lunes, 10 de junio de 2019

Exposición sobre Galicia

Como xa sabedes, ao longo deste curso o noso colexio estivo inmerso nun proxecto para coñecer mellor a nosa terra denomidado: Lolo coñece Galicia.

Desta maneira, cada certo tempo chegaban a clase pistas dos lugares que o noso polbo favorito visitaba para adiviñalos e meter as respostas nun buzón da biblioteca: Pontevedra, A Coruña, Lugo, Fragas do Eume, Vigo, Xinzo de Limia, Carnota, Ribadeo... incluso o noso propio barrio, Conxo!

Ademais, cada curso traballou Galicia de distintas maneiras. Nós aproveitamos para traballar en equipo e realizar diferentes traballos e murais que están expostos no noso corredoiro.

Como traballo final, todos e todas colaboramos nunha gran exposición conxunta de maquetas relacionadas con Galicia: hórreos, faros, castros, entroido, gastronomía... Que gran éxito tivo, porque case non cabían as cousas na entrada de tantas que había! 👏👏👏😅

O venres foron recollidas e trasladadas ao Centro Sociocultural de Conxo para que as familias podades ver esta exposición tan orixinal. Merece a pena ver tanta creatividade! 👌👀😊

Pronto a entrada da escola volverá ser invadida con máis proxectos!
























4 comentarios:

  1. Que chulísimos todos os traballos!!!👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻 Gustoume moito facer este traballo, estivemos varios días Xurxo máis eu pensando que facer,🤔 como facer...foi xenial!! 😄
    Pasarémonos polo centro sociocultural para velos outra vex con calma.😜
    Ata mañá.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
  2. Que ben Gorka!
    Merece a pena velo con calma porque hai moitas cousas e moi chulas! 👌🏼😉

    ResponderEliminar
  3. Que chulos os traballos!!!👏👏👏Uns están mellor que outros hai que recoñecelo, pero todos están moi ben.Eu tamén estiven que podemos facer, que podemos facer...ao final como queriamos facer animais con nome galego fixemos un bosque galego🌲🌲🌲. Ademais despois dixeronnos na casa que o bosque animado tamen era un libro galego do que fixeron unha peli🧐🧐🧐🧐. Asi que aprendimos algo mais.
    Ata mañá.
    Son ✌xí✊

    ResponderEliminar
  4. O voso traballo está xenial Uxía!
    Dalle os meus parabéns ao teu irmán tamén. 👌🏼😉

    ResponderEliminar