lunes, 17 de junio de 2019

Xincana LSE

Seguimos con actividades de LSE!

O noso cole está moi concienciado coa lingua de signos e con todas as persoas que o necesitan para poder comunicarse, xa que como falamos na clase, nós tamén temos que aportar para mellorar dita comunicación. E que mellor maneira de facelo que coñecer a súa lingua!

Desta maneira, durante estes días fixéronse un montón de actividades a nivel de aula e de centro, creadas e/ou coordinadas por Tareixa, a nosa intérprete de signos, e que xa coñecedes polos vídeos tan chulos que comparte na súa canle de Youtube.

O xoves recibimos a visita da asociación XOGA, onde unha muller xordo-muda contounos como era a súa vida cotiá e como resolvía certas trabas diarias: espertar a unha hora determinada, enterarse de cando soa o timbre, como utilizar o móbil, ver a televisión... Todo isto contóunolo por signos, polo que outra rapaza fíxonos de intérprete.

Ao final púxonos a proba con vocabulario variado como membros da familia, animais, días da semana, números... e alucinaron co voso nivel! 👌😉







Ao día seguinte, venres, Tareixa tiña preparado para todas as clases unha xincana con diferentes probas sobre lingua de signos, braille, probas a cegas ou buscar información nos murais que todos os grupos do cole fixemos sobre diferentes personaxes destacados e relacionados con este tema.








Vexamos en que consistían esas probas! 😉

Hoxe, para conmemorar o Día Internacional de Lingua de Signos, a segunda hora fixemos unha actividade (unha xincana) de lingua de signos. Había seis probas e da que vou falar eu é dunha onde tiñamos que imaxinar que éramos xordo-cegos. Esta proba consistía en subir cun antefaz opaco nos ollos e cun bastón dende a planta baixa ata a biblioteca, coller un libro, darllo ao noso guía e darlle o relevo.
Tareixa díxonos que os bastóns brancos e con liñas vermellas eran para os xordo-cegos e os brancos para os cegos.

Ainara





Ao noso grupo (Sirius, Simón, Xabi, Salomé e eu) Tareixa deunos unha ficha con dez preguntas que tiñamos que contestar buscando nos murais que fixo todo o colexio sobre xordo-mudos. Ao encontrar as respostas tiñamos que escribilas nun folio. 
Molou moito porque aprendimos sobre todas esas persoas!

Uxía




Fixemos unha proba que consistía en escribir en braille o nome do noso colexio, Quiroga Palacios, utilizando e colocando correctamente uns tapóns, para que logo Aleixo nolo correxira cunha tarxeta onde xa estaba ben escrito.

Álex



O noso xogo trataba de que Tareixa dábanos un papel na que estaban escritas unhas palabras e nós, cuns dicionarios e uns carteis de lingua de signos que estaban na parede, tiñamos que aprender esas palabras en LSE e dicirllas correctamente a Tareixa.

Sabela





Outra proba trataba de que Tareixa dábanos un antefaz para non poder ver e tiñamos que encher un vaso con auga ata unha marca cunha goma para non vertela por fóra. Cada un tiña que buscar a súa propia técnica!
Despois, Tareixa púxonos un par de uvas e un puño de gusanitos e, sen mirar, cun coitelo e un garfo de plástico, tiñamos que cortar e pinchar para comelos. 
Era unha proba moi difícil!

Lía




Na xincana fixemos moitas cousas! 
Entre outras, fixemos unha actividade de descifrar certas palabras ou frases (por exemplo "lúa" ou "menos é máis") en lingua de signos. Custou moitísimo e tardamos un montón, pero foi moi divertido!
Nótase que Tareixa traballou moito para ter algo tan chulo, aínda que supoño que ela estará acostumada.
De parte de todos e todas, por todo o que fixeches, MOITÍSIMAS GRAZAS Tareixa!

Noa 💜


Como xa vedes, fixestes un montón de actividades! Pena de que cada grupo non puido facer todas as probas polo pouco tempo dispoñible... Pero o importante foi aprender e concienciarse xogando. 😉

So queda darlle as gracias a Tareixa por todo o seu traballo. Unha sorte tela no cole! ✌😊

2 comentarios:

  1. Gracias Tareixa polo teu traballo!!🙌🏻🙌🏻🙌🏻🙌🏻 Encantoume esa xincana!! Poñerse nos zapatos dos demais é moi importante, así sabemos o que sinten e como se sinten sempre e poderemos facilitarlle un pouco as cousas.
    A proba para xordo-cegos vouna a facer na casa, a ver como se desenvoven...🤔
    Ata mañá.
    Gorka.☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
  2. Alégrome que che gustara a xincana Gorka.
    A proba dos cegos non era nada doada! 😅

    ResponderEliminar