viernes, 28 de junio de 2019

Despedida

Hoxe toca poñer fin a esta viaxe que iniciamos a principio de curso.

Como sabedes, este ano foi o primeiro no que me aventurei en crear un blog educativo. Xa sabedes o "revello" que son e que non son moito das novas tecnoloxías, ou pode que agote a miña paciencia polas mañás no cole e pouca me queda para pelexarme co ordenador... quen sabe. 😅

O caso é que no verán anterior dinlle voltas para enfocar esta ferramenta. Non quería facer un blog máis de tantos que se fan onde o mestre/a escribe sobre excursións, festas de nadal ou finais de curso e pouco máis. Nin quería que fora eu só o partícipe del. Non quería que este blog fose meu, senón NOSO. Por iso, pedín a vosa participación en escribir textos, contar experiencias, fotos, vídeos...

Eu particularmente estou moi contento cos resultados deste ano. Nin por asomo tiña a intención de escribir cada día (unha por semana quizais), pero con todas as actividades que fixestes a nivel de aula e de escola, pensei que non debería gardalo. Traballastes moitísimo e penso que as familias agradecedes ver como os vosos fillos/as viven as súas experiencias na escola.

Quero darvos as gracias por estes dous anos, porque non sabedes o enriquecedores que foron para min, tanto a nivel profesional como, e sobre todo, a nivel persoal. Quérovos moito a cada un de vós e deséxovos todo o mellor. Farei todo o posible para facervos unha visita canto antes. Mentres, gozade do verán e recargade pilas para o próximo curso porque xa sabedes que cada ano esíxese máis. Recordade que con gañas e esforzo poderedes acadar todo o que queirades. 😉

Para as familias non teño máis que boas palabras e agradecementos. Nos bos e, sobre todo, nos malos momentos estivestes coa boa actitude de colaborar e apoiar. Sentinme comprendido e respaldado por todos vós e entendestes que todo o que fixen foi polo ben dos vosos fillos e fillas. Son consciente de que cometín erros e asegúrovos de que tomarei nota para mellorar.
Seguide facéndoo tan ben cos vosos fillos/as!

Pola miña parte remato. Deixo o turno a vosa compañeira Ainara, que quixo escribir unha despedida final e penso que ben pode ser de parte de todos vós.

Ata sempre! 😘😘😘


FIN DE CURSO 4ºA E.P. 

RIMA

Hoxe quero a todos cantar
unha historia con final.
Repítese cada ano,
tedes gañas de escoitar?

Fai nove longos meses,
nenos, nenas e familias
chegamos a este lugar
e alí estaba Aleixo de novo,
para darnos a benvida
seguro que se abrían
novos camiños nas nosas vidas.
E agora chegadas á meta,
toca dar a despedida!

MOMENTO DE DÁRNOLAS GRAZAS E DESPEDIRNOS

Estamos no final de curso, alá vai 4º de primaria. Outro curso máis que se nos vai case sen darnos conta. É un momento de ledicia, pero ó mesmo tempo de tristeza polas despedidas... Os alumnos/as despedímonos do noso mestre Aleixo. Non lle podemos decir "ata o curso que ven", pero si decirlle un "ata sempre".
Por este motivo é un bo momento para mostrar o noso agradecemento por todo o que aprendimos os uns dos outros. Demostrar que nos valoramos e recoñecemos a nosa aprendizaxe, que foi de gran axuda para o noso crecemento e transmitirnos unha mensaxe: somos un auténtico EQUIPO.

Viva Conxo!

Viva o Cardeal Quiroga Palacios!

Viva 4ºA!

😍

23 comentarios:

  1. Foi un curso do máis alucinante e foron 2 anos xeniais!!!!!! 🙌🏻🙌🏻🙌🏻🙌🏻😍. Dame moita pena que marches. 😭😭Xa sabes o que pensamos de ti na nosa casa. Moitas gracias por todo e a ver se nos vemos pronto ( hoxe xa nos vimos pola rúa), quérote moito! ❤️moita sorte no novo cole.
    Gorka☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻
    Ola Aleixo, son Xurxo. que alegría verte hoxe de sorpresa na rúa!!😁😁Moitas gracias por mencionarme a veces no blog e contestarme a todo o que che preguntaba no patio, pola mochila que me ensinaches....
    eu tamén te vou botar de menos e ojalá nos vexamos pronto! moita sorte e eu tamén te quero.❤️
    Xurxo.☺️
    x✌🏻🤞🏻x👌🏻
    Ola Aleixo, son Sonia, que decirche...moitisimas gracias por todo!!! como dixo Gorka xa sabes o que pensamos de ti nesta casa, solo desexarche moita sorte, desexarche o mellor e espero que coincidamos algún día e senón..farei porque así sexa 😂😂😂😂😂
    Moitisimas gracias e bo verán!! botarémoste de menos.😪❤️
    Sonia☺️
    S👌🏻ni✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias familia!
      Pasade un gran verán!☀️🏖️🥰

      Eliminar
  2. Que pena que marches Aleixo😥😪😭😭😭😢😢😢😭😭
    Eu non queria que este curso rematara.Cada momento que estivemos na clase era unha aventura,cada momento con tigo,...FOI XENIAL QUE ESTIVERAS CON NÓS.❤
    Son ✌xí✊
    Encantame esta clase e ti profeeee,!!!😍😍😘😘🥰🥰🥰🤩🤩💖💖💖💝❤❤🧡💛💚💙💜

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que bonitas palabras Uxía!
      Para min tamén foi xenial estar con vós estes dous anos.🤩
      Que sorte tiven que me tocara 3°A no seu momento! 🥰
      Moitos bicos!

      Eliminar
  3. Ola Gorka! Hoxe mentras pescaba anguilas e cangrexos na praia enfrente a illa de Arousa pasaron 2 cazas desos que dixe hes ti o outro día...mebudo ruído facían, voaron moi baixo e se veían todo e onde levan as bombas...non me quero kmaxinar como sería estar debaixo deles nunha guerra😢🙈🙈🙈.
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que teñas boa pesca Uxía! 🤣😂🐟🦐🦞🦀🦑🐙

      Eliminar
  4. Anónimo29.6.19

    Ola Aleixo, grazas por todo este curso e por todo o que fixeches por todos nós.
    Quero decirche que con solo ler esto xa me caeron as lágrimas����
    Botareiche de menos. ♥️♥️
    Ainara ��

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajaja, a min tamén caéronme lágrimas escribindo e relendo a despedida... vaia dous...😅
      Eu xa vos boto de menos!
      Ímonos ver pronto Ainara!😉
      Goza do verán! ☀️🏖️🍹🤩

      Eliminar
  5. Gustoume moito traballar contigo estes dous anos ,ALEIXO.
    E que pases un bo veran,e tamen cos teus novos alumnos:
    ÁLEX.
    A min tamén me gustou moito que Álex estivera contigo, moita sorte no teu novo destino, un saúdo.... (mamá de Álex)

    ResponderEliminar
  6. Moitas gracias!
    A min encantoume estar con vós estes dous anos Álex! 🤗
    Deséxovos a toda a familia o mellor!

    ResponderEliminar
  7. Anónimo4.7.19

    Eu tamén botoche de menos Aleixo.
    Pasa bo verán.
    Moitos bicos.
    Ainara ♥️

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E eu a ti Ainara!🥰
      Goza das vacacións!😘

      Eliminar
  8. Aleixo...
    ¡quérote moito!
    Hay moitas cancións que me recordan a ti,¡e cando digo moitas son un millón non un quintillón!Eres o meu mellor profesor como seguramente os meus amigos pensen(todos os teus alumnos).

    It mi Ma,a,¡non podo irme sen poñerte unha posdata!
    Pos:

    11111 11111
    11111 11111
    11111111
    111111
    1111
    11

    It mi Mateo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Mateo!🤩
      Eu tamén te quero pronto!
      Pasa un bo verán e vémonos pronto! 🥰

      Eliminar
  9. ¡O meu corazon feito con uns!

    ResponderEliminar
  10. Ola de novo SUMANDOSENRESTAR!!!!
    Como boto de menos este blog. Hoxe algúns nenos/as dixeronme que xa empezaras o blog e que podíamos escribir nel dentro do apartado Quiroga Palacios👏👏👏👏. Eu pulsei alí e non sae nada...Aleixo, podesme dicir como é?🤔🤔🤔🤔🤔
    Eu seguirei o blog de vez en cando e gustariame tamén escribir⌨✏✏✏
    Marcho que teño que marchar!🏀🏀🏀🏀🤣🤣🤣🤣
    Son ✌xí✊
    😘😘

    ResponderEliminar
  11. Ola Uxía!
    Na parte dereita da pantalla agora hai un apartado que pon "etiquetas" e están as xanelas do que traballamos nós, Quiroga Palacios, e o cole de A Baña.
    Deberiades poder velo, xa que é para facilitarvos poder ver o voso traballo... Se non é así investigarei os posibles fallos.
    Que ben que sigades vendo o blog!
    Moitos bicos! 🥰😘

    ResponderEliminar
  12. Ola Aleixo!!!
    Eso si que o podo ver. O que non sabía era se podíamos escribir. Eu sigo o blog igual de vez en cando e non creo os nenos doutro cole lles guste que escribamos no seu blog. Sempre teño a duda se podo ou non escribir.
    Podemos seguir escribindo na parte de Quiroga Palacios de vez en cuando ainda que ti non o vexas todos os dias nin nos contestes nese día para non darte tanto traballo?
    Non podemos escribir se ti non pos o espacio. Podería ser un titulo como "Noticias dende o Quiroga", ou Ultimas noticias? Ahi podíamos escribir todo o curso calquera neno do quiroga con cosas interesantes e que ti non tiveras moito traballo. Esto sería unha idea, ainda que xa sei que é complicado🤔🤔🤔🤔
    Sabias que fixeron cambios na biblioteca e agora ata hai sillóns📚📚📚? Mola moito.E que temos un aula de música nova?🎵🎶🎶🎵
    Moitos bicos.😘😘
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
  13. Ola Uxía!
    É preferible que nas actividades deste ano escriban os nenos de A Baña, simplemente por unha mellor organización... 😅
    Sempre podedes escribir neste espazo.
    A idea que propós é boa! Dareille voltas para ver como enfocalo... 🤔
    Fun un martes pola tarde a visitar os profes do Quiroga e vin a biblioteca e a zona de música. A biblio quedou superchula!👌🏼🤩
    Moitos biquiños Uxía!😘
    Acórdome moito de vós!🤗

    ResponderEliminar
  14. Aleixo estiven mirando o blog eee...A miña clase tamé ten Digicraft con Andrea os xoves, e tamén cas mismas tablets,e molou moito...!
    Seguirei mirando o blog.
    Moitos bicos😘😘
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si! Xa o sei!
      Cando fun ao cole vin a Andrea rodeada de tablets... 🤣😂🤣😂
      Biquiños Uxía! 😘

      Eliminar
  15. Ola a todos e todas os nenos e nenas do Quiroga Palacios!🖖🏼🤩
    Como vexo que hai varias demandas para poder seguir escribindo e participando no blog, abrín un novo espazo para que o poidades facer! É unha nova xanela chamada "Falamos!" situada na banda superior das materias. Entrade e lede a descrición para participar. Podedes comentar o que queirades ao longo dos cursos e así estaremos en contacto sempre que queirades. Eu encantado!😉
    Ademais,este venres os nenos e nenas de A Baña falamos do tema, e están encantados de que tamén comentedes as entradas deste curso se así o desexades! 👍🏼😊 Para iso, ao final do comentario poñede o voso nome e entre paréntese o cole (explícase en Falamos! tamén).
    Dame moita alegría que sigades o blog!🤗
    Mil biquiños para todos e todas!😘😘😘

    ResponderEliminar