes gañas de escoitar?

Fai nove longos meses,
nenos, nenas e familias
chegamos a este lugar
e alí estaba Aleixo de novo,
para darnos a benvida
seguro que se abrían
novos camiños nas nosas vidas.
E agora chegadas á meta,
toca dar a despedida!

MOMENTO DE DÁRNOLAS GRAZAS E DESPEDIRNOS

Estamos no final de curso, alá vai 4º de primaria. Outro curso máis que se nos vai case sen darnos conta. É un momento de ledicia, pero ó mesmo tempo de tristeza polas despedidas... Os alumnos/as despedímonos do noso mestre Aleixo. Non lle podemos decir "ata o curso que ven", pero si decirlle un "ata sempre".
Por este motivo é un bo momento para mostrar o noso agradecemento por todo o que aprendimos os uns dos outros. Demostrar que nos valoramos e recoñecemos a nosa aprendizaxe, que foi de gran axuda para o noso crecemento e transmitirnos unha mensaxe: somos un auténtico EQUIPO.

Viva Conxo!

Viva o Cardeal Quiroga Palacios!

Viva 4ºA!

😍

jueves, 27 de junio de 2019

Outras actividades

Moitas outras actividades fixemos e que non vai dar tempo a mostralas neste espazo...

Por outra banda, sabedes que houbo momentos máis teóricos para o estudo, lectura de unidades, explicacións, esquemas, exercicios nas libretas, probas... Traballo que aínda que non sexa tan divertido é moi importante. 📚

Agora que xa rematamos, os exercicios non teñen por que ser todos (algúns si...) en papel. Por exemplo, ao longo do curso, a nosa compañeira Salomé estivo repasando as tablas de multiplicar por medio de xogos interactivos. Esta é unha boa maneira de repasar durante o verán, xa sexan sumas, restas, divisións, exercicios de atención, lecturas comprensivas con audio, inglés... Na rede hai moitas páxinas interesantes para repasar dunha maneria máis divertida. Anímovos a que investiguedes!


Tamén durante estes últimos días a excitación ía a máis, polo que un día despois dun recreo, decidimos facer unha sesión de relax. Nesta sesión viaxamos mentalmente tanto ao pasado como ao futuro, imaxinámonos como seriamos de maiores, pensamos nos nosos seres queridos e maneiras de mellorar como persoas. A cousa foiche moi ZEN!😌 Funcionou tan ben que igual póñoo en práctica nun futuro!😏



Por último, fai uns días xogamos a diferentes probas sobre LSE aos que nos retou Tareixa. A pena foi que non deu tempo a que cada un dos grupos da nosa clase fixera todas esas probas...

Polo tanto falei con ela e moi amablemente, a semana pasada deixounos os bastóns para cegos para que todos e todas poidérades probar e facer a proba, xa que foi a que máis interese despertou entre vós.

Notouse que xa estabamos na última semana de curso e a última hora porque concentración había pouca... 😅

miércoles, 26 de junio de 2019

Monumentos de Galicia

"In extremis" rematamos os últimos traballos sobre Galicia! 😅

O grupo dos Galicreques expuxo o seu traballo sobre a Torre de Hércules combinando mural e powerpoint! Ao rematar a exposición, comprobaron a vosa atención por medio de preguntas sobre o que falaron e todo aquel que costestou correctamente levouse un pequeno agasallo. Bravo! 👏👏👏






Despois foi o turno dos Galinvestigadores, que cun estilo moi parecido expuxeron un mural para logo mostrar máis información nun powerpoint sobre a Catedral de Santiago. Desta maneira os traballos móstranse máis interesantes! 👌😊




O terceiro turno foi para os Trasnos que, mentres expoñían o seu mural, utilizaron o encerado para pegar máis información e escoitamos un recital moi orixinal de Alessia. Despois de falar sobre os castros galegos máis destacados e visionar un vídeo, tamén quixeron recompensarnos pola atención prestada repartindo unhas pequenas imaxes de ditos castros acompañados de chuches. Moi ben! 👍😄




Para rematar expuxeron os Polbos de Conxo, equipo que falou sobre a Muralla de Lugo e os romanos! Expuxeron o seu mural e leron un folleto con información sobre a muralla e os edificios romanos. Moi interesante! 👌😃




Ao rematar cada grupo, entre todos fixemos críticas construtivas para mellorar os nosos traballos e as exposicións no futuro.

E así rematamos a nosa viaxe pola nosa propia terra, Galicia, a cal espero que coñezades e queirades un pouquiño máis! 👍😉💙

martes, 25 de junio de 2019

Libros sobre Prehistoria (Uxía e Clara)

Seguimos con cousas que quedaron no tinteiro e que queremos compartir neste blog.

Antes de ler sobre os romanos estudamos moitas cousas sobre a Prehistoria e a súas etapas. Ademais, nenos como Mateo, Clara ou Uxía animáronse a traer libros para ensinar na clase!

Aquí temos dous vídeos (longuiños porque había ganas de contar... 😅) sobre esta etapa do ser humano.

Coma sempre, gracias polas vosas aportacións! 😊


lunes, 24 de junio de 2019

Arde Lucus (Noa)

Aquí temos á nosa compañeira Noa que foi á festa do Arde Lucus a Lugo e quixo contarnos o ben que o pasou e de paso explicarnos un pouco de que vai esta gran festa, xa que o último que limos en Sociais trataba precisamente dos romanos.

No finde do Arde Lucus en Lugo, Lucus Augusti en latín, houbo moitas cousas que ver e facer!

O primeiro que vimos foi unha dramatización sobre o que ocorría nos xuízos públicos romanos. Era moi inxusto! Os pobres soían perder e os ricos sempre gañaban o xuízo. Outra cousa na que me fixei foi en que a persoa que acompañaba ao xuíz, tíñalle que explicar o caso porque o xuíz non o entendía. 

Despois, paseamos polos mercadillos a mirar e o domingo a comprar. 

O que máis me gustou ven agora, o bautizo celta, no que coñecín aos seus deuses e teño un recordo! (un trozo de madeira cun símbolo celta). O segundo que máis me gustou foi o desfile, nun bando romano só había mulleres! As partes que máis me gustaron eran as que tiñan música. 🎶🎵🎶

Ao día seguinte, viñeron os avós, que non tiveron tempo de facer moita cousa... un paseo e facer fotos. 

Eu fun de romana durante os dous días. Levaba unha blusa e un vestido brancos, máis un bolsiño tamén branco, despois puxen unha túnica rosa e cinturón, na cabeza levaba unha coroa de flores tamén rosa. 

RECOMENDO MOITO O ARDE LUCUS!

Bicos!

Noa




Non houbo romana máis guapa! 😍

viernes, 21 de junio de 2019

Fin de curso!

Chegou o último día do curso!

Para festexalo houbo moita festa! Comilonas, música nas aulas, DJ, bailes... aínda que tamén despedidas e algún que outro choro. Hoxe foi unha xornada de sentimentos encontrados nos que se mesturaba felicidade e tristeza por igual. Felicidade pola chegada das vacacións e tristeza pola despedida... pero como cantaba Freddy Mercury, show must go on! e agora toca gozar dunhas vacacións ben merecidas! 👏👏👏😄

Para festexar o fin de curso, o xoves tivemos uns enormes inchables que invadiron os dous patios do colexio!




E mentres vós estabades a saltar sen parar eu acerqueime a outro recuncho do patio, onde os nenos/as de 6º estaban a mostrar diferentes experimentos de ciencias (ao estilo dos que fixemos nós) aos pequenos de 1º e 2º.


Hoxe venres, si que foi a derradeira despedida!

Nas primeiras sesións tiñamos pendente rematar os últimos murais sobre Galicia e expoñelos. Despois, Héctor sacou un enorme biscoito para compartir con todos e todas e mentres soou música na aula puxémonos as botas co biscoito, patacas, gusanitos, chuches... E no medio de todo iso, recibín un montón de agasallos e apertas pola vosa parte! Moitas gracias por todo a vós e ás vosas familias! (Isto vouno deixar para a despedida do blog... 😍😢). De seguido baixamos ao patio, onde nos esperaba un DJ a todo ritmo. Bailamos sen parar, abrazámonos sen parar, cantamos sen parar, e algunha que outra chorou sen parar! 😅😘

Sei que estades moi pendentes do blog e vendo que quedaron cousas sen publicar, para a vindeira semana seguiremos mostrando as nosas últimas actividades, así que estade atentos e atentas porque isto aínda non rematou!





Viva 4ºA!! 😍


jueves, 20 de junio de 2019

Preceptos de 4ºA

Neste último mes de curso rematamos o proxecto de Wonder cos nosos propios preceptos!

"Para ser grande e tocar o ceo, hai que comezar sendo pequeno e dende o chan." (Ainara)
"Non chores polo que non ten solución, soluciónao." (Ana)
"Nunca debes esquecer as túas raíces." (Gorka)
"Se teñen envidia, non te deixes enganar, porque eles o que queren é facerche rabiar." (Álex)
"Un amigo é unha persoa coa que podes pensar en voz alta." (Uxía)
"Non te fagas amigo dos que queren facerche dano." (Simón Gestal)
"Desaprender é moito máis complicado que aprender." (Héctor Boullón)
"Moitas cousas son difíciles, pero posibles se non te rendes." (Sabela)
"Manter este mundo contén responsabilidade." (Noa)
"Non fagas aos demais o que non che gustaría que che fixeran a ti." (Clara)
"Naciches orixinal, non te convirtas nunha copia." (Lía)
"Non é máis rico o que máis ten, senón o que menos necesita." (Xabi)
"Se te esforzas de verdade, conseguiralo." (Simón Casas)
"Todos somo iguais, pero se xuzgas a un peixe pola súa habilidade de trepar unha árbore, pensará durante toda a súa vida que é tonto." (Adrián)
"Acepta todo aquilo que non podas cambiar e cambia aquilo que non podas aceptar." (Mateo)
"Non hai arco da vella sen chuvia." (Sirius)
"O vello está no novo." (Héctor Guldrís)
"Un neno, un profesor, un libro e un lapis poden cambiar o mundo." (Lucas)
"Non te queixes dos problemas e búscalle a solución." (Sergio)
"Vostede é o mellor que ten vostede." (Salomé)
"Carpe diem, vive e goza do momento." (Alessia)
"Ser amigo dos teus amigos." (Sebastián)
"Ser guapo por dentro é máis importante que selo por fóra." (Elías)



miércoles, 19 de junio de 2019

Excursión (Ecogranxa Atalaia)

Por fin chegou a excursión de fin de curso para os de 4º e a chuvia non nos ía parar! ☔😎

Este ano visitamos unha ecogranxa na localidade de Cotobade. Unha vez chegados alí, dividímonos en dous grupos e, acompañados/as de monitores/as, fumos facendo diferentes actividades.

Estas actividades consistiron en montar a cabalo, tiro con arco, plantar hortalizas, darlle de comer aos animais mentres un simpático monitor contaba un montón de cousas sobre eles... 🌱🐂🐈🐎🐏🐐🐑🐓🐕🐖🐤🐦🐾🐾🐾

Había moitas máis actividades, pero todas non se podían facer... Máis grandeciños/as e xa sexa no cole ou en familia, tedes outras como a famosa tirolina, escalada, kayaks no río, paintball...

Aquí tedes a reportaxe fotográfica! 📷😉