miércoles, 26 de junio de 2019

Monumentos de Galicia

"In extremis" rematamos os últimos traballos sobre Galicia! 😅

O grupo dos Galicreques expuxo o seu traballo sobre a Torre de Hércules combinando mural e powerpoint! Ao rematar a exposición, comprobaron a vosa atención por medio de preguntas sobre o que falaron e todo aquel que costestou correctamente levouse un pequeno agasallo. Bravo! 👏👏👏






Despois foi o turno dos Galinvestigadores, que cun estilo moi parecido expuxeron un mural para logo mostrar máis información nun powerpoint sobre a Catedral de Santiago. Desta maneira os traballos móstranse máis interesantes! 👌😊




O terceiro turno foi para os Trasnos que, mentres expoñían o seu mural, utilizaron o encerado para pegar máis información e escoitamos un recital moi orixinal de Alessia. Despois de falar sobre os castros galegos máis destacados e visionar un vídeo, tamén quixeron recompensarnos pola atención prestada repartindo unhas pequenas imaxes de ditos castros acompañados de chuches. Moi ben! 👍😄




Para rematar expuxeron os Polbos de Conxo, equipo que falou sobre a Muralla de Lugo e os romanos! Expuxeron o seu mural e leron un folleto con información sobre a muralla e os edificios romanos. Moi interesante! 👌😃




Ao rematar cada grupo, entre todos fixemos críticas construtivas para mellorar os nosos traballos e as exposicións no futuro.

E así rematamos a nosa viaxe pola nosa propia terra, Galicia, a cal espero que coñezades e queirades un pouquiño máis! 👍😉💙

2 comentarios:

  1. Foi un gran traballo facer murais de monumentos importantes de Galicia.👌🏻Eu digo que para min todos os traballos foron moi interesantes. 🤔Como melloramos!!🙌🏻🙌🏻🙌🏻
    Ademais cos powerpoint quedou máis chulo.
    Cando estabamos facendo o traballo da torre de Hércules fomos a visitala pero non puidemos entrar porque se agotaran as entradas.☹️😢
    Gorka☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
  2. Pois que pena Gorka...
    Eu tamén teño pendente vela por dentro.🤔

    ResponderEliminar