miércoles, 19 de junio de 2019

Excursión (Ecogranxa Atalaia)

Por fin chegou a excursión de fin de curso para os de 4º e a chuvia non nos ía parar! ☔😎

Este ano visitamos unha ecogranxa na localidade de Cotobade. Unha vez chegados alí, dividímonos en dous grupos e, acompañados/as de monitores/as, fumos facendo diferentes actividades.

Estas actividades consistiron en montar a cabalo, tiro con arco, plantar hortalizas, darlle de comer aos animais mentres un simpático monitor contaba un montón de cousas sobre eles... 🌱🐂🐈🐎🐏🐐🐑🐓🐕🐖🐤🐦🐾🐾🐾

Había moitas máis actividades, pero todas non se podían facer... Máis grandeciños/as e xa sexa no cole ou en familia, tedes outras como a famosa tirolina, escalada, kayaks no río, paintball...

Aquí tedes a reportaxe fotográfica! 📷😉











































6 comentarios:

  1. Paseino moi ben na excursión!!! Todas as actividades molaron moito. Encantaronme os animais pero os meus preferidos foron a vaca Candela, a cerda Pepa e o burro Mariano😍😍😍😍😍😍.
    Se tivera que elexir entre eses tres animais elixiría ó burro Mariano porque era moi bonito, tiña o pelo suave, era galego, e sobre todo moi moi cariñoso🤩😍.
    A miña actividade favorita foi montar a cabalo, e eu cando montei no meu cabalo acariciabao e cada vez estaba máis tranquilo, foi unha pasada!!!
    Paseino moi ben 👍👍👍👍
    Ata mañá.
    Son ✌xí✊
    O malo foi o tempo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome que o pasaras tan ben Uxía!
      Os animais eran moi cariñosos!👍🏼😌
      O tempo foi malo, pero aínda así tivemos sorte e fixestes todas as actividades. 👏🏼👏🏼👏🏼😊

      Eliminar
  2. Bueno, vexo que o pasastes ben. Pena que o tempo non vos acompañara ese día.🌧☔️ Espero que mañá non chova.🤞🏻🍀
    Ata mañá.
    Gorka☺️
    👉🏻👌🏻🤞🏻k ✊🏻

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois xa viches que non choveu Gorka!👌🏼😉
      E para mañá xa dan moito mellor tempo! 👏🏼👏🏼👏🏼☀️

      Eliminar
  3. Eu tamén paseino xenial,e a primeira vez que practico tiro con arco,solo que gustariame que tuveran punta,pero encantóume igual¡ata logo!

    It mi Mateo.

    ResponderEliminar
  4. Alégrome que o pasaras tan ben Mateo!☺️
    Hai que practicar moito para tirar frechas con punta... 😜

    ResponderEliminar